DUVI

Diario da 鶹

Primeira muller en presidir o Tribunal Constitucional, rompeu múltiples teitos de cristal

A 鶹 inviste doutora honoris causa maxistrada Mara Emilia Casas, pioneira na defensa dos valores de xustiza e igualdade

Manifestou o seu sentido de “pertenza e amor a Galicia” e amouse preocupada polo futuro da UE

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Reitor
  • Institucional
DUVI 18/10/2024

Mara Emilia Casas Baamonde foi a persoa mis nova en acceder maxistratura do Tribunal Constitucional, en 1998, e a primeira muller en presidilo, cargo que exerceu desde o 2004 ata o 2010, etapa recoecida como “a época dourada da xurisprudencia constitucional”. Dende este venres Casas Baamonde é tamén a primeira muller xurista en incorporarse ao Claustro de doutores honoris causa da 鶹. A institucin académica viguesa celebrou a súa cerimonia de investidura no saln de actos da Facultade de Ciencias Econmicas e Empresariais nun acto presidido polo reitor, Manuel Reigosa, e no que exerceu como padrio o catedrtico de Dereito do Traballo e da Seguridade Social Jaime Cabeza Pereiro.

Na súa intervencin, o reitor da 鶹 gabou a traxectoria académica e profesional de Mara Emilia Casas, destacando o seu labor rompendo teitos de cristal, as como o seu compromiso nos mbitos do dereito do traballo, a xustiza e a igualdade de xénero. Reigosa mencionou as sentenzas pioneiras da maxistrada, que permitiron fortalecer os dereitos das mulleres e doutros colectivos vulnerables, asegurando que coas súas achegas “a igualdade deixa de ser un soo afastado para converterse nunha aspiracin ao alcance da man. Igualdade e xustiza da man”.

“Unha das persoas mis decisivas para o noso marco democrtico”

Tras a entrada no saln de actos da comitiva académica, a cerimonia de investidura arrancou coa lectura por parte da secretaria xeral, Mara José Bravo Bosch, dos acordos de Consello de Goberno polos que se nomeou doutora honoris causa desta Universidade a Mara Emilia Casas, intre tras o cal procedeu súa entrada na sala, acompaado do seu padrio e da propia secretaria xeral.

Na súa laudatio, o profesor Cabeza fixo un percorrido pola traxectoria profesional e académica de quen considera “testemua e axente da defensa dos dereitos fundamentais e dos principios de igualdade e non discriminacin”, “unha das persoas mis decisivas para o noso marco democrtico de relacins laborais”.

Partindo da cidade de Len, onde naceu por mor da profesin do seu pai, rexistrador da propiedade, Cabeza fixo fincapé en que Casas Baamonde sempre se considerou “da terra de Lemos”, de onde eran orixinarios os seus pais, se ben viviu en Madrid dende cativa, onde en 1972 se licenciou en Dereito e Filosofa e Letras na Universidad Complutense de Madrid. A súa carreira académica levouna a exercer como docente en diferentes universidades de todo o pas, converténdose na primeira muller catedrtica de Dereito do Traballo e da Seguridade Social. Sempre inquieta, o catedrtico vigués lembrou tamén como a finais da década dos oitenta se incorporou como subdirectora revista Relaciones Laborales, “cuxas editoriais forxaron sen dúbida a mia xeracin de laboralistas” e cuxos outros subdirectores, “non por casualidade”, accederon tamén en diferentes momentos ao Tribunal Constitucional.

Da súa etapa como presidenta do TC salientou que foi relatora en 313 sentenzas e que abordou os asuntos mis dispares se ben, “alén dos asuntos concretos”, o seu tempo de exercicio neste rgano, especialmente os anos da presidencia, correspondeuse “co perodo no que mis se desenvolveron os contidos materiais dos dereitos fundamentais e das liberdades públicas”.

Merecedora de diferentes premios e distincins, dos que o padrio lembrou algúns, sobre todo os referidos súa vinculacin con Galicia, a laudatio de Cabeza rematou dndolle a benvida a unha Universidade de curta historia, “pero con azos de construr un coecemento crtico nesta parte do mundo, no que o respecto aos dereitos humanos sexa guieiro da súa actividade coti”, ao tempo que lle lembrou que, dende hoxe, Vigo, ademais de ser a terra de parte da súa familia, é tamén a “dunha Universidade que pertences”.

Tras pronunciar a gabanza da doutoranda, o padrio impúxolle o barrete, o libro da ciencia, o anel e as luvas brancas, intre no que a admirada e recoecida maxistrada tomou a palabra.

Leccin maxistral sobre o futuro da UE e do seu modelo social

As primeiras verbas de Casas Baamonde foron para expresar o seu “mis profundo e emocionado agradecemento” 鶹, “coa que sempre mantiven unha estreita relacin de colaboracin”, por un recoecemento ao que se referiu como “o maior logro da vida académica, o supremo grao”, destacando, neste sentido, que “este doutoramento marca un fito moi importante, inesquecible, na mia vida”. Mencin expresa fixo ao Departamento de Dereito Público Especial, s facultades de Ciencias Xurdicas e do Traballo e de Dereito, ao Consello de Goberno e, de xeito moi especial, ao seu padrio, “cuxa vala intelectual e dedicacin constante a esta Universidade permitiulle formar un excelente grupo de investigacin”. As mesmo houbo tamén palabras de agarimo para os numerosos docentes que acudiron a este acto chegados das universidades de Santiago de Compostela, Corua, Complutense de Madrid, Len, Valladolid… as como ao alcalde de Monforte de Lemos, Xosé Tomé Roca, e os excaldes Severino Rodrguez e Nazario Pin, “proba da atencin e coidados persoais que o Concello de Monforte sempre brinda aos seus”.

