DUVI

Diario da 鶹

O coleccionista Luis Sirvent protagonizou un coloquio na Facultade de Belas Artes

A universalidade da arte comeza no local

Na súa intervencin, incidiu na falta de estratexias para a promocin das e os artistas galegos

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Pontevedra
  • Arte
  • Cultura
  • é
Eduardo Muiz DUVI Pontevedra 18/02/2019

A falta dun maior apoio institucional, da existencia dun maior número de galeras, espazos expositivos ou coleccionistas e a falta de “estratexias de promocin” constitúen, segundo Luis Sirvent, algúns dos factores que inciden en que en Galicia existan “artistas magnficos” pero “totalmente descoecidos”. Este coleccionista de arte foi protagonizou na tarde deste luns un coloquio na Facultade de Belas Artes que centrou na súa propia experiencia e na súa aposta persoal por un “coleccionismo de proximidade”, do seu interese por coecer e adquirir traballos de artistas da súa contorna. “Unha persoa non é internacional por ter nacido en Berln, ou en Estocolmo”, salientou Sirvent neste coloquio no que incidiu en que “a universalidade comeza no local” e no que puxo o acento en que sern as estratexias de promocin as que contribúan a internacionalizar s e aos artistas.

A universalidade comeza no local. Cara un coleccionismo de proximidade. Un punto de vista era o ttulo desta actividade promovida pola profesora Almudena Fernndez Faria e o Departamento de Pintura, que se insire nunha serie de coloquios que esta docente promove cada curso no marco das actividades da materia Arte e contemporaneidade. “Todos os anos tentamos convidar a persoas relevantes dentro do sistema da arte en Galicia para que lles falen ao alumnado desde a súa experiencia profesional”, explica Fernndez Faria dunha iniciativa que a pasada semana levou facultade Chus Villar, da galera Nordés, e que este luns ten por primeira como convidado a un coleccionista. “É verdade que non é unha profesin, pero dende logo é unha actividade que implica unha responsabilidade social”, salienta Fernndez Faria, quen destaca a Sirvent como un “axente moi activo do sistema” artstico, como unha persoa “que fai un labor extraordinario de apoio aos creadores e s galeras”, vez que pon de relevo a súa “vocacin por compartir a súa importante coleccin” a través da cesin das súas obras a múltiples exposicins. 

Falta de promocin e apoios

Como a súa propia faceta de coleccionista “foi evolucionando e cambiando” ao longo das décadas “ata chegar a convencerme de que o meu lugar é o coleccionismo de proximidade” foi un dos aspectos abordados por Sirvent nun coloquio que, a partires da súa propia experiencia, permitiu falar tamén do propio momento que vive a arte en Galicia. O conferenciante lembrou nese senso como, inicialmente, súas adquisicins de arte estaban tamén vinculadas contorna, nunha época, previa década de 1990, na que “era complicado ter informacin, na que non haba case feiras nin catlogos”. Ser logo o desenvolvemento e extensin destas canles de comunicacin s que provocan nos e as coleccionistas “un entusiasmo de abrirnos a toda esa internacionalidade”, ao ser mis factible mercar “obras de autores tanto nacionais como estranxeiros”. Non obstante, esa profusin de informacin foi tamén que o levou a centrarse de novo nos creadores e creadoras mis prximos, xa que, apunta, “creaba unha especie de cegueira que non che deixaba estudar todo o que aconteca aqu en Galicia”. “Realmente, despois de estudar o que se est facendo fra, sen deixar de recoecer os traballos magnficos doutros artistas, vexo que a expresin das obras dos nosos artistas son tan boas como as dos outros”, engade este coleccionista, quen nese senso incide en que é a “falta de promocin, de estratexias” s que impiden unha maior internacionalizacin dos e as artistas galegos. “Non hai apoio institucional, cada vez temos menos museos, non hai case galeras, coleccionistas somos media ducia...”, engadiu este conferenciante para quen en Galicia existen “artistas magnficos, descoecidos totalmente fra e incluso tamén a nivel local”. 

Unha coleccin, un retrato 

"Sempre tiven moito interese pola imaxe visual e grfica”, sinalou Sirvent, quen lembrou neste coloquio como “aos 14 anos estaba xa visitando exposicins” e quen recoeceu como esa "ansia por ter unha obra que che emocionaba" rematou levndoo a dar forma a unha coleccin que, recoece, pode rematar constitundo, unha sorte de "retrato" del mesmo, xa que, explicou, "compro sempre a través do seu corazn, os meus impulsos, o meu xeito de entender a pintura”, o que leva a súa coleccin sexa “totalmente ecléctica e subxectiva”. As mesmo, con respecto ao papel que poden xogar as e os coleccionistas no sistema artstico, Sirvent lembrou que “mis coleccionismo supn mis vendas, mis sadas para os artistas e unha maior difusin”, de tal xeito que, apuntou, mis al da riqueza econmica que puidese achegar, esta actividade xera tamén “unha riqueza patrimonial, pola que teramos mis galeras e outros motivos para que a cultura se activase mis”.