DUVI

Diario da 鶹

Escrito por Xosé-Henrique Costas co apoio da ANL, presentouse este mércores en Redeiras

A Universidade recolle nun libro mis dun cento de refrns e 400 palabras que definen ‘A fala de Vigo’

Fronte ao ‘centro urbano castelanizado’ o volume defende a vitalidade do idioma nas parroquias

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Cultura
  • Lingua Galega
  • Cultura
D. Besado DUVI 13/11/2024

“Vigo é moito mis que o centro urbano castelanizado, Vigo é tamén Rors, A Falcoa, O Freixo, Moledo, Mide, Baruxns, O Carballal, Redomeira ou Marcosende, o Vigo de sempre onde o galego é anda a lingua habitual”. As de categrico se amosou este mércores o director do Departamento de Filoloxa Galega e Latina da 鶹, Xosé-Henrique Costas, na presentacin do seu último libro A fala de Vigo.Trazos diferenciais da nosa variedade dialectal, unha obra editada co apoio da Área de Normalizacin Lingüstica e na que se defende con rotundidade que na cidade mis castelanizada de Galicia é posible escoitar o galego pola rúa, en buses e mercados, en bares e tendas mais, sobre todo, nas parroquias.

Foi nun acto celebrado no edificio Redeiras no que Costas estivo acompaado pola vicerreitora de Extensin Universitaria Susana Reboreda, quen fixo referencia longa traxectoria do catedrtico vigués como ‘investigador e activista do galego’, polo que, “en canto nos chegou esta proposta 鶹, non dubidamos en darlle todo o noso apoio”.

Tal e como se explicou durante a presentacin, o libro naceu cando a asociacin de voluntariado lingüstico Faladoiros-Vigo lle encargou ao profesor Costas unha conferencia sobre A fala de Vigo. “A raz dos materiais e mapas elaborados para esa charla, valorouse a posibilidade de imprimir unha publicacin e facela chegar a todos os centros de ensino, asociacins veciais e culturais etc., para que a xente coecese por esta divulgacin cientfica como é o galego falado no Val do Fragoso”, explicou o docente, quen traballou durante algúns meses recopilando léxico diferencial vigués, as como refrns e frases feitas propias da contorna viguesa.

Centos de detalles caractersticos e exclusivos do falar de Vigo

O volume brese cun soneto a Vigo de Daro Xohn Cabana, continúa cun limiar dun “vigués de adopcin” como Xosé Lus Méndez Ferrn e arrinca coa descricin dos principais trazos fonéticos e morfolxicos do falar de Vigo. “A de Vigo é unha fala suroccidental galega, con todas as súas caractersticas macrodiferenciais: mia irmn, a man, as rans, as mans, gheada, seseo etc.”, explicou Costas.

Entre outra moita informacin sobre a fonética, fonoloxa e prosodia propia das diferentes parroquias do Concello de Vigo, a obra recolle un cento de refrns, frases feitas e locucins tpicas do galego falado en Vigo. Dende ‘dar en tolo’ ou ‘ir a Vigho por mirar Canghas’ ata ‘quen che dera piche pola costa de Peniche’, pasando por : a cabra co visio d cos cornos no cu / quen cala fode a quen fala / quen de novo foi bailador de vello dlle un xeitio etc., etc.

En canto ao léxico afondan nalgúns sufixos especiais (un peleiro / un pelo), As mesmo defnense arredor de 400 palabras de uso común en Vigo que raramente aparecen en dicionarios ou aparecen con outros significados, algunhas exclusivas de Vigo e outras comúns co suroeste de Pontevedra, incorporando tamén galicismos, anglicismos, xitanismos e castelanismos adaptados ao falar vigués. “Cando un vigués di que se aluga un baixo lbrego, non se refire a falla de luz como acontecera en calquera outro lugar galego, senn simplemente a que est totalmente baleiro, sen divisins”, exemplificou o docentes, quen fixo fincapé en que hai moitas palabras que son iguais, pero que teen unha significacin distinta.

Os exemplos de palabras ‘propiamente viguesas’ son múltiples. Chiflaso, Delourar, Fanado, Farioque, Ghaldrumeiro, Ghichar, Marmanxo, Marreca, Pello, Petouraso, Pisca-pisca… “En Vigo xogamos ao ‘pai-fillo-nai’ no canto de ao tres en raia, dicimos pelo no canto de mariola e prememos o pisca-pisca do coche no canto do intermitente”.

Concibida como unha obra de divulgacin, a pretensin é que o volume chegue a todos “os centros de ensino, asociacins veciais, deportivas, musicais e culturais, e a todas as persoas curiosas, que queiran saber mis de como se fala o galego de Vigo”.

Xa nas libraras a segunda obra de ficcin de Xosé-Henrique Costas

Ao marxe desta presentacin, esta semana chegou tamén s libraras o segundo libro da triloxa Banu Marwn: a estirpe do galego, a primeira obra de ficcin de Xosé-Henrique Costas, unha novela histrica que discorre na Galicia e na Hispania dos séculos VIII e IX.

Editada por Morgante -grupo Rinoceronte-, a narracin retoma o final do primeiro libro, Ao sur da liberdade, con Marwn, fillo de Ianes ‘O Galego’ acollido na alfama de Munt Sluti, onde emprende unha nova vida e acaba profesando o xudasmo. Despois dun revés da vida, Marwn segue camio ata Mérida e al, grazas aos seus contactos e súa habelencia, entra ao servizo da administracin amiral hispana e vai subindo na escala social ata chegar a ser nomeado val ou gobernador de Mérida, unha cidade adoito insubmisa e levantadiza contra o poder de Crdoba.

“Esta segunda entrega da triloxa dos Banu Marwn mergúllanos de cheo nunha sociedade marid hispana moi conflitiva e asemade conciliadora, onde a xente do pobo s persegue sobrevivir fronte s fortes presins dos poderosos e s tensin dos diversos grupos sociais, polticos, étnicos e relixiosos”, explica o catedrtico vigués, que fai fincapé en que a través das súas pxinas vanse mesturando sentimentos universais, omnipresentes en todos os tempos, que van da lealdade, ao amor, a amizade, o poder, a traizn, os intereses e comenencias, as crenzas relixiosas... “Son temas que van ganduxando este novo relato histrico dun clan galego en difcil equilibro nunha Hispania convulsa e inestable que se empeza a islamizar”, recalca o autor.