Co obxectivo de evitar a dobre vitimizacin das mulleres por parte do sistema
Unhas xornadas afondarn na "violencia machista institucional"
Participarn profesionais do dereito, a medicina e o traballo social
Un termo cada vez mis visible na sociedade cando se fala de vtimas de violencia de xénero é o de dobre vitimizacin. Con el preténdese expresar como mulleres en situacins de violencia viven unha segunda violencia cando son tratadas polo sistema, por exemplo cuestionando o seu testemuo. A Facultade de Educacin e Traballo Social do campus de Ourense acoller o 3 de maio, a través do Campus Remoto da 鶹, a celebracin da xornada . Nela, expertas de diferentes eidos, como o dereito, a medicina e o traballo social, abordarn como mellorar a acollida e atencin s mulleres en situacin de violencia e evitar as esta dobre vitimizacin.
A iniciativa, que conta con financiamento da Unidade de Igualdade da 鶹, est organizada por Iria Vzquez Silva, profesora de Socioloxa da facultade ourens, e nace en relacin ao libro Cmplices. A violencia machista institucional, coordinado por esta docente. Sobre a violencia machista institucional, a responsable da xornada sinala que é un concepto que ten unha definicin complexa, apuntando como s a lei de violencia de xénero de México o recolle explicitamente. “Pode definirse como aquela violencia que se d cando se omiten os dereitos das mulleres, cando non se respectan os dereitos que teen como vtimas de violencia de xénero, e se d unha dobre vitimizacin delas”, comenta.
A dobre vitimizacin ou vitimizacin secundaria, explica Iria Vzquez Silva, xorde cando posteriormente vivencia do delito, as mulleres en situacin de violencia no seu contacto co sistema experimentan a sensacin de recibir un trato obxectivante, de descoecemento da súa calidade de suxeito de dereitos, de perda de tempo e excesiva burocratizacin, de incredulidade por parte dos operadores do sistema ou simplemente son ignoradas, entre outros aspectos. Como exemplo desta violencia apunta como nos xulgados anda que as mulleres vtimas de violencia de xénero en principio teen o dereito de non cruzarse co agresor ou coa súa familia na prctica en moitos xulgados non hai salas de espera separadas para vtimas e agresor e si se produce este encontro.
Formacin interdisciplinar e integral
Neste contexto, Iria Vzquez Silva apunta como a abordaxe da violencia machista institucional “non é s unha cuestin orzamentaria, que tamén o é, senn que é unha cuestin de vontade poltica e de formacin das persoas que atenden s mulleres en situacin de violencia”. As, indica, “moitos dos problemas teen que ver con falta de formacin. Precisamos persoal e persoal ben formado, cunha formacin interdisciplinar e integral”. Para traballar nestas carencias desde o eido universitario, a profesora indica que naceu esta xornada que se celebrar desde a Facultade de Educacin e Traballo Social e que anda que est dirixida especialmente formacin do alumnado do Grao de Traballo Social deste centro est aberta a todas as persoas interesadas.
O programa arrancar cunha intervencin de Sheila Fernndez Mguez, doutora en Dereito, titulada Se é machista, non é xustiza, centrada na "violencia institucional no eido xurdico". Seguiralle Lola Ferreiro Daz, doutora en Medicina, que falar sobre "as violencias institucionais contra a saúde das mulleres". Pola súa banda, Olalla Villaronga Seoane, psicloga social, ofrecer unha conferencia titulada Sobre corpos e territorios vulnerados na que se achegar especificidade das mulleres rurais na atencin da violencia de xénero. Pechar o programa a intervencin Mulleres nas marxes. Diversidade funcional e violencias machistas, a cargo de Ana Martnez Gonzlez, traballadora social da Asociacin de Familias de Persoas con Parlise Cerebral (APAMP).
