DUVI

Diario da 鶹

A través do programa ‘Falamos’, que promover diferentes actividades lúdicas o vindeiro curso

Universidade e Concello de Pontevedra alanse para xerar novas e novos galegofalantes no campus

O 64% do alumnado pontevedrés defnese como "monolingüe en casteln"

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Cultura
  • Estudantado
  • Lingua Galega
  • Institucional
Eduardo Muiz DUVI Pontevedra 08/07/2020

O inicio dos estudos universitarios constitúe un momento de cambios para o alumnado, nos seus modos de vida, nas súas relacins persoais..., polo que tamén pode ser un bo momento para cambiar de lingua. Partindo desta idea, a 鶹 e o Concello de Pontevedra impulsan o programa Falamos, dirixido a potenciar o uso do galego entre o alumnado do campus de Pontevedra, tanto entre aqueles e aquelas que xa o empregaban previamente como entre mozos e mozas castelanfalantes. Un equipo de preto de 20 persoas, conformado por técnicos das dúas institucins, profesorado e estudantado do campus, traballa desde hai meses na definicin das diferentes iniciativas, fundamentalmente de carcter lúdico, que a partir de setembro se desenvolvern no campus ao abeiro deste programa, presentado este mércores polo vicerreitor do campus, Jorge Soto; o director da Área de Normalizacin Lingüstica da Universidade, Fernando Ramallo; e o concelleiro de Normalizacin Lingüstica, Alberto Oubia.

“Contribur o mximo que poidamos a visibilizar o uso do galego no mbito universitario” e, “fundamentalmente, incrementar a o uso da lingua galega entre a mocidade do campus” constitúen, como sinalou Ramallo en rolda de prensa, os obxectivos centrais dun programa xurdido iniciativa do Servizo de Normalizacin Lingüstica do Concello e acollido con “entusiasmo, pero tamén como un desafo” pola Universidade e a súa Área de Normalizacin Lingüstica (ANL). Non en van, subliou o seuresponsable, “os datos sobre o uso do galego na sociedade en xeral e na universidade en particular son o suficientemente preocupantes como para que creemos espazos deste estilo”, nun proxecto que busca “conectar a cidade e a Universidade a través da lingua”. Nese senso, Ramallo lembrou que o último estudo sociolingüstico realizado na 鶹, en 2018, apuntaba que o 64% do alumnado do campus pontevedrés “é monolingüe en casteln”, mentres que s o 18% das e os estudantes se definan como galegofalantes.

Incidindo tamén nestas cifras, o vicerreitor puxo o acento na importancia dun proxecto que “entronca directamente co ADN da Universidade e coas nosas lias estratéxicas”. Jorge Soto lembrou o papel que a institucin académica xoga na “defensa da nosa cultura a través da lingua”, vez que pua en valor que Falamos sexa un “proxecto construdo desde todos os mbitos”, que “vai conseguir que teamos unha mocidade mis concienciada cunha forma de entender o noso mis acada”. Oubia, pola súa banda, explicou que Falamos é “un programa no que levamos meses traballando”, xa que desde o mes de marzo sucédenseas xuntanzas, de carcter telemtico dada a crise da covid.19, dun grupo integrado por preto de 20 persoas, responsable de definir as actividades, como voluntariado, un curso de cocia ou concertos, que integrarn un programa que “agardamos que esta rematado para finais de agosto ou comezos de setembro para poder implantalo de cheo no novo curso”.

Espazos nos que xerar neofalantes

Como explicou Oubia, xunto ao nacemento dun fillo ou filla, a chegada universidade é un deses “momentos na vida nos que o cambio dunha lingua se volve mis sinxelo”, motivo polo que esta iniciativa, “centrada sobre todo no alumnado”, busca facilitar ao alumnado “un contexto, espazos e alternativas de ocio e de socializacin nos que poder atoparse coa lingua“. Con esa mesma idea, Ramallo subliou que o programa busca “espazos para a inmersin en galego”, tanto para aquelas persoas que o falan no mbito familiar e que “moitas veces cando chegan ao mbito universitario, mudan a súa lingua”, como a estudantes que nunca o falaron ou que o falan moi pouco. “Sabemos por diversos estudos que a universidade pode ser un lugar para esa conversin lingüstica, para iniciarse no uso do galego de forma habitual”, salientou o director da ANL, que incidiu na importancia que, dada a baixa porcentaxe de galegofalantes entre a mocidade, teen na actualidade as e os neofalantes, as como no papel “crucial” que neste eido pode xogar a universidade, “un espazo de esperanza para o galego”.

Un programa de carcter lúdico

Con ese obxectivo de fomentar o uso do galego na vida universitaria, pero tamén nas relacins sociais do alumnado, Falamos englobar unha serie de propostas que, “fundamentalmente teen que ver co ocio e o tempo libre, cunha compoente lúdica”, explicou Ramallo. Nese senso e pese a que o programa de actividades “anda est en proceso de elaboracin”, o director da ANL destacou que entre as propostas nas que se traballan atpase o “voluntariado lingüstico”, un curso de cocia, clubs de lectura, concertos, “quedadas para falar de cine ou de series” ou iniciativas nas redes sociais. Mais, engadiu, trtase dunha iniciativa “aberta a integrar propostas novas” e que é ademais froito do traballo conxunto dun grupo de traballo integrado “por xente con perspectivas moi diversas e heteroxéneas”.