O Pavilln Universitario acolleu por primeira vez o Memorial Ramn Escudeiro Tilve
O XIII Torneo Campus de Pontevedra reuniu mis de 140 xadrecistas
Organizado pola Escola Xadrez Pontevedra, xunto coa Vicerreitora
Un total de 142 xadrecistas de todas as idades participaron no Pavilln Universitario no XIII Torneo Internacional Campus Universitario de Pontevedra – Memorial Ramn Escudeiro Tilve, promovido pola Escola Xadrez Pontevedra, coa colaboracin da Vicerreitora. Valedoiro para a puntuacin ELO da Federacin Internacional e disputado na modalidade de xadrez rpido, este aberto internacional de xadrez volva celebrarse este sbado nas instalacins da Universidade, tendo como sede por primeira vez o Pavilln Universitario, onde se disputaron mis de 500 partidas ao longo de oito horas. Un antigo xogador do equipo universitario e egresado da 鶹 Brais Otero, alzouse coa vitoria final en categora absoluta, nun torneo que reuniu once xogadores con titulacin internacional, medallistas internacionais, campins e campioas autonmicos e unha ampla representacin galega e local.
Coa presenza de xogadores de Serbia, Bulgaria, Cabo Verde, Francia, Portugal e Espaa, este memorial contou coa participacin, entre outros, dos grandes mestres internacionais Vladimir Petkov e Aleksa Strikovic, cabezas de serie xunto co mestre caboverdiano Mariano Ortega Amarelle. Non obstante, foron cinco xogadores galegos, Fernando Snchez, Daniel Tboas, Brais Otero, David Cernadas e Nicols Fernndez os que chegaron empatados en cabeza oitava e derradeira rolda, con medio punto de vantaxe sobre os principais favoritos. Finalmente, Otero, xogador do Xadrez Mos, alzouse coa vitoria final ao contar cun mellor desempate con respecto a David Cernadas, que completou tamén o torneo con sete puntos. Petkov e Strikovic remataron en cuarto e quinto lugar, respectivamente, mentres que o quinto posto foi para o deportista do Escola Xadrez Pontevedra – 鶹 Alberto Portela e o estudante da Universidade Antonio Álvarez finalizou sexto, ademais de proclamarse campin da categora amateur sub 2000.
Nun torneo no que se repartiron 1050 euros en premios tamén se proclamaron gaadores Miguel Casado, vencedor das modalidades sub 1800 e sub 12, Alejandro Prado (veteranos), Martn Lema (sub 8), Ariadna Lpez (sub 10) e Nicols Fernndez (sub 14).
