A Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense arrancou este xoves
A XXIV Miteu inicia a súa viaxe
Rosaura e Cordelia foron as encargadas de abrir a programacin
A XXIV edicin da Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense () xa est en marcha. As aulas universitarias de teatro do campus de Ourense Rosaura e Cordelia foron as encargadas este xoves de arrancar unha intensa programacin que ata o 11 de maio traer aos escenarios da cidade das Burgas 28 espectculos, principalmente de teatro pero tamén de danza e música, nos que unha vez mis se aposta non s por divertir ao público senn tamén por provocar a reflexin.
Indo e vindo e O corpo estelar
Anda que con moitas limitacins pola intensa choiva que houbo este xoves, a Aula Universitaria de Ourense Rosaura, o primeiro nivel destas aulas, foi a encargada de iniciar a programacin da mostra coa estrea da súa peza Indo e vindo no centro da cidade, entre a rúa do Paseo e os xardns Padre Feijo. Baixo a direccin de Sabela Gago, as e os 18 alumnos deste grupo amosaron ao público os froitos da formacin de iniciacin teatral desenvolvida desde principios deste curso académico nas aulas do campus universitario. “Indo e vindo é un traballo de exploracin persoal para gozar en equipo. Amosamos no espazo urbano un espectculo sobre a equipaxe coa que vivimos e soamos”, explican desde Rosaura.
A temtica elixida para a peza de arranque da programacin da Miteu, detalla Sabela Gago, é “a viaxe, tanto a viaxe exterior como a interior dunha persoa. A viaxe que facemos coas experiencias que nos d a vida”. Na súa representacin, o alumnado, portando cada un a súa propia maleta, “sae rúa en actitude de busca”, intentando dar unha visin do que pode ser unha viaxe desde moitos puntos de vista e suscitando a reflexin sobre a “a busca do teu estar na vida, das persoas que queres atopar e dos lugares que queres habitar”, tal e como indica Sabela Gago.
Trala representacin de Rosaura, a programacin desprazouse ao Teatro Principal de Ourense, onde o segundo nivel das aulas teatrais do campus de Ourense, Cordelia, representou O corpo estelar. Baixo a direccin de Fina Calleja o alumnado deste grupo subiu ao escenario para representar unha obra inspirada en Santiago Loza e Alejandro Ricao, “dous dos autores mis representativos da dramaturxia latinoamericana”, e que se achega “exploracin sobre os lmites do dito e do vivido”. “Desde a memoria dese paraso perdido que é a infancia, desde as marxes borrosas do recordo, coma se dunha pelcula desenfocada se tratase, os dous autores brndannos a oportunidade de explorar as sensacins da estraeza, as fronteiras da normalidade”, salientan desde Cordelia.
Dous de 28 espectculos
Con esta programacin arranca unha mostra que coma cada ano est organizada por Sarabela Teatro, dirixida por Fernando Dacosta e que conta coa colaboracin da Vicerreitora do Campus de Ourense, o Concello de Ourense, a Deputacin Provincial de Ourense e a Xunta de Galicia. O certame trae nesta edicin 28 espectculos e 29 representacins que abranguen teatro de rúa, circo, teatro de actor e actriz, danza e música, buscando a multidisciplinariedade. Entre os grupos participantes mestúranse grupos profesionais e non profesionais, sendo os primeiros un terzo dos participantes. Ademais dunha forte presenza de grupos galegos, entre eles as aulas de teatro das diferentes universidades, estn compaas de Portugal, México, Nicaragua, Costa Rica e Holanda e de comunidades autnomas como Madrid, Catalunya, Murcia, Castilla y Len, Andaluca e Navarra. Estes grupos traern diversin para o público pero tamén reflexin, salientando desde a organizacin a presenza de temticas como as migracins e a muller e a participacin dun grupo con membros con capacidades diversas.
Entre estas compaas, nesta edicin da Miteu actúan para o público as catro aulas de teatro e a aula de danza do campus de Ourense e a aula de teatro da 鶹. As, ademais da participacin este xoves de Rosaura e Cordelia, o domingo da 5 de maio, ser a quenda de Geppetto, a Aula de Teatro Infantil de Ourense, que representar Aprendiz de bruxa no Auditorio Municipal, e da Aula de Teatro da 鶹, que levar ao escenario do Teatro Principal a súa obra ܱ. A Aula Maricastaa ser a encargada de pechar esta edicin da Miteu o sbado 11 de maio coa estrea de Implosins, drogas, pasma e outras cousas das que preocuparse no Teatro Principal. Por último, a aula de danza do campus, chamada Dou-tras, organizar a 9º Encontro de Danza Interuniversitaria. Ademais, o campus de Ourense ser un dos escenarios que acoller diferentes actuacins e actividades da programacin desta Miteu.
