O evento congregou mis de 150 persoas na noite do xoves no Pavilln Universitario
O XVI Maratn Solidario de Zumba reúne mis de 350 quilos de alimentos
Os produtos entregronse ao comedor social dos Pais Franciscanos
Como un “grande éxito” cualificaba o técnico da Área de Benestar, Saúde e Deportes no campus, Gustavo Loureiro, a décimo sexta edicin do Maratn Solidario de Zumba que, nas datas previas ao Nadal, este servizo e a Vicerreitora do campus organizan cada ano co propsito de contribur ao labor social que desenvolven no comedor dos Pais Franciscanos en Pontevedra. Na edicin que contou coa colaboracin dun maior número de monitores e monitoras, un total de 16, este evento solidario permitiu reunir mis de 350 quilos de alimentos non perecedoiros grazas participacin de mis de 150 persoas, que ademais de divertirse e facer exercicio, achegaron o seu gran de area a unha iniciativa aberta a toda a cidadana, que se lle solicita que achegue cando menos un quilo de alimentos ao Pavilln Universitario a modo de inscricin.
Coordinados por Bruno Hermida, as 16 monitores e monitoras participantes, chegados desde diferentes municipios da provincia as como desde A Corua e Vigo, guiaron e animaron s e aos asistentes ao longo das dúas horas dun maratn dedicado a unha disciplina que combina os movementos aerbicos cos pasos de baile. O evento contou as mesmo coa colaboracin de Coca-Cola e Gadis, que achegaron os alimentos e bebidas coas que as persoas participantes puideron repoer folgos e continuar movéndose ao ritmo das diferentes coreografas, as como de GymDanceFit, empresas s que Loureiro agradeceu a súa implicacin “para facer posible o éxito” dunha actividade que neste 2018 superou con moito os preto de 200 quilos de alimentos reunidos o pasado ano e que se completou coa entrega, ao seu remate, dos produtos doados ao comedor social dos Pais Franciscanos.
