DUVI

Diario da 鶹

Pontevedra foi sede neste 2019 do tradicional concerto da institucin académica

A Universidade recibe o Nadal con músicas de diferentes épocas e orixes

A actuacin correu a cargo da Orquestra Sinfnica Vigo 430 e o trompetista Rubén Sime

Etiquetas
  • Estudantes
  • PAS
  • PDI
  • Pontevedra
  • Cultura
  • ú
  • Cultura
DUVI Pontevedra 18/12/2019

Ópera, música brasileira, zarzuela e ata unha composicin dedicada a estas datas de Nadal. ús de diferentes épocas e xéneros compartiron espazo no repertorio que a Orquestra Sinfnica Vigo 430 despregou na noite deste mércores no Pazo da Cultura de Pontevedra, no tradicional Concerto de Nadal da 鶹, que neste 2019 trasladou a súa celebracin a esta cidade. Baixo a direccin de Javier Alonso, 46 músicos protagonizaron un espectculo que contou coa participacin do reputado trompetista vigués Rubén Sime como solista e que reuniu varios centos de persoas no auditorio do Pazo da Cultura.

Entre as actividades recollidas no convenio de colaboracin que a Universidade asinou o pasado ano coa Orquestra Vigo 430 figuraba a celebracin deste Concerto de Nadal, que durante tres anos ira rotando a súa sede entre os diferentes campus da institucin académica. As, tralo concerto celebrado en 2018 en Vigo, chegou a quenda de Pontevedra, sede este mércores do tradicional concerto que busca cada ano promover a unin da comunidade universitaria nas datas previas ao Nadal. Organizado desde a Vicerreitora de Captacin de Alumnado, Estudantes e Extensin Universitaria xunto coa Vicerreitora do campus, o evento contou coa asistencia do reitor, Manuel Reigosa, e de gran parte do equipo de goberno da Universidade, xunto coas concelleiras de Promocin Econmica, Turismo e Universidade, Yoya Blanco, e de Benestar Social e Igualdade, Paloma Castro; ou o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil.

Un percorrido musical coa trompeta como protagonista

Estreado o pasado sbado, no concerto organizado polo Concello de Vigo que a Orquestra Sinfnica Vigo 430 ofreceu no Auditorio Mar de Vigo, o repertorio desta actuacin foi definido por Alonso, violoncelista e director da Banda de ú do Rosal, e o propio Rubén Siméo. Con s 12 anos, Sime gravou o seu primeiro disco e actuou como solista no Concerto de Nadal da Orquestra Sinfnica de RTVE, no Auditorio Nacional de Madrid, iniciando as a súa traxectoria como concertista internacional, que o levou a participar en actuacins por todo o mundo. 

Sime foi un dos protagonistas dun concerto con arranxos de Andrés Álvarez, que arrincou cun extracto da pera Gazza ladra, de Gioachino Rossini, para continuar logo co Concerto nº2 do compositor cubano Arturo Sandoval. A primeira parte da actuacin completouse coa interpretacin de Lela, a cancin na que Rosendo Mato puxo música aos versos de Castelao. O segundo bloque abriuse coa interpretacin de Carnaval de Venecia, do director de orquestra e trompetista Jean Baptiste Arban, tralo que chegou a quenda da cancin brasileira Tico Tico, de Zequinha de Abreu, e o momento de achegarse ao xénero da zarzuela, a través de La boda de Luis Alonso, de Gernimo Giménez. Nesta escolma de populares pezas de diferentes estilos houbo lugar tamén para My way, a cancin de Claude Francois que popularizou Frank Sinatra, que se viu sucedida por unha peza propia destas datas, Navidad en trompeta, do compositor costarriqueo Vctor Hugo Berrocal, pechando o concerto a interpretacin de La Virgen de la Macarena, de Charles Kofe. 

Impulsado no ano 2005, o proxecto Vigo 430 tia como obxectivo inicial crear unha agrupacin musical de calidade, formada na súa maior parte polas novas xeracins de músicos sados dos conservatorios galegos. Nos seus comezos, o seu traballo centrouse na creacin dun núcleo de orquestra de corda que, a partir do 2010 e co apoio do Concello de Vigo, sera o xerme da Orquestra Sinfnica coa que a Universidade deu esta noite a benvida ao Nadal.