DUVI

Diario da 鶹

O vindeiro xoves 11 arrinca na Casa das Camps o ciclo ‘Panoramas en Taipei’

Unha viaxe de Pontevedra a Taiwn a través do cinema documental

Cinco filmes integran este ciclo organizado coa colaboracin da Oficina Econmica e Cultural de Taip

Etiquetas
  • Pontevedra
  • Cultura
Eduardo Muiz DUVI 04/02/2016

Do da a da dos traballadores dos campos de arroz da rexin de Tainan, s consecuencias do 'terror branco' do réxime de Chiang Kai-shek, pasando pola vida na comunidade aborixe Bunum. Achegar a Pontevedra as múltiples realidades que conforman a illa de Taiwn é o eixo de , o novo ciclo de cinema que a Vicerreitora do campus estrea o vindeiro xoves 11 grazas colaboracin da Divisin Cultural da Oficina Econmica e Cultural de Taipei en Espaa. Cinco filmes en versin orixinal subtitulada conforman o programa do ciclo, aberto a toda a cidadana, que se desenvolver nas tardes dos xoves na Casa das Camps.

“Queramos comezar esta colaboracin cun ciclo que nos dera diferentes visins deste pas para a xente que non o coecemos”, sinala Manuel Morquecho, responsable de Extensin Cultural do campus, dunha iniciativa que agarda “sexa o xerme dunha colaboracin que se prolongue no tempo” e que poida dar lugar a diferentes actividades no futuro. Nese senso, destaca a “total disposicin desde o primeiro momento” dos responsables da Oficina Econmica e Cultural, que mesmo estar representada na apertura do ciclo, o vindeiro xoves polo director, Fernando Su, e o secretario, Antonio Lee, da súa Divisin Cultural. “Eles foron os responsables de escoller as pelculas que nos permitirn achegarnos a distintos aspectos da cultura taiwanesa, da que parece que estamos tan lonxe, pero coa que ao final temos moitas similitudes”, engade Morquecho dun ciclo aberto a toda a cidadana, que desenvolver as súas sesins os xoves s 20.00 horas, complementando as a , o ciclo de cine, integrado tamén na Programacin de Primavera do campus, que se desenvolve nas tardes dos venres.

Cinco oportunidades para achegarse a Oriente

Panoramas en Tapei abrirase o vindeiro xoves coa exhibicin de Sing It, de Yang Chih-Lin, un filme que narra a historia dun coro escolar dun centro de primaria de Bunun, unha comunidade aborixe no centro da illa. Sete das despois, a Casa das Camps acoller a proxeccin de Doctor, de Chung Mong-hong, un filme mis prximo ao cinema experimental que intercala as historias de dous nenos, un que se suicidou e outro enfermo de cancro, que nunca se coeceron e cuxas vidas se ven ligadas pola do doutor Chen, un inmigrante taiwanés nos Estados Unidos, pai do primeiro e médico do segundo.

O 25 de febreiro esta actividade continúa con Spring: The Story of Hsu Chin-Yu, de Wen-Chen Tseng, documental centrado na historia dun sindicalista que permaneceu encarcerado durante 15 anos, vtima do chamado “terror banco” que instaurou na illa a ditadura de Chiang Kai-shek. Xa o 3 de marzo, a chegada das forzas do Kuomitang de Chiang Kai-shek a Taiwn tralo remate da guerra civil chinesa e como esta illa viviu durante 40 anos baixo a lei marcial sern o eixo de Grandma´s Hairpin, o documental no que Chu-Chen Hsiao recolle os testemuos de varios dos soldados do réxime. Xa por último, Panoramas en Tapei pecharase o 10 de marzo coa proxeccin de Let it be, de Juan Yi-tseng e Yen Lan-chuan, un documental que narra a historia de catro agricultores que traballaron durante décadas nos campos de arroz de Tainan, no sur da illa.