DUVI

Diario da 鶹

O 9 de decembro no Teatro Afundacin a cargo da Orquesta Clsica de Vigo

A 鶹 d a benvida ao Nadal co seu tradicional concerto

Con entrada de balde ata completar a capacidade da sala

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Cultura
  • ú
  • Cultura
DUVI 26/11/2025

Cun programa integrado por obras de Séjourné e Haydn, interpretado pola Orquesta Clsica de Vigo, a 鶹 celebrar o vindeiro 9 de decembro o seu tradicional concerto de Nadal. O Teatro Afundacin acoller a partir das 20.30, con entrada de balde ata completar a capacidade da sala, un concerto dunha hora de duracin no que o percusionista Álvaro Jurado ser o solista e no que a orquestra estar dirixida por Manuel Martnez Álvarez-Nava.

A orquestra decana de Galicia

O Concerto para marimba e cordas, de E. Séjourné e a Sinfona núm. 75 en Re maior, Hob. I:88, de F. J. Haydn son as dúas obras que interpretar a Orquesta Clsica de Vigo. A formacin musical decana de Galicia aposta pola innovacin, os novos formatos e o traballo entre disciplinas, espazos e estilos e nos 40 anos de historia da entidade, as obras interpretadas superan as cincocentas, realizando, nos últimos anos, propostas de danza, cinema en directo, bandas sonoras, propostas actuais e obras consagradas. Polos seus atrs pasaron ao longo da súa historia mis de 800 instrumentistas de toda Galicia, con mis de 160 solistas.

Un solista e un director de prestixio

O concerto de Nadal da 鶹 contar coa interpretacin como solista do percusionista Álvaro Jurado, quen combina interpretacin, investigacin e docencia cunha visin aberta e creativa da música. Nos seus concertos, o son dialoga coa imaxe e coa palabra creando experiencias que transcenden o puramente musical. Formado no Conservatorio Superior de Vigo, ampliou os seus estudos no Centro Superior Katarina Gurska, na Universidade Internacional de Valencia e na Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia. Actuou como solista xunto Real Filharmona de Galicia, colaborou con agrupacins como a Orquesta Nacional de Espaa, a Orquesta Ciudad de Granada ou a Orquesta de Crdoba en Espaa, mentres que no mbito internacional actuou en Luxemburgo, Portugal, Francia e Pases Baixos, ademais de participar en proxectos de música contempornea co grupo Neopercusin en festivais como ú en Segura. Galardoado co concurso Acordes de Caja Madrid, co Premio Honorfico David Russell o co Premio Excelencia Musical da Xunta de Galicia, publicou o disco Memento Vivere. Actualmente é profesor no Conservatorio Profesional de ú da Corua, coordinador artstico do Festival Internacional de Percusin de Almera (FIPAL) e director asociado da empresa cultural Dos Acordes.

A Orquesta Clsica de Vigo actuar o 9 de decembro baixo a direccin do seu director titular, o oventense Manuel Martnez Álvarez-Nava. Discpulo de Alfonso Ordieres Rivero, estudou violn e viola no Conservatorio Superior de Asturias e ampliou os seus estudos de viola con Enrique Santiago. Estuda direccin de orquestra con Jacques Bodmer, discpulo do lendario Hermann Scherchen e foi profesor violista da Orquesta Sinfnica de Asturias Angel-Muiz Toca. Fundador, solista e concertino da Orquesta Universitaria de Oviedo, da que tamén foi director adxunto, foi catedrtico de Violn no Conservatorio Superior de ú de Vigo e recentemente director convidado en cidades como L’Aquila, Viana do Castelo, Trento ou Hamburgo. Manuel Martnez Álvarez-Nava é o director titular da Orquesta Clsica de Vigo desde a súa creacin en 1984.