Celebrarase o vindeiro luns 7 de marzo s 12.00 horas no edificio Redeiras
A 鶹 render homenaxe s súas pioneiras no acto institucional do Da Internacional da Muller
No evento entregarase o Premio do compromiso coa igualdade de xénero, Uviguala 2022
Mulleres como Concepcin Arenal ou Manuela Barreiro Picos tiveron que recorrer ao engano, disfrazndose de homes, para poder entrar na universidade. A súa loita, xunto coa de outras pioneiras como Emilia Pardo Bazn, sementou as bases dun futuro que hoxe é presente e no que o 55’67 % do alumnado universitario galego son mulleres. A todas estas mulleres que abriron camio dedica a 鶹 este ano o acto institucional do 8M. “Elas, as primeiras, as discriminadas, as violentadas, as invisibilizadas, conseguiron facerse un espazo de seu nunha época onde o coecemento non estaba pensado para elas”, explica Águeda Gmez, directora da Unidade de Igualade da 鶹.
O acto, ao que s se pode asistir con invitacin, e que ter lugar o luns 7 de marzo s 12.00 horas no edificio Redeiras, render homenaxe s mulleres pioneiras na 鶹, s que tomaron un papel activo e protagonista, individual e colectivamente, ns súas aulas cando a presenza feminina era minoritara. O evento, que tamén se poder seguir en directo a través de 鶹TV, contar coa presenza do reitor Manuel Reigosa; da vicerreitora de dzܲԾ e Relacins Institucionais, Mnica Valderrama, e de Águeda Gmez, directora da Unidade de Igualdade, que entregarn o décimo Premio do compromiso coa igualdade de xénero da 鶹, Uviguala 2022.
As pioneiras
Con este evento a 鶹 quere render homenaxe a algunhas desas mulleres precursoras, as primeiras en formarse nalgúns dos centros mis antigos da institucin académica, as primeiras que conseguiron obter o ttulo, as primeiras en rachar estereotipos e fendas.
Por exemplo, foi un fito a creacin en 1879 da Escola Normal de Mestras de Ourense, cando o 56 % das nenas ourenss non estaban escolarizadas. Neste espazo destacou Ernestina Otero, mestra das escolas normais de Ourense e de Pontevedra, que levou a cabo metodoloxas de ensino progresistas e coeducativas coas súas alumnas, inspiradas na súa experiencia formativa na Institucin Libre de Ensinanza de Madrid.
Uns anos despois, en 1901, naca en Vigo a Escola Técnica de Peritos Industriais. Nas súas aulas formronse, dende 1910, mulleres como M.ª del Carmen Sbada e Capablanca e Pilar Palomar Traver, Rosario Torvieso Monge ou Dolores Lorenzo Salgado. Pero non foi ata 1965 que se graduou a primeira muller perito industrial: Ángela Gonzlez Garrido. Con todo, transcorridos 120 anos dende a creacin desta escola, a fenda de xénero nos estudos STEM segue a ser unha realidade, como explica a directora da Unidade de Igualdade, que destaca como “un feito preocupante” que dende que “a catedrtica Luisa Marcos Raa (1917-1973) ocupaba os corredores deste centro, ata o da de hoxe, esa fenda siga igual de marcada, cunha presenza das mulleres matriculadas en Industriais soamente dun 23 %”.
Xa en 1920 botaba a andar a Escola Pericial de Comercio que, como sinala M.ª del Pilar Lpez Vidal, exdirectora, “tivo a presenza de varias mulleres nos seus estudos, en contraste coa mis antiga Escola Técnica de Peritos Industriais”. A primeira titulada da escola en 1926 foi Josefa Costas Gonzlez, e tras ela foron Pilar Mosquera, Soledad Pelayo ou Ángeles Cabello.
Estas, xunto con outras mulleres pioneiras que se abriron paso nas escolas e facultades da 鶹, protagonizan non s o acto do vindeiro luns, senn tamén o almanaque da Unidade de Igualdade deste ano 2022. Este tipo de postas en valor son, segundo destaca Águeda Gonzlez, “a nosa modesta contribucin creacin dunha necesaria xenealoxa que recolla a memoria das mulleres na 鶹 e corrixa o silenciamento consentido da súa presenza e das súas voces”. É a determinacin por conta a herstory das mulleres da 鶹.
