DUVI

Diario da 鶹

Ciencias da Educacin e do Deporte acoller o sbado 28 este torneo internacional

O VIII Memorial Ramn Escudeiro Tilve reunir preto de 100 xadrecistas no campus

A inscricin permanece aberta ata o da anterior súa celebracin

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Pontevedra
  • Deportes
  • Deportes
DUVI Pontevedra 19/12/2019

O vindeiro sbado 28 de decembro, o disputarase por primeira vez no campus pontevedrés. Concretamente, na Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte, onde a Escola Xadrez Pontevedra (EXP) agarda reunir preto de 100 xadrecistas chegados desde diferentes puntos de Espaa. Trtase dunha competicin na modalidade de xadrez rpido, que se disputa polo sistema suzo de nove roldas e que ata o venres 27 manter aberta a súa inscricin, como explicou o xerente do club, Pablo Garca, na presentacin que este xoves tivo lugar na sede da Vicerreitora.

Inserido na colaboracin da Escola Xadrez Pontevedra e a 鶹, o torneo, que conta tamén coa colaboracin do Concello de Pontevedra, ten xa confirmada a participacin de grandes mestres como o serbio Aleksa Stricovic ou o búlgaro Vladimir Petkov, as como do deportista do EXP-鶹 Rubén Fernndez, que neste 2019 convertase no primeiro xadrecista galego en lograr unha medalla nun mundial, neste caso na categora sub14, “precisamente nunha modalidade de xadrez rpido”, como lembrou Garca, que presentou esta competicin xunto co vicerreitor do campus, Jorge Soto. “Para a Universidade e para a Vicerreitora é un auténtico pracer poder acoller este torneo internacional”, salientou Soto, que subliou nesta presentacin a aposta da institucin académica polo xadrez, entendido “como unha forma de convivencia e de entendernos mis al do deporte”. Nese mesmo senso, Garca puxo de relevo o positivo de que o “torneo insignia da escola”, que busca ademais ser unha homenaxe “a un exemplo de superacin e un dos deportistas mis laureados da historia de Pontevedra”, Ramn Escudeiro, “vaia ter esta presenza na Universidade, a través da Vicerreitora e da propia facultade”, xa que, lembrou, Escudeiro Tilve, falecido en 2012, foi alumno do campus, concretamente da Facultade de Fisioterapia.

Ademais de xadrecistas chegados desde diferentes puntos de Galicia e Espaa e no marco tamén das sinerxas entre a EXP e a Universidade, a oitava edicin deste memorial, que repartir 2000 euros en premios, contar coa participacin de alumnado do Programa de Maiores, que conta desde este curso cunha materia de xadrez, con Garca como profesor. “Moitos dos alumnos van participar por primeira vez nunha proba oficial de xadrez neste torneo”, sinalou Garca, que destacou tamén “o innovador” de que unha competicin de xadrez rpido, na que as e os participantes iranse medindo en sucesivas partidas simultneas ao longo de toda a xornada, “se dispute nunha pista de atletismo”, como a situada no interior de Ciencias da Educacin e do Deporte.

Homenaxe a un “exemplo de superacin”

Este aberto internacional de xadrez serve tamén para render homenaxe a Ramn Escudeiro, un xadrecista invidente que, como lembrou Garca, acadou “impresionantes logros deportivos”, como unha medalla de bronce nun mundial, o “récord nacional de partidas simultneas, do que vai facer agora dez anos” ou o récord mundial de resistencia que logrou pouco despois, tras “estar mis de 12 horas xogando contra diferentes rivais vez”. Pero mis al dos seus éxitos deportivos, aos que se suma a medalla que acadou nun mundial de judo para invidentes, Ramn Escudeiro “é un exemplo de capacidade de superacin, de loita contra a adversidade”, sinalou Garca, un aspecto no que tamén incidiu o vicerreitor do campus. “Ramn Escudeiro significa moitos dos valores que aqu queremos traballar, como a capacidade de superacin, de sacrificio, de entenderse coa xente”, salientou Soto, que incidiu as mesmo na importancia de que o campus sexa sede “de torneos de mbito internacional tan importantes coma este”.