A entrega de galardns contou coa participacin da conselleira Mª Jesús Lorenzana
A Valedora do Pobo e as tres universidades galegas premian os mellores traballos en materia de igualdade e dereitos das mulleres
Recoecéronse os proxectos de tres alumnas: Cinthia Pieiro, Ana Souto e Carmen Castrillo
Ana Souto Mnguez, Cinthia Pieiro Acevedo e Carmen Castrillo Sotelo. As tres son mulleres, as tres se formaron nas universidades galegas e as tres estn comprometidas coa loita pola igualdade. Elas son as gaadoras da terceira edicin dos Premios Valedora do Pobo aos mellores Traballo Fin de Grao e Traballo Fin de Mster en materia de igualdade e dereitos das mulleres e este luns recibiron os seus galardns nun acto celebrado na sala de xuntas Manolo Ramos do edificio Ernestina Otero, actividade que contou coa participacin, entre outras autoridades, da conselleira de Promocin do Emprego e Igualdade, Mara Jesús Lorenzana; a Valedora do Pobo, Dolores Fernndez Galio; o reitor da Universidade da Corua, Julio Abalde; a vicerreitora de dzܲԾ e Relacins Institucionais da 鶹, Mnica Valderrama, e a delegada do reitor para temas de Igualdade da Universidade de Santiago de Compostela, Marta Pérez.
Nesta edicin presentronse 32 traballos de Fin de Grao e 11 de Fin de Master e o xurado dictaminou outorgar o premio ao mellor Traballo Fin de Mster ao titulado Conquistando o baleiro: as voces de profesoras e alumnas en ciclos formativos masculinizados, de Ana Souto Mnguez, da Universidade da Corua. No caso dos Traballo Fin de Grao, ex aequo, os premios foron para Carmen Castrillo Sotelo, da Universidade de Santiago de Compostela por A xestacin por substitucin no Dereito Civil espaol: a aceptacin tcita dos efectos dun contrato nulo, e para Cinthia Pieiro Acevedo, tamén da USC, por Quen son elas? O deporte dende a perspectiva de xénero.
“Sorpréndenos a participacin, a visin e a magnitude dos enfoques"
Con esta van xa tres edicins dos premios e, tal e como recalcou durante o acto a valedora, Dolores Fernndez, a experiencia est a ser magnfica. “Cada ano sorpréndenos a participacin, a visin e a magnitude dos enfoques cos que chegan os novos traballos”, subliou a valedora, ao tempo que fixo fincapé en que todos os anos os traballos premiados anticipan debates sociais que no momento da concesin do premio non estaban anda sobre a mesa. “Tamén constatamos a motivacin que lles supuxo s autoras, sempre mulleres, orientar as súas investigacins cara a posicin das mulleres na nosa sociedade, tal e como pretendemos na convocatoria destes premios”, recalcou Fernndez Galio. Durante o acto de entrega a valedora destacou tamén a importancia de que o coecemento que se atesoura nas universidades se transmita s novas xeracins e, neste senso, lembrou que a convocatoria destes premios busca fomentar o estudo e a investigacin, para abrir novos espazos ao coecemento humano cos que identificar e nomear as discriminacins e as desigualdades e investigar medidas para erradicalas e seguir a avanzar na loita pola igualdade. “Con vosos traballos estades a contribur creacin dun corpo de doutrina nesta materia, feito desde a nosa contorna, as nosas universidades”, sublioulles s tres alumnas premiadas.
Pola súa banda a conselleira de Igualdade, Mª Jesús Lorenzana, aproveitou a súa presenza nesta acto para reivindicar que a nova lei galega de igualdade situar a Galicia “ vangarda da loita contra calquera discriminacin contra a muller”, nomeadamente no eido laboral, ao regular o concepto de sustentabilidade social empresarial que contribuir a crear unha verdadeira cultura empresarial para atraer e reter talento e crear equipos diversos. A maiores, lembrou tamén a importancia de ir creando conciencia para, “pouco a pouco”, ir combatendo as desigualdades que anda persisten entre os homes e as mulleres. “A discriminacin por razn de xénero é a discriminacin mis estendida en todo o mundo e en todas as épocas da historia, unha discriminacin que adopta formas do mis diversas, desde as mis evidentes como a violencia fsica, ata outras mis difciles de recoecer, como as inxustizas, a falta de oportunidades e a precariedade que a veces se xera polo mero feito de ser muller”, subliou a conselleira, que tamén resaltou a importancia de ir derrundo os roles de xénero. “Desigualdades segue a haber e, polo tanto, temos que identificar as causas e, a partir de a pr as medidas correctoras para, de forma conxunta toda a sociedade, seguir avanzando. Todos somos axentes claves nos cambios e nos avances que se teen que dar”, engadiu a conselleira.
Desde as universidades galegas tanto Julio Abalde como Mnica Valderrama fixeron fincapé no papel que estn a levar a cabo as tres universidades galegas en todo o que ten que ver na loita pola igualdade, desde as medidas mis simblicas, como o renomeamento dos edificios con nomes de mulleres que a historia se encargou de invisibilizar, ata outras de mis calado en favor da promocin das mulleres. “As universidades galegas somos un exemplo conxunto do traballo a favor da igualdade”, salientou Abalde.
Xunto a todas elas e eles o acto contou tamén coa participacin de José Luis Costa Pillado, presidente do Consello Consultivo de Galicia; a presidenta do Consello Galego de Relacins Laborais, Anta Sndez; a secrataria xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, Susana Lpez Abella; a presidenta da Comisin de Igualdade do Parlamento de Galicia, Marisol Daz, as como numerosos integrantes da comunidade universitaria das tres universidades galegas.
“Pioneiras e afoutas”, “mulleres bravas”, “invisibilizadas”...
O xurado dos premios, que na súa meirande parte asistiu tamén ao acto, estivo constitudo pola valedora do pobo e a súa adxunta, Mª Xosé Porteiro; Mara Castro, técnica de igualdade da Valedora do Pobo; Águeda Gmez Surez, directora da Unidade de Igualdade da 鶹; Marta Pérez Pereiro, representante da USC e Ana Mara Neira Pena, representante da UDC. Fernando de Andrés Alonso, secretario xeral da Valedora do Pobo, actuou como secretario do xurado e, no acto de hoxe foi o encargado de ir nomeando s gaadoras para recoller os seus diplomas.
Nas súas intervencins cada unha expuxo os motivos que as levaron a investigar sobre estas temticas. Arroupadas polas súas familias, explicaron con emocin, a importancia de pr en valor as historias de mulleres “pioneiras e afoutas”, “mulleres bravas”, “mulleres invisibilizadas”.
Cunha dotacin econmica de 1000 euros, as tres investigacins, tal e como se anunciou no acto, foron xa publicadas na web da Valedora do Pobo, no espazo .
