As universidades galegas dan un paso mis cara ciencia aberta asinando un acordo coa editorial cientfica Wiley
A licenza permitir que os investigadores, ademais de ler, poida publicar nas revistas do grupo
O sistema universitario galego segue dando pasos de cara a xerar unha contorna que aposte pola ciencia aberta. En concreto, o Consorcio Interuniversitario do Sistema Universitario de Galicia (CISUG), constitudo polas tres universidades e a Xunta de Galicia, participou activamente nos traballos que permitiron acadar o acordo transformativo entre Crue Universidades Espaolas‐CSIC e a editorial John Wiley & Sons. Este tipo de alianzas con editoriais cientficas teen como finalidade “transformar” o modelo de pago de licenzas por “ler” ao pago por “ler e publicar en acceso aberto”. Deste xeito, as universidades achéganse un pouco mis ao obxectivo final de publicar os resultados da investigacin cientfica en modo de acceso libre, contribundo as ao crecemento econmico, competitividade, innovacin, creacin de traballo e progreso da sociedade en xeral mediante un novo modelo de facer e difundir a ciencia (Open Science).
Ás universidades este acordo permtelles dispoer de acceso de lectura a todas as revistas cientficas de Wiley, ao tempo que impulsa o aumento das publicacins dos seus investigadores en acceso aberto. Ademais, estmase que habilitar o acceso aberto, eliminando o custo de APC (Article Procesing Charges), a preto das dúas terceiras partes dos artigos publicados polas institucins participantes nas revistas cientficas do editor con modelo de subscricin que ofrecen esta posibilidade coma opcin (Hbridas). O acordo estende a súa vixencia aos artigos que vaian a ser publicados en 2021 sempre que foran aceptados despois do 1 de xaneiro de 2021.
A Biblioteca Universitaria ser a encargada de xestionar as solicitudes e ofrece soporte e asesoramento. Nos vindeiros das estar dispoible unha gua que recoller as caractersticas deste acordo, o procedemento a seguir e os requirimentos para beneficiarse destas axudas. Mentres, calquera consulta poder dirixirse a accesoaberto.biblioteca@uvigo.es