Deixando claro o seu sentido de “pertenza e amor a Galicia”, Casas Baamonde lembrouse tamén neste da, entre outras moitas persoas s que fixo referencia, do admirado profesor Manuel Alonso Olea, o seu director de tese, e do recentemente falecido xurista lucense Germn Barreiro, “amigo da alma”.

Feitos os recoecementos, meteuse de cheo no seu discurso de ingreso, titulado O futuro da Unin Europea e do seu modelo social. Un estado de benestar europeo?, eleccin realizada froito “da preocupacin que acapara o actual momento da Unin ante o inminente inicio dunha nova lexislatura, e os diagnsticos sobre a non boa saúde das grandes transicins dixital, climtica, enerxética e demogrfica”, as como o que considerou unha “deficiente institucionalizacin poltica e integracin econmica, excesivo Dereito” e “unha débil situacin xeopoltica ante a súa falta de soberana/autonoma estratéxica, que a fai dependente do exterior”.

Desde o seu punto de vista, Europa debe prepararse para afrontar cambios radicais. Na mesma lia, salientou que esa preocupacin e necesidade de cambios afectan tamén ao denominado modelo social, “ou con terminoloxa anda menos comprometida e evanescente, súa dimensin social e, por consecuencia, aos dereitos do traballo e da seguridade ou proteccin social dos Estados”. Seguindo este fo criticou a desaparicin na conformacin da nova Comisin a desaparicin do Departamento de Asuntos Sociais, existente desde 1967, substitudo por unha presidencia de Persoas, Habilidades e Preparacin.

Concludo o discurso, con lembranzas para o poeta monfortino Manuel Mara e para a súa familia, o reitor fxolle entrega da medalla da 鶹 xa nova doutora honoris causa da 鶹.

Unha homenaxe a unha pioneira na loita a prol da non discriminacin

O reitor da 鶹 comezou a súa intervencin referndose a Mara Emilia Casas como “un faro de coecemento”, cunha vida de logros “cunha fondo raigame académico e cun fondo influxo na sociedade”. Logo de manifestar a súa satisfaccin por engadir a Casas relacin de honoris da 鶹, Manuel Reigosa centrou o seu discurso nunha reflexin sobre a xustiza e a liberdade, na que tras citar a Martin Luther King e o seu desexo de “seguir soando coa liberdade, a xustiza e a igualdade”, o reitor asegurou que o camio da xustiza e a igualdade son o mesmo e, polo tanto non é posible soar nun mundo mellor sen ter en consideracin o afn de xustiza.“ Mara Emilia Casas é unha pioneira nese desexo por conseguir un mundo mellor”, dixo o reitor, que apelou necesidade de construr unha sociedade mis xusta baseada no coecemento e destacou o labor realizado pola nova honoris rompendo teitos de cristal, as como o seu compromiso nos mbitos do dereito do traballo, a xustiza e a igualdade de xénero.

Chegar de nova aos mis altos tribunais e acadar a presidencia do Constitucional foron algúns dos logros que o reitor da 鶹 destacou da traxectoria de Casas, o que, asegurou, “sen dúbida normaliza a situacin, concilia cidadana coas institucins e abre o camio a unha maior representacin das mulleres no eido xudicial”. No mbito do Dereito do Traballo, Reigosa puxo acento na construcin por parte de Casas “dun pozo de coecemento imprescindible na promocin dos dereitos laborais, a igualdade e a non discriminacin”. Ademais de mencionar as súas sentenzas pioneiras, que permitiron fortalecer os dereitos das mulleres e doutros colectivos vulnerables, Reigosa tamén lle agradeceu xurista o seu impulso ao dereito non discriminacin. “A visin da profesora Casas foi clave para ampliar a igualdade no noso pas e estendela a todas as formas de discriminacin”, dixo o reitor, que lembrou que, anda que queda moito traballo por facer, cmpre celebrar os esforzos que nos puxeron no camio correcto para acadar “esa sociedade xusta e igualitaria que aspiramos”.

Sinalando o exemplo para “que outras mulleres aspiren en plena xustiza e igualdade a ocupar postos de relevancia nos eidos xurdico e poltico”, o reitor rematou o seu discurso, asegurando que coas contribucins de Casas “a igualdade deixa de ser un soo afastado para converterse nunha aspiracin ao alcance da man. Igualdade e xustiza da man”, dixo Reigosa, que finalizou parafraseando unha estrofa da cancin Hurricane de Bob Dylan na que o cantautor afirma que: “Non podo sentirme avergoado de vivir nunha terra onde a xustiza é s un xogo”.