DUVI

Diario da 鶹

O seu obxectivo é consolidar e mellorar os resultados da tempada pasada

O Xadrez Ourensn Universitario compite este ano na liga galega con cinco equipos

En total participan con 57 xogadores de diferentes idades

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Deportes
  • Deportes
DUVI Ourense 10/02/2026

A Liga Galega de Xadrez 2026 xa est en marcha e o Xadrez Ourensn Universitario compite con cinco equipos noutras tantas categoras, sumando un total de 57 xogadores de diferentes idades. Co reto de consolidar e/ou mellorar os resultados do pasado ano, os xogadores adestran cada semana no seu local do Edificio de Ferro do campus de Ourense e compiten as fins de semana. 

O equipo que est na divisin mis alta é o Universitario de Ourense A, que compite na categora de preferente, onde cada xornada xogan seis taboleiros. “O obxectivo principal deste equipo é manterse outro ano mis na categora, xa que tanto os rivais como os desprazamentos son moi esixentes”, indican desde o club. Séguelle o Universitario de Ourense B, que est en primeira divisin, onde xogan tamén catro taboleiros cada semana. Neste caso, o obxectivo que se marcan desde o Xadrez Ourensn Universitario é “consolidarse anda mis na categora, xa que o ascenso non é posible porque a competicin non permite dous equipos en preferente, onde xa temos o Universitario de Ourense A”.

Tamén en primeira divisin o club do campus compite co Universitario de Ourense C. “Este ano este equipo conta con varios reforzos, polo cal o obxectivo é finalizar o mis arriba posible na clasificacin”, sinalan desde a organizacin do Xadrez Ourensn Universitario. Xa en segunda divisin participa o Universitario de Ourense D, con tamén catro taboleiros en cada xornada e co reto de “manter a categora tratando de quedar no posto mis alto posible”. Por último, o Universitario de Ourense E xoga en terceira divisin, con catro taboleiros por xornada. “Nesta categora compiten os nosos xogadores mis novos e o obxectivo é ascender a segunda divisin”, afirman desde o club.