DUVI

Diario da 鶹

Organizan, xunto coa Fundacin Denis Surez, o I Torneo Unigal 2025

As tres universidades galegas embrcanse na promocin do pickleball

A proba no campus de Vigo ser este xoves e venres, 27 e 28, no pavilln universitario

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Deportes
  • Deportes
DUVI 25/02/2025

O pickleball é unha modalidade deportiva de raqueta que combina elementos do tenis, pdel, bdminton e tenis de mesa. Cada vez mis popular, sobre todo nos EEUU, as tres universidade galegas embrcanse na súa promocin da man da Fundacin Denis Surez. Este martes, as catro entidades presentaron no campus de Vigo o I Torneo Promocin de Pickleball Unigal 2025, que arrancar esta mesma semana precisamente no campus olvico.

O pickleball pdese xogar de xeito individual ou por parellas e practcase nunha pista das mesmas medidas ca do bdminton. O éxito deste deporte, que nace na década de 1960 en EEUU como actividade para nenos e nenas, reside en que se trata dunha modalidade fcil de aprender e moi entretida, que se adapta ao nivel de cada xogador e, polo tanto, pode ser xogada por persoas de diferentes idades e condicins.

No acto de presentacin participaron Susana Reboreda, vicerreitora de Extensin Universitaria; Daniel Benavides, xefe de Servizo Provincial de Deportes de Pontevedra; Manuel Francisco Moya Garca, coordinador da Área de Deportes UDC; Gonzalo Brenlla Blanco, subdirector da Área Deportiva da USC; José Mosquera, presidente da Federacin Galega de Tenis; Fabin Núez, responsable da organizacin deportiva (TE-MA); e Loli Garrido, xerente da Fundacin Denis Surez.

A vicerreitora subliou a importancia de que as tres universidades cooperen no impulso do deporte universitario e fomenten os valores que teen en común, tamén coa Fundacin Denis Surez, coa que a 鶹 mantén un convenio de colaboracin dende o ano pasado. Todas as partes implicadas amosaron a súa satisfaccin por esta iniciativa que permite impulsar un novo deporte, que no caso da 鶹 xa est incorporado oferta de actividades, como aclaraba Reboreda.

Un deporte cmodo e moi social 

Fabin Núez, fundador da empresa TE-MA, organizadora do evento, detallaba que anda que o pickleball é un deporte pouco coecido Espaa, conta co respaldo da Federacin Galega de Tenis, que o incorporou aos seus Estatutos o pasado venres. Precisamente, o seu presidente, José Mosquera, lembraba que este deporte recibe o seu nome dun dos cans da familia do seu inventor, chamado Pickle, e pode definirse como unha especie de “tenis de mesa no chan con remate e volea do tenis” pero cunha pala e unha pelota “un pouco mis grandes cas do tenis de mesa”. Ademais, segundo o responsable de TE-MA, é un deporte “moi cmodo que se pode practicar en case calquera sitio e de forma dinmica e sociable” e que ademais non require destreza nin coecementos previos e se aprende con moita facilidade.

Pola súa banda, a presidenta da Fundacin Denis Surez subliaba que mis al do aspecto deportivo que ten este tour, o obxectivo é “aproveitar a vertente educativa que teen estas actividades para promocionar outros valores que compartimos coas tres universidades galegas”. Neste sentido, Daniel Benavides, xefe de Servizo Provincial de Deportes de Pontevedra, remarcaba “a importancia de unir as tres universidades” e de promocionar o deporte universitario, “que é unha materia pendente” na que cmpre seguir avanzando “porque o deporte nos une”.

O torneo, nos sete campus entre marzo e maio

O torneo presentado este martes desenvolverase nos sete campus galego entre esta mesma semana e comezos do mes de maio, con sete probas independentes entre si. Estn previstas dúas categoras que se disputarn por parellas: a absoluta, para calquera nivel e idade, e veteranos, para maiores de 35 anos. Cada parella poder inscribirse en mis dunha categora e en tantas sedes como queiran. O tour est aberto prioritariamente comunidade universitaria, pero tamén se poden inscribir alumnis e, de quedar prazas, calquera outra persoa allea s universidades.

No referido ao material, a organizacin dispor de pas e pelotas para prestar durante os encontros e actividades. 

Datas do torneo

O torneo arranca esta mesma semana no campus Vigo, con partidos os das 27 de 28 de febreiro no pavilln universitario en horario de ma e tarde, dende as 10.00 da ma. Despois do entroido retomarase a competicin en Ourense os das 13 e 14 marzo, en Pontevedra o 25 e 26 do mesmo mes, en Santiago o 1 e 2 de abril, en A Corua a semana seguinte, 7 e 8 de abril, en Lugo os das 21e 22 do mesmo mes e rematar en Ferrol os das 5 e 6 de maio.

As inscricins e consultas deben realizarse a través do 613784287 ou no correo electrnico organizacion.tema@gmail.com e estarn abertas para cada unha das sedes de xeito independente e ata o da antes de cada proba. A participacin é de balde.