DUVI

Diario da 鶹

O equipo universitario venceu en todas as partidas do seu enfrontamento coa Escola Luguesa de Xadrez

Unha vitoria por 6-0 deixa ao EXP-鶹 como lder en solitario

Tras este resultado sitúase dous puntos por riba dos seus rivais

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Pontevedra
  • Deportes
  • Deportes
DUVI Pontevedra 25/02/2019

Despois de que nas primeiras xornadas de competicin na Divisin de Honra da Liga Galega, o Escola Xadrez Pontevedra-鶹 Estratexia pola paz amosase a súa mellor versin como visitante, o equipo universitario sumou esta fin de semana na Casa da Luz unha contundente vitoria por 6-0 no seu enfrontamento co conxunto da Escola Luguesa de Xadrez. Un resultado que permite ao equipo pontevedrés situarse como lder en solitario da competicin autonmica, cun total de 19,5 puntos trala disputa das cinco primeiras roldas, dous mis que os seus mis inmediatos perseguidores, o equipo da USC e o Xadrez Ourense, que suman ambos 17,5 puntos.

Tan s o equipo ourensn, precisamente, foi capaza nas últimas tres tempadas de acadar un resultado como o colleitado esta fin de semana polo equipo universitario, un 6-0 fronte a un rival que, por outra banda, chegaba con boas sensacins a Pontevedra despois de acadar a vitoria fronte ao Xadrez Fontecarmoa, un dos equipos chamados a situarse na parte alta da clasificacin. Nun enfrontamento no que o conxunto universitario daba descanso a Francisco Veiga e David Garca, a motivacin e a precisin no xogo, “pero tamén un pouco de sorte”, como apunta o capitn, Pablo Garca, contriburon a que o equipo local sumase seis vitorias en seis taboleiros. Na partida mis complexa, Alberto Portela lograba derrotar ao mestre FIDE Alejandro Tello, triunfo ao que se sumaron os de Vctor Miguel e Rubén Fernndez “que non deron opcin algunha aos seus respectivos rivais”. Daniel Rivera, pola súa banda, faca valer a súa experiencia para sumar unha nova vitoria nunha partida marcada polo tempo, mentres que Miguel Rodrguez foi quen de facer uso dunha lixeira vantaxe para sumar un punto mis nunha partida de case cinco horas, completando o triunfo de Pablo Garca esta contundente vitoria do equipo universitario.

O seguinte duelo, co campin

Tras unha xornada que deixa un balance de oito vitorias, dúas derrotas e un empate para os once equipos da Escola Xadrez Pontevedra-鶹, a competicin na Liga Galega retornar o 9 de marzo, xornada no que o equipo de Divisin de Honra viaxar a Santiago de Compostela para medirse ao vixente campin, o equipo da USC, que ocupa actualmente a segunda posicin empatado co Xadrez Ourense.