DUVI

Diario da 鶹

Promovidas pola Sociedade Galega de Historia Natural, tern lugar o 25 e 26 de novembro

As Xornadas de Patrimonio Natural e Biodiversidade retornan EE Forestal para afondar “en problemticas ambientais actuais”

Abordarn temticas como os parques elicos marios ou a conservacin de especies protexidas

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Congresos e xornadas
  • Medio Ambiente
  • Աپ
DUVI Pontevedra 14/11/2023

Despois de non desenvolverse en 2022 e de dúas edicins que a covid-19 obrigou a converter en virtuais, as Xornadas Galegas de Patrimonio Natural e Biodiversidade retornan neste mes de novembro Escola de Enxeara Forestal. Promovidas pola Delegacin de Pontevedra da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), a sexta edicin deste evento, que ter lugar o sbado 25 e domingo 26, reúne no seu programa un conxunto de coloquios que permitirn afondar “en problemticas ambientais moi actuais”, como salienta Saleta Gonzlez, vogal da seccin de botnica desta sociedade. Entre outras cuestins, as xornadas porn o foco nos efectos dos parques elicos marios, na conservacin de especies vulnerables ou protexidas, no impacto dos gatos na biodiversidade de determinadas zonas e na adaptacin das masas forestais aos efectos do cambio climtico.

A programacin das xornadas foi presentada este martes na EE Forestal polo director do centro, Juan Picos, o secretario xeral da SGHN, José Rodrigo Dapena, e por Saleta Gonzlez. “Para a escola é unha ledicia recibir unha actividade que sempre atrae moito público”, salientou Picos, que destacou que a SGHN é “unha entidade de referencia”, que cumpre 50 anos neste 2023, as como o nivel dos relatores e relatoras, entre os que figuran investigadores das tres universidades galegas ou da Estacin Biolxica de Doana e que fan deste un foro “moi interesante tanto para o noso alumnado, como para a cidadana”. Con entrada libre, , as xornadas arrancarn o sbado 25 na EE Forestal, cun programa integrado por nove conferencias, trasladndose o domingo ao Museo de Pontevedra, onde, s 11.30 horas, ter lugar a proxeccin do documental Iberia, naturaleza infinita, que suma nove candidaturas aos premios Goya, xunto cun coloquio co seu director, Arturo Menor.

Da investigacin ao activismo social

Tanto investigadores e naturalistas, como representantes do “activismo social” exercern como relatores, explicou Gonzlez, nunhas xornadas que abrir a catedrtica da Universidade da Corua Marta Garca falando sobre a elica maria, co obxectivo de “pr sobre a mesa diferentes dúbidas que poida haber sobre a compatibilidade” da implantacin de parques elicos na costa galega sobre o sector pesqueiro ou sobre "as zonas de paso e migracin de aves”, explicou Gonzlez. A continuacin, Xosé Lois Rey, da SGHN, afondar na elaboracin de “atlas da biodiversidade”, mentres que o naturalista Xosé Manuel Penas lembrar a caza de baleas en Galicia. Por outra banda, o investigador da Estacin Biolxica de Doana (CSIC) Miguel Clavero abordar “o impacto dos gatos na biodiversidade”, xa que, como lembrou Gonzlez, estes animais son unha especie depredadora e “a súa cra en zonas non domésticas” pode causar “graves impactos” na fauna de determinadas zonas.

O bloque matinal pecharase cun relatorio da investigadora da Universidade de Santiago de Compostela Mari Paz Ondina sobre a conservacin dunha especie “en perigo de extincin”, os mexillns de ro Margaritifera margaritifera, afectados polo “impactos da contaminacin das augas dos ros e encoros no seu ciclo e de vida”. Xa pola tarde, Juan Picos impartir un relatorio sobre a resiliencia e capacidade de adaptacin das masas forestais aos efectos do cambio climtico, eixe central do proxecto europeo Resonate, no que participa a EE Forestal, xunto unha vintena de entidades de doce pases. Tamén nesta primeira ter lugar un relatorio de Jesús de la Fuente, da asociacin A Rente do Chan, sobre “a importancia da mobilizacin social na defensa dos ros”, como explicou Dapena, e unha conferencia sobre os 50 anos de historia da SGHN, a cargo do seu presidente, Serafn Gonzlez, pechndose o programa cunha conferencia de Genaro da Silva sobre a construcin do hbitat dunha bolboreta protexida.

Programa das VI Xornadas Galegas de Patrimonio Natural e Biodiversidade