DUVI

Diario da 鶹

O alumnado seleccionado realizar prcticas en concellos de menos de 5000 habitantes

A 鶹 concede 18 axudas Campus Rural por valor de 43.500 euros

As estancias, de entre 2 e 4 meses, lévanse a cabo entre xullo e novembro

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Estudantado
  • Universidade e empresa
  • Institucional
D. Besado DUVI 18/07/2024

18 alumnas e alumnos da 鶹 realizarn este ano as súas prcticas en pequenos concellos de menos de 5000 habitantes espallados por toda a xeografa galega. Son as 18 unha iniciativa promovida polo Ministerio para la Transicin Ecolgica y el Reto Demogrfico en colaboracin co Ministerio de Universidades e a CRUE, Conferencia de Rectores das Universidades Espaolas, e que ten como finalidade que o alumnado universitario de calquera titulacin oficial poida realizar prcticas formativas en zonas rurais con problemas de despoboamento a través de entidades como concellos, empresas, asociacins ou outros organismos localizados nestas zonas.

As alumnas son as que mis se decantan por este tipo de experiencia

Das 18 axudas concedidas a inmensa maiora (15) foron adxudicadas a estudantado da rama de Ciencias Sociais, Xurdicas e Humanidades e, si se atende clasificacin por xénero, son as alumnas as que mis se decantan por este tipo de prcticas: 12 alumnas fronte a 6 alumnos. En total destnanse a estas axudas 43.500 euros, con contas por estudante que varan entre os 2000 e os 4000 euros, dependendo da duracin das súas prcticas, que pode oscilar entre os dous e os catro meses e que debe realizarse no perodo comprendido entre o 1 de xullo e o 15 de novembro.

A inmensa maiora das prcticas realzanse na provincia de Ourense

Maceda, Vilar de Barrio, A Peroxa, Parada de Sil, Arnoia, Vilario de Conso, Bao de Molgas.. son algúns dos concellos ourensns que acollern a estes estudantes. Esta é a provincia que mis estudantes recibir, pero non a única. Hai tamén participantes que elixiron como destino diferentes enclaves da provincia de Pontevedra como As Neves, Forcarei, Meis ou Pazos de Borbén, ou da Corua (Val do Dubra, Baa…). No caso de Lugo a representacin vir a través dunha alumna que realizar as súas prcticas na empresa Outona, un proxecto pioneiro de sustentabilidade rural dirixido ao rural lugués e ourensn posto en marcha por tres educadoras sociais co obxectivo de crear proxectos e intervencins educativas en territorios rurais adaptadas s necesidades das persoas que o conforman.

En concellos, asociacins, empresas...

A caracterstica principal deste programa é que as estadas realzanse “residindo” nesa contorna, “coecéndoa en profundidade e convivindo e colaborando coa súa xente, de modo que poidan vela como un lugar de oportunidades para o desenvolvemento do seu futuro profesional”, tal e como se indica na propia convocatoria das bolsas. En moitos casos, as prcticas realizaranse nos propios concellos e, noutros, en empresas, entidades ou asociacins da contorna como a escola de educacin infantil de Taboexa, nas Neves; o Grupo de Desenvolvemento Rural Sil-Bibei-Navea, que ten como mbito de actuacin os concellos ourensns de Castro Caldelas, Montederramo, Parada de Sil, A Teixeira, Chandrexa de Queixa, Manzaneda, Pobra de Trives, San Xon de Ro, Viana do Bolo e Vilario de Conso; a Fundacin Ceo, Ciencia e Cultura, dedicada investigacin e divulgacin da ciencia e a astronoma, encargada de xestionar o Observatorio Astronmico de Forcarei, ou a empresa Algas Atlnticas Algamar, con sede en Pazos de Borbén, e que constitúe a 1ª empresa espaola especializada en recoleccin, secado e elaboracin de algas marias para uso alimentario.