DUVI

Diario da 鶹

Este xoves entregronse os Premios Incuvi-Emprende e as axudas Incuvi-Avanza e Incuvi-Consolida

A 鶹 alenta o nacemento de 14 novas iniciativas empresarias coas que axudar a “facer pas”

Impulsadas por alumnado dos tres campus, tanto de grao, como de mestrado e doutoramento

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Emprender
  • Estudantado
  • Premios
  • Reitor
  • Universidade e empresa
  • Institucional
D. Besado DUVI 01/02/2024

Son alumnas e alumnos dos tres campus, tanto de grao, como de mestrado e doutoramento, de mbitos moi diversos, pero cunha caracterstica común: o desexo de emprender e pr en marcha a súa propia iniciativa empresarial. A 鶹 celebrou este xoves no edificio Redeiras o acto de entrega da duodécima edicin dos Premios Incuvi Emprende, da oitava edicin das Axudas Incuvi Avanza e da cuarta edicin de Incuvi Consolida, tres convocatorias coas que a institucin académica viguesa, apoiada por unha ampla rede de patrocinadores e colaboradores, axuda a definir e pr en marcha as ideas empresariais que xorden das súas aulas e “coas que axudar a facer pas”, tal e como lles subliou o reitor, Manuel Reigosa, na entrega dos premios, unha intervencin na que, ademais de darlles as grazas e os parabéns, lles pediu a súa axuda para “entre todos, axudar a debuxar un futuro mellor para Galicia, con mis empresas e mis emprego de calidade”.

Nesta ocasin entregronse 14 axudas: dez Incuvi Emprende, para aquelas ideas que se atopan no seu nivel de desenvolvemento mis bsico; tres Incuvi Avanza, para os proxectos que xa teen certo nivel de maduracin, e unha axuda Incuvi Consolida, pensada para aquelas iniciativas que, tras recibir as axudas anteriores,  poidan, definitivamente, validar a súa idea de negocio e chegar ao mercado. Segundo explicou a vicerreitora de Estudantado e Empregabilidade, Natalia Caparrini, que conduciu o acto, nos 12 anos que levan en marcha os premios, beneficironse xa destas axudas arredor de 180 iniciativas: 144 con axudas Emprende, 32 con Avanza e 4 con Consolida. Trtase de seguir a tecer o “ecosistema de Emprendemento da 鶹”, unha rede que,  tal e como salientou Caparrini,  “non sera posible sen o apoio dos patrocinadores Incuvi: Banco Santander, Consorcio Zona Franca, Abanca, Autoridade Portuaria de Vigo, BBVA, CTAG e Xunta de Galicia”, aos que se engaden unha longa lista de colaboradores, “que fan posible que todo isto poida sar adiante”.

En nome dos patrocinadores contouse coa intervencin de Ana Mejas, vocal sustituta do Delegado do Estado no Consorcio Zona Franca de Vigo, e Carlos Botana, presidente da Autoridade Portuaria de Vigo. Ambos recalcaron a importancia de seguir formando “alumnas e alumnos con inquietudes por emprender” e puxeron en valor unhas axudas “coas que axudar xente nova e preparada a emprender as rendas dos novos negocios”.

10 ideas que ‘Emprenden’ camio nos tres campus

Das dez axudas Incuvi Emprende concedidas seis estn vinculadas ao campus de Vigo, tres ao de Ourense e unha ao de Pontevedra. No caso dos proxectos con selo vigués, atopamos desde unha marca de roupa pensada para os amantes do motor (Biela), impulsada por un estudante do PCEO de Administracin de Empresas e Dereito, ata outro proxecto, Vida Senior,  coordinado por Hugo Becerril, do Grao en Comercio, que propn o uso de Intelixencia Artifical xenerativa para o esenvolvemento de dispositivos que faciliten unha mellor comunicacin entre as personas maiores e as súas familias. Dende o doutoramento en Traducin e Paratraducin, Zahra Sadat propn un albergue cultural situado no Camio de Santiago; dende o Grao en Administracin e Direccin de Empresas, Gonzalo Peralba deseou un proxecto cultural destinado a personas que escoitan música electrnica. Completan a listaxe de emprendedores vigueses Jhoan Piter Da Costa, do Mster en Direccin Integrada de Proxectos, que tratar de crear unha App de xestin  de proxectos de infraestruturas e edificacins, e Camilo Prado, impulsor de Pasta Gansa, un quiosco de venda de pasta fresca para consumir.

No campus de Ourense as propostas son Improsect,  unha biorrefinera de insectos para a producin de hidrolizado de protena e quitosn impulsada por Nuno Muoz e Helena Raquel dos Santos, alumnos do Programa de doutoramento en Ciencia e Tecnoloxa Agroalimentaria; Krealt, proxecto de implementacin  e dixitalizacin de tecnoloxias 3D e realidade virtual aplicada mellora da experiencia do usuario en procesos de compra en lia, ideado por Luca Riego e Paulo Emilio Snchez, da Escola de Enxeera Informtica; e  Sinatura, de Anta Fraga, do Grao en Ciencias Ambientais, unha proposta dirixida organizacin de roteiros ambientais e culturais  personalizados.

A proposta pontevedresa chega da man de Leonardo Valdez e Carlos Eduardo Torres, do Grao en Direccin e Xestin Pública. Neste caso buscarn pr en marcha unha consultara especializada en proteccin de datos e Intelixencia Artificial. 

Tres proxectos que ‘Avanzan’ a bo ritmo 

No caso das propostas galardoadas coas axudas Incuvi Avanza, hai un representante por campus. A proposta viguesa, Covintes, chega liderada por unha muller, Yamila Gonzlez, do Mster en Xestin do Desenvolvemento Sostible, e céntrase no deseo de solucins de proxectos que dean resposta problemtica de readaptacin dos espazos transicin enerxética. E, desde Ourense, chega Luxsit, obra dun grupo de estudantes de Enxeara Aeroespacial, e que propn  a creacin de espectculos de luces con drons como unha alternativa innovadora e respectuosa co medio ambiente aos tradicionais fogos artificiais. Ambas propostas foron xa beneficiarias de cadansúa axuda Incuvi Emprende e, no caso de Luxsit, foi premiada tamén en certames como Inspiro, celebrado en Expoourense, ou en Pont Up Store.

Impulsada por un alumno do campus de Pontevedra e outro de Ourense, Ivn Iglesias e Ivn Olmos, xurde OU ké!, un medio de comunicacin dixital nativo das redes, que buscar “converterse en referencia pola calidade das nosas producins”.

Incuvi Consolida para unha marca de roupa non binaria

“Indomables, inclusivos, inconformistas, independentes…”. As se definen os impulsores de Iniqual, Alejandro Sierra e Cayetana de Ozmic, gaadores da axuda Incuvi Consolida, cunha proposta empresarial, actualmente presente unicamente no medio en lia, centrada no deseo e comercializacin de “loungewear estampado de xénero non binario”, prendas cmodas que se diferencian das da competencia grazas a unha grfica moi caracterstica. Trtase, tal e como eles mesmos recoecen, dunha marca pensada por e para a comodidade das persoas que a utilizan, sen que tean que renunciar ao estilo, e confeccionadas para que as poida usar todo o mundo, independientemente da idade, o xénero ou o tipo de corpo.

A idea xurdiu en 2020, tras o encerro provocado pola pandemia, e hoxe é xa unha realidade. Alejandro, alumno do Programa de doutoramento do Campus Crea, non puido asistir gala por estar realizando unha estada de estudos no estranxeiro, polo que nesta ocasin foi Cayetana a que se encargou de recoller o galardn.