DUVI

Diario da 鶹

O Pazo da Cultura de Pontevedra acolleu o tradicional concerto da institucin académica

A 鶹 d a benvida ao Nadal lembrando o carcter universal da música

Da man da Orquestra Clsica de Vigo e o pianista Severino Manuel Ortiz

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Cultura
  • ú
  • Cultura
DUVI Pontevedra 14/12/2023

O Pazo da Cultura de Pontevedra foi na noite deste mércores o escenario do tradicional Concerto de Nadal da 鶹, que cada ano desenvolve de xeito rotatorio nas cidades nas que se asentan os seus tres campus, co obxectivo de facilitar a participacin tanto da comunidade universitaria como da cidadana de Pontevedra, Vigo e Ourense. Organizado coa colaboracin do Concello, tratbase dun recital con entrada de balde, previa recollida duns convites destinados en primeiro termo comunidade universitaria e posteriormente ao conxunto da cidadana, que permitiron a centos de persoas gozar da actuacin da Orquesta Clsica de Vigo, dirixida por Manuel Martnez Álvarez-Nava, que se sumou como solista o pianista pontevedrés Severino Manuel Ortiz.

O reitor, Manuel Reigosa; o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustn Reguera, e numerosos membros da comunidade universitaria asistiron no Pazo da Cultura a un recital organizado pola Vicerreitora de Extensin Universitaria. A súa responsable, Susana Reboreda, foi encargada de presentar unha actuacin coa que a institucin académica escolle “o camio da música coa finalidade de conmemorar o final do ano 2023 e dar a benvida ao 2024”. Na súa intervencin, a vicerreitora lembrou que “desde a mis remota antigüidade, a humanidade empregou tempo e recursos na música”, por tratarse dun “medio de expresin que transcenda o uso das palabras, non s pola universalidade, senn tamén pola versatilidade de transmitir emocins, sentimentos e respecto”. De a que, tras lembrar a importancia da música na antiga Grecia, Reboreda subliase que “a través desta celebracin, reivindicamos a nosa herdanza dos tempos antigos”.

Unha formacin con preto de catro décadas de historia

Esta conmemoracin a través da música correu a cargo da Orquesta Clsica de Vigo, unha formacin nacida en 1984, o que a converte na mis antiga de Galicia, e dirixida desde os seus inicios por Manuel Martnez Álvarez-Nava, catedrtico de violn no Conservatorio Superior de ú de Vigo. Caracterizada pola aposta pola formacin e pola innovacin nos formatos, por esta formacin pasaron ao longo destas preto de catro décadas mis de 300 músicos, que en moitos casos son hoxe “artistas de primeiro nivel”, destacan. Coa participacin como solista de Severino Manuel Ortiz, a orquestra interpretou un programa conformado polo Concerto para piano e orquestra en re menor núm. 20 KV466, de Wolfgang Amadeus Mozart; a Marcha fúnebre dunha marioneta, de Charles Gounod; a Jota de los barquilleros «Agua, azucarillos y aguardiente», de Federico Chueca; e Pizzicato-Polka op. 234 e Schatz-Walzer, opN. 418, de Johann Strauss.

Este recital enmrcase no convenio asinado entre a Universidade e a Orquesta Clsica de Vigo, que xa protagonizou o ano pasado en Vigo este Concerto de Nadal, que en 2024 desenvolverase no campus de Ourense.