Este venres celebrouse no campus o acto de entrega dos galardns
O VI Concurso de Creacin Artstica do Da Internacional da Muller e a Nena na Ciencia premia a escolares de seis centros da provincia
O certame recibiu 130 traballos visuais e literarios
Este venres o campus de Ourense celebrou a entrega de galardns do VI Concurso de Creacin Artstica do Da Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Nesta ocasin, entre os 130 traballos visuais e literarios recibidos, a organizacin premiou a 12 estudantes de Primaria e Educacin Secundaria Obrigatoria procedentes de seis centros educativos da provincia de Ourense.
Este certame organzase cada ano co gallo da celebracin o da 11 de febreiro do Da Internacional da Muller e a Nena na Ciencia e é froito do traballo conxunto da Facultade de Ciencias, a Escola de Enxeara Aeronutica e do Espazo e a Escola Superior de Enxeara Informtica do campus de Ourense, que cada ano unen forzas para organizar diferentes accins destinadas a potenciar e visibilizar a presenza da muller na I+D+i baixo o paraugas da iniciativa eXXperimenta en Feminino. Ademais, conta co apoio da Unidade de Igualdade da 鶹.
Na entrega de premios, en nome da organizacin, a profesora Nieves Lorenzo destacou que estes galardns queren contribur a “rachar a fenda de xénero existen nas carreiras STEM” e agradeceu ao alumnado e a ao profesorado dos centros educativos que participaron a súa implicacin nesta iniciativa. A entrega contou ademais coa participacin da alumna de Enxeara Biomédica da 鶹 Iria Ollero, que falou s rapaces e rapaces asistentes da súa experiencia como estudante dunha enxeara e tamén do seu compromiso coa divulgacin cientfica.
Modalidade visual e literaria
O certame contou con dúas categoras, unha de Educacin Primaria e outra de ESO, e dúas modalidades, unha visual (destinada a premiar debuxos, sons, vdeos e fotografas) e outra literaria (para textos de ata 900 palabras). Na modalidade visual, en Educacin Primaria, o primeiro premio foi Brais Lorenzo, o segundo para Alexandra Gonzlez e o terceiro para Zoë Coetzee, todos e todas elas do CPR Plurilingüe Padre Feijoo Zorelle, de Ourense. En Educacin Secundaria Obrigatoria, o primeiro premio foi para Alicia Carid, do CPR Plurilingüe la Pursima, de Ourense; o segundo para Noa Varela, do CPR Plurilingüe Santa Mara, tamén de Ourense, e o terceiro para Claudia Garza, do IES Xesús Taboada Chivite, de Vern.
Na modalidade literaria, en Educacin Primaria, o primeiro premio foi para Isabel Delgado, do Colexio Pablo VI, de A Rúa; o segundo para Iria Rodrguez, do mesmo centro, e o terceiro para Sofa Rodrguez, do CPR Plurilingüe Santa Mara, de Ourense. En Educacin Secundaria Obrigatoria, o primeiro premio foi para Irea Cid, do IES Allariz, de Allariz; o segundo para Daniel Blanco, do Colexio Pablo VI, de A Rúa, e o terceiro para Sara Feijo, tamén do IES Allariz.
A seleccin dos traballos gaadores realizouna un xurado composto por docentes dos centros organizadores. Na modalidade visual valorouse “a calidade técnica, a orixinalidade, a creatividade e o tratamento da temtica do concurso” e na literaria “o estilo, a capacidade de razoamento, a orixinalidade e o tratamento da temtica do concurso”, destacando desde a organizacin a boa calidade dos traballos presentados nesta edicin. O premio recibido polas e polos galardoados consistiu nunha calculadora cientfica Casio Women in Science, un libro, unha taza e un diploma xustificativo do premio.
