DUVI

Diario da 鶹

Cos relatorios do maxistrado Alberto Palomar e do presidente do Consejo Colef, Vicente Gambau

Unha xornada afonda nas eivas e oportunidades da nova Lei do Deporte

Unha das cuestins abordadas foi a regulacin profesional dos educadores fsico-deportivos

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Congresos e xornadas
  • Deportes
  • é
DUVI Pontevedra 24/05/2023

Afondar nos cambios, pero tamén nas eivas, retos e oportunidades que supuxo a recente aprobacin, o pasado mes de decembro, da nova Lei do Deporte era o obxectivo central da xornada desenvolvida este mércores na Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte. Promovida por este centro, co financiamento da Vicerreitora do campus e a colaboracin da Asociacin Galega de Xestores Deportivos (Agaxede), o colexio profesional de titulados en Ciencias da Actividade Fsica e do Deporte (Colef Galicia) e BeOne, este foro permitiu pr o foco, entre outras cuestins, na necesidade dun desenvolvemento normativo que permita levar prctica diferentes cuestins recollidas no texto legal, como explicou o maxistrado Alberto Palomar. Unha delas sera a regulacin do “espazo profesional dos educadores fsico-deportivos”, eixo da segunda das conferencias desta xornada, que correu a cargo de Vicente Gambau, presidente do Consejo Colef, no que se agrupan os diferentes colexios profesionais deste mbito.

“Organizar esta xornada era unha cuestin de obrigado cumprimento, é unha lexislacin que afecta aos axentes que traballamos no mbito do exercicio fsico e a prctica deportiva e os nosos titulados teen que ter claro o marco lexislativo no que van desenvolver a súa actividade”, salientou o decano, Óscar Garca, na inauguracin deste evento, na que participaron o secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramn Lete; o presidente de Agaxede, Eduardo Blanco, e o exdirector da Área de Benestar, Saúde e Deporte da 鶹 Alfonso Mandado.

Unha lei “moi abstracta” e por desenvolver

Como lembrou Garca, a nova lexislacin vén a substitur un texto aprobado en 1990 e desde entn “o fenmeno do deporte cambiou substancialmente”, de tal xeito que era preciso un novo marco legal que atendese nova realidade, “na que a prctica deportiva e de exercicio fsico est moi especializada” e na que a industria do deporte representa, sinalou, preto do 3% do PIB. “Polo tanto, esta lei debera ter recollido toda esta nova casustica, pero, en principio, non o fixo”, recoeceu Garca, que avogaba por unha normativa “mis holstica e mis representativa do que é o fenmeno deportivo”.

Como un "texto apresurado e pouco reflexionado" definiu Lete Lasa a nova normativa estatal, o que ao seu xuzo "vén derivado" de que o Goberno central incluse a súa aprobacin no Plan de Resiliencia "como un dos obxectivos a conseguir ao final de 2022". O representante da Xunta incidiu tamén en que o deporte "necesitaba dun novo marco xurdico" e lembrou que os trmites para a elaboracin desta lei arrancaron na súa etapa como presidente do Consejo Superior de Deportes. Lete sinalou que, tras organizar unhas xornadas cos diferentes axentes do sector, encomendou a preparacin daquel primeiro texto a Alberto Palomar. “É unha lei moi ambiciosa, moi abstracta e tecnicamente complexa, por non dicir que non do todo correcta”, sostivo este maxistrado do texto finalmente aprobado e que precisa, recalcou, de "bastante desenvolvemento". Nese senso, Palomar afondou na súa intervencin en como a nova lei deixa pendentes da aprobacin de diferentes regulamentos moitas das súas cuestins mis novidosas, como a aprobacin dun estatuto do deportista, "que ten que dar encaixa aos problemasfiscais e laborais” das e dos deportistas profesionais. Por iso, concluu que namentres non se acometa este desenvolvemento regulamentario, o deporte en Espaa pode quedar nunha "longa situacin de interinidade, na que vai primar mis a regulacin previa que a actual".

Unha “reivindicacin histrica” das e dos profesionais

Unha das medidas a desenvolver é a recollida na súa disposicin final sexta que, como sinalou Gambau, “fai mencin por primeira vez na historia aos profesionais con formacin universitaria, que foran sempre os olvidados”. Concretamente, esta disposicin insta ao Goberno a regular “o espazo profesional dos educadores fsico-deportivos” e que actividades se reservan a este tipo de profesionais. “É a reivindicacin histrica que levamos mis de 40 anos perseguindo”, sinalou o presidente do Consejo Colef, que incidiu na importancia de que titulados e tituladas asuman “certos servizos profesionais que implican unha alta cualificacin, porque son moi complexos”, como podera ser o traballo con colectivos que requiren ·"dunha atencin especial e de individualizar a carga de exercicio", como maiores, persoas con discapacidade ou afectadas por diferentes tipos de patoloxas. Nesa mesma lia, o decano definiu como unha "cuestin crucial" que se leve a cabo estas regulacin profesional, "que afecta directamente aos nosos egresados e egresadas", pero taménao propio ttulo de Ciencias da Actividade Fsica e do Deporte, que deber axustarse normativa que fixe o Ministerio de Educacin, por dar acceso a unha profesin regulada.