DUVI

Diario da 鶹

Coa presenza da vicerreitora de Internacionalizacin, Maribel del Pozo

A 鶹 participa en Madrid na Xornada Franco-Espaola sobre as universidades europeas

O ministro Subirats destacou a importancia de ampliar estas alianzas cara África e América Latina

Etiquetas
  • Estudantes
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • ATHENA
  • Internacional
  • Institucional
M. Del Ro DUVI 22/05/2023


A vicerreitora de Internacionalizacin, Maribel del Pozo, asiste este luns en Madrid Xornada Franco-Espaola arredor da Universidades Europeas, unha xuntanza na que participan as institucins académicas que forman parte dunha alianza de European Universities, como é o caso da 鶹, socia de ATHENA.

O evento, que se celebra ao longo de toda a xornada no Institut Français de Madrid, reúne actores universitarios das 25 alianzas europeas que asocian centros de educacin superior franceses e espaois, as como actores institucionais e polticos, como o ministro de Universidades, Joan Subirats, que no acto de apertura salientou a importancia de ampliar este tipo de alianzas con universidades de África e América Latina. O ministro tamén recalcou a relevancia dos sistemas de mobilidade para a captacin de talento, das microcredenciais e dos programas de doutoramento industriais e a súa promocin a nivel internacional.

O obxectivo desta xornada é, como explica a vicerreitora, “compartir boas prcticas e experiencias, identificar os obstculos atopados e reflexionar sobre as ferramentas para superalos, as como fomentar novas colaboracin”. Ademais, trtase dun evento de especial relevancia que se desenvolve a s catro meses do Foro das Universidades Europeas que se celebrar en Barcelona, no marco da Presidencia Espaola do Consello da Unin Europea. Del Pozo participa na xuntanza en representacin da 鶹 como socia de ATHENA xunto con outros dous membros da Université d'Orléans, outra das entidades que forman parte desta rede.

A xornada artellouse arredor de catro mesas redondas, en sesin plenaria, sobre catro temas: a internacionalizacin das universidades europeas cara África e América Latina a través das redes respectivas de Francia e Espaa; a vertente de investigacin das Alianzas Europeas; a titulacin conxunta, o selo europeo e o sistema de acreditacin e a comunicacin externa e interna das Alianzas Europeas.

ATHENA, nove socios de nove pases

ATHENA (Advanced Technology Higher Education Network Alliance) é un dos proxectos piloto de universidades europeas seleccionados pola Comisin Europea en 2020. O consorcio, coordinado polo Instituto Politécnico do Porto , est integrado por nove institucins doutos tantos pases e céntrase na transformacin dixital das sociedades e busca crear formacins internacionalizadas, abrir a mobilidade internacional ao maior número posible de estudantes, favorecer a execucin de proxectos de investigacin e de desenvolvemento colaborativos e abrir novas perspectivas europeas, non s aos mis de 160.000 estudantes e aos 15.000 traballadores e traballadoras da alianza, senn tamén s comunidades locais e s entidades socias.