DUVI

Diario da 鶹

A Biblioteca Rosala de Castro estrea recuncho temtico

Unha vent aberta literatura estadounidense

O seu obxectivo é dinamizar os fondos do centro e fomentar a lectura

Etiquetas
  • Estudantes
  • PAS
  • PDI
  • Ourense
  • Cultura
  • Cultura
DUVI Ourense 19/10/2018

A literatura estadounidense é a protagonista do no novo recuncho temtico da Biblioteca Rosala de Castro do campus de Ourense. No espazo habilitado na entrada do centro, as e os seus usuarios pode levar emprestado libros que teen en común pertencer ao acervo literario dese pas. O obxectivo da iniciativa, froito do traballo das e dos técnicos da biblioteca, é dinamizar os fondos dispoibles e fomentar a lectura entre o público.

“A escolma que ofrecemos é moi ampla, anda que nos centramos en autores e autoras dende o século XIX ata a actualidade”, apuntan desde a organizacin do recuncho. As, a seleccin feita abrangue dende case os inicios ata a literatura mis recente, visibilizando obras de xéneros e autoras moi diversas. Emily Dickinson, TS Elliot, Herman Melville, Walt Whitman, Poe, John dos Passos, Hemingway, e John Steinbeck son algúns das e dos escritores que protagonizan o espazo. Nel pdese coller obras “dos grandes do xénero policial”, como Dashiell Hammett ou Raymond Chandler; de “representantes da literatura surea”, como William Faulkner e Truman Capote, ou “da xeracin Beat, como Allen Gingsberg, William Burroughs e Jack Kerouac.