DUVI

Diario da 鶹

A actividade desenvlvese de xeito virtual desde o pasado mes de setembro

Unha trintena de estudantes participan no curso de Didctica da Ficcin e Creacin Literaria

Nel adquiren técnicas de escrita narrativa

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Cultura
  • Cultura
DUVI Ourense 24/11/2020

Desde mediados do mes de setembro, a Facultade de Educacin e Traballo Social do campus de Ourense acolle, a través do Campus Remoto da 鶹, o desenvolvemento dunha nova edicin do curso de extensin universitaria Didctica da Ficcin e Creacin Literaria. Nel, unha trintena de alumnos e alumnas do centro aprenden, de xeito terico e prctico, a mellorar as súas capacidades literarias e narrativas.

A iniciativa est dirixida por Ana Iglesias, profesora do Departamento de Filoloxa Galega e Latina da 鶹, e Ramn Gutiérrez, profesor xubilado tamén da 鶹 e promotor do curso desde as súas orixes. A docencia corre a cargo deles dous e do escritor Xosé Carlos Caneiro. A pesar de estar aberta a matrcula a toda a comunidade universitaria, a trintena de persoas inscritas, apuntan desde a organizacin da actividade, responde a un perfil maioritario de alumnado de terceiro e cuarto curso tanto do Grao en Educacin Infantil como do Grao en Educacin Primaria do campus de Ourense. Tamén hai, engaden, algúns graduados e graduadas destas titulacins. “Pensamos que para o futuro profesorado tanto de Infantil coma de Primaria a escrita creativa é unha destreza interesante de adquirir”, indica Ana Iglesias.

Da teora prctica

“O obxectivo do curso é que os participantes melloren as súas técnicas de escrita narrativa, de creacin literaria”, explica Ana Iglesias. Para acadalo, detalla, combnase a formacin terica coa prctica narrativa. As, durante a primeira parte do curso a programacin incluu semanalmente dúas sesin de teora e unha de prctica e a segunda parte do curso est centrada na parte prctica. “É un curso enfocado principalmente a que os participantes desenvolvan competencias para a escrita creativa, polo tanto a prctica ten un protagonismo destacado”, comenta a profesora do campus de Ourense.

Na parte terica, o alumnado asistente familiarizouse coa singularidade da linguaxe literaria, as formas naturais de literatura e os elementos estruturais da narrativa, desde o argumento ata o dilogo. Entre os múltiples aspectos que se abordaron desde o punto de vista terico tamén estiveron a visin da historia no relato, o tratamento das emocins no texto narrativo ou a irrupcin do elemento fantstico na narrativa. Na parte prctica, as e os participantes estn a achegarse a aspectos tan diversos da creacin como o retrato, o dilogo, a ligazn dos recordos ou a configuracin de personaxes. Tamén poen en prctica a creacin a partir do remuo de ideas, a cohesin estrutural ou a coherencia da temporalidade, entre outros moitos aspectos.

Para que o alumnado dea o paso da teora prctica da creacin literaria, Ana Iglesias sublia como no curso se xoga co uso de estmulos, “convidando escrita a partir dunha imaxe, dun texto, dunha pelcula, etc”, “pedndolle aos estudantes, segundo a sesin que corresponda, que apliquen determinado tipo de técnica a partir dese estmulo”. A este tipo de cursos literarios, detalla a profesora, “xa soe acudir alumnado que lle gusta escribir e desde a primeira actividade que lles pedimos xa se veu que o nivel que tian era alto”. Porén, apunta, “si detectamos certas carencias a nivel técnico” que ao longo das sesins se estn traballando. “Trtase de que perfeccionen esas técnicas que lles van a axudar a mellorar os seus textos”, comenta Iglesias.

Ao remate do curso, para acadar o seu ttulo, as e os participantes teen que entregar un texto creativo de dúas pxinas como mximo escrito a partir dun inicio proposto polo profesorado. Á espera de poder avaliar esas achegas, desde a organizacin da formacin sublian como “estamos moi satisfeitos, tanto pola disposicin do alumnado como polo resultados acadados, a súa participacin nas actividades est sendo moi alta”. Ademais, engaden, a súa aprendizaxe ao longo do curso “ntase xa a nivel técnico e formal” nas súas creacins narrativas. Por último, destacan a boa resposta das e dos inscritos a pesar das dificultades, apuntan, que supn impartir este tipo de cursos de xeito virtual e non presencial, tal e como se fixo en anos anteriores.