É un recoecido especialista en Literatura espaola da Idade Media e do Século de Ouro
Visita do profesor italiano Antonio Gargano Facultade de Filoloxa e Traducin
Impartiu unha conferencia na que afondou no personaxe de Dulcinea del Toboso
É un dos mis prestixiosos especialistas en literatura espaola da Idade Media e do Século de Ouro, autor de mis de 150 publicacins. Falamos do investigador italiano Antonio Gargano, profesor da Universidade Federico II de Npoles, que este mércores visitou a Facultade de Filoloxa e Traducin para impartir a conferencia Dios sabe si hay o no Dulcinea en el mundo: amor y conocimiento en el Quijote, unha intervencin na que achegou ao público numerosas curiosidades sobre a famosa Dulcinea del Toboso, personaxe ficticio da novela El ingenioso hidalgo don Quijote de la Mancha, de Miguel de Cervantes.
Convidado polo Programa de doutoramento interuniversitario de Estudos Literarios e o Departamento de Literatura Espaola e Teora da Literatura, Gargano achegou ao público asistente numerosas curiosidades da figura de Dulcinea del Toboso, personaxe inspirado na campesia Aldonza Lorenzo. “Dulcinea del Toboso, figura puramente imaxinaria, foi construda por Don Quijote segundo o patrn dos personaxes das heronas das novelas de cabaleras e erixida en obxecto de amor como seora dos seus pensamentos, pero non por iso a súa natureza imaxinaria carece dunha slida relacin coa realidade efectual”, explicou o prestixio investigador, ao que engadiu que “Dulcinea ten a súa correspondente nunha persoa real, unha campesia de bo ver dotada dunha precisa identidade, cun nome e un apelido, Aldonza Lorenzo, e procedente dun lugar non afastado do cabaleiro, Toboso, que, nun determinado momento exercera sobre el unha certa atraccin nunca expresada ou, cando menos, sen ningún resultado prctico”, recalcou o experto.
Afondando no contraste entre a dama e a campesia
Presentado polo profesor Manuel Ángel Candelas Colodrn, Gargano lembrou tamén a pasaxe de cando Don Quijote “ao facerse cabaleiro andante deuse a entender que non lle faltaba outra cousa mis que buscar unha dama de quen namorarse e con tal fin decide conceder o nome da súa elixida a unha moza labradora de moi bo parecer que viva nun lugar preto do seu e da que xa estivera namorado un tempo, anda que ela nunca o tivera sabido ou, simplemente, nunca lle fixera caso. “Buscndolle un nome, que non fose moi diferente do seu, e que se encamiase ao de princesa e gran seora, veu a bautizala como Dulcinea del Toboso, nome ao seu parecer músico e peregrino, vez que significativo como todas as demais cousas s que el mesmo lle puxo nome”, apuntou o investigador.
Salpicando a súa intervencin con curiosidades como que Dulcinea del Toboso tivo a mellor man para salgar porcos de todo o Toboso, Gargano insistiu en como o lector da novela de Cervantes pode achegarse en múltiples ocasins ao contraste entre a dama e a campesia, “afondando na correspondencia entre criatura feminina real e a figura imaxinaria ou fantasma como obxecto de amor que constitura o núcleo dunha concepcin ertica tan seria que nutrira xa toda a tradicin literaria medieval ata a extrema ata as propias novelas de cabaleras cuxa intensa e prolongada lectura era a fonte da loucura do fidalgo Alonso Quijano”.
