DUVI

Diario da 鶹

Resultado da súa participacin nun curso na universidade Vilnius Tech

Tres estudantes de dzܲԾ Audiovisual gravan videoclips en Lituania

A iniciativa enfrontounos a un proceso de rodaxe que simulaba unha contorna profesional 

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • ATHENA
  • Cultura
  • Estudantado
  • Estudantes
DUVI Pontevedra 20/03/2025

Kikotia, Vejas e Iskorva son tres grupos musicais emerxentes lituanos, que nas últimas semanas estreaban novos videoclips realizados por equipos de estudantes de diferentes pases, entre os que se atopaban tres estudantes da Facultade de dzܲԾ da 鶹. Os alumnos Hugo Vila, Alberto Pérez e Laura Fernndez tomaron parte nesta iniciativa ao abeiro dun curso intensivo promovido pola Gediminas Technical University de Vilnius (Vilnius Tech), ao abeiro do programa Erasmus +, que levounos en primeiro termo a tomar parte nun programa formativo de carcter virtual, para logo participar en Lituania no proceso de rodaxe dos diferentes videoclips.

“O proxecto basebase en facer un videoclip con unicamente cinco tomas e música en directo”, apunta Alberto Pérez, que exerceu como operador de cmara, editor de vdeo e artista de efectos visuais no videoclip de Iskorva, no marco do que define como unha experiencia “extremadamente produtiva”, que compartiron con estudantes de Grecia, Paises Baixos e Letonia, as como da propia Vilnius Tech. “Coecer o proceso de producin dun videoclip era algo novo para min e a verdade é que pareceume moi interesante”, engade Laura Fernndez, responsable da posproducin de son na peza do grupo Vejas, na que traballou tamén na gravacin do son en directo, as como na producin creativa. Hugo Vila, pola súa banda, exerceu como director de fotografa e responsable creativo da gravacin realizada con Kikotia, na que traballou tamén como operador de cmara e na correccin de cor.

Unha experiencia formativa e profesional

Estes estudantes do Grao en dzܲԾ Audiovisual tomaron parte nesta rodaxe ao abeiro da terceira edicin da Winter School of Sound and Vision de Vilnius Tech, un curso intensivo combinado (BIP), no que participou alumnado de varias institucins socias do consorcio europeo de universidades Athena. Esta iniciativa brindou en primeiro termo formacin s e aos participantes, a través dunha serie de conferencias e talleres virtuais sobre iluminacin cinematogrfica, gravacin de son, rodaxe ou edicin. Estas sesins vanse complementadas súa vez por varias reunins virtuais co resto de integrantes dos diferentes equipos, co obxectivo de preparar a rodaxe, no marco dun proceso de traballo no que as e os estudantes deban enfrontarse tanto a anlise das cancins e definicin dos conceptos visuais dos futuros vdeos, como a posterior gravacin de imaxe e son en directo, cun fondo visual único para cada grupo, e a edicin final das pezas. “Dentro dos nosos grupos, debamos organizar os departamentos e fluxos de traballo pola nosa conta”, explica Pérez respecto dun proceso de traballo similar ao que implicara recibir a encarga “de facer un videoclip para un cliente” dentro dunha produtora, anda que contando neste caso coa asistencia do profesorado de Vilnius Tech nas diferentes fases do proceso. 

De feito, tras esta parte formativa, a súa estada en Lituania centrouse xa na gravacin das pezas, no que Pérez define como unha “especie de simulacro de videoclip profesional”, no que traballaron “ma, tarde e noite”, recoece. Nesa mesma lia, Fernndez destaca tanto o positivo de “ter a posibilidade de traballar man a man con persoas de distintos pases nun proxecto como este”, como o feito de que lles brindase “a oportunidade de colaborar cos músicos en certos aspectos da producin”. Ao mesmo tempo, o propio proceso de rodaxe e posproducin das pezas, recoecen, supuxo tamén unha oportunidade formativa, tanto polo feito de poder enfrontarse ao proceso de captacin de son “dun grupo enteiro en directo”, como poder contar co asesoramento de especialistas en fases posteriores, como a correccin de cor.