Nun ciclo organizado polo grupo de investigacin e-LITE os das 20 de febreiro e 6 e 13 de marzo
Tres escritores disertarn nunha 'Redeira Literaria' sobre a reescritura da historia
Os protagonistas son Ana Zamora, Borja Rodrguez Gutiérrez e Abel Caballero
A reescritura da historia ser o tema principal arredor do cal se artellar o ciclo Redeira literaria. Falemos de literatura que organizan en vindeiras datas docentes do grupo de investigacin da 鶹. Como explica a profesora Montserrat Ribao, os das 20 de febreiro e 6 e 13 de marzo o edificio Redeiras acoller s19.00 horas as disertacins de tres figuras ben diferentes do mundo literario: a directora de escena Ana Zamora, o novelista e investigador Borja Rodrguez Gutiérrez e o alcalde de Vigo e tamén escritor Abel Caballero.
En palabras de Ribao, estas tres figuras que conforman a Redeira, “ademais de seren creadoras, teen unha dimensin pública que, s veces, eclipsa o perspicaz da súa reelaboracin literaria”. Ana Zamora, que intervén este xoves 20, é Premio Nacional de Teatro en 2023 con Nao d'amores, “o que supn un merecido recoecemento ao seu traballo de moitos anos a prol da recuperacin do patrimonio teatral espaol”, salienta Ribao. Na súa intervencin falar sobre “a complexidade de adaptar o teatro prebarroco escena (e sensibilidade) actual e das disxuntivas s que se enfronta, como directora artstica, nesa tarefa”. O segundo convidado ser, o da 6 de marzo, Borja Rodrguez Gutiérrez, recoecido investigador da literatura dos séculos XIX-XX e presidente da Real Sociedad Menéndez Pelayo, de Santander. Como novelista, explica Ribao, “é autor de varios ttulos e disertar sobre dous deles (El traidor de la corte e Oscuro bajo los acebos), que recrean diferentes intrigas policacas nos tempos revoltos de Pedro I, o Cruel, e o seu medio irmn Enrique de Trastmara”. Abel Caballero, que clausurar o ciclo o 13 de marzo, “é ben coecido como poltico, pero ten tamén unha importante faceta como escritor. De feito, é autor de catro novelas que mesturan sempre a intriga e o suspense coa historia (a Idade Media e o Renacemento en La elipse templaria e El hombre que tena miedo al mar, respetivamente), co histrico (a guerra civil en El invierno de las almas desterradas; ETA en La puerta amarilla) e con Galicia. A partires delas, o alcalde de Vigo e novelista explicar o seu propio proceso creador, a unin da vida e da literatura”, explica Ribao.
Un ciclo arredor da reescritura da historia
Sobre a orixe deste ciclo, a profesora Montserrat Ribao, explica que “os integrantes do grupo de investigacin Ediciones y Estudios de Literatura Espaola, que organiza esta Redeira Literaria, temos intereses investigadores diversos: Antonio Chas Aguin é medievalista e experto en poesa de cancionero; José Montero Reguera ocúpase dos séculos XVI-XVII, con especial interese por Cervantes; e eu mesma dedcome literatura contempornea. Porén, os tres traballamos con obras que reescriben a historia e a converten en textos literarios con finalidades diversas”. Deste xeito, cando comezaron a preparar o cronograma de actividades do grupo para este ano, continúa Ribao, “propuxen aos meus compaeiros organizar un ciclo de conferencias xustamente sobre o tema común s nosas investigacins, a reescritura da historia, que, polo xeral, é un recurso para abordar o presente e as súas controversias coa prudente distancia que ofrecen os tempos xa pasados”.
Un ciclo nace con vocacins de continuidade
Esta ser a primeira edicin do ciclo, pero a docente sublia que Redeira é “unha actividade acada para a divulgacin literaria e agardamos ter unha boa acollida e asentar a nosa proposta, en prximas edicins, como un espazo para a conversa entre creadores e lectores”.
Respecto do público obxectivo, Ribao destaca que “o espectro é moi amplo” e agardan a asistencia de alumnado dos graos e posgraos da Universidade, en especial do mbito humanstico, pero tamén o alumnado sénior da 鶹, os egresados, "que seguen as nosas actividades a través das redes sociais, e, en xeral, calquera persoa interesada nos libros e nas historias da Historia que eles contan, recrean e reelaboran”.
O ciclo de conferencias Redeira literaria est financiado polo contrato-programa coa 鶹 acadado polo grupo Ediciones y Estudios de Literatura Espaola, e forma parte, as mesmo, do plan de transferencia do proxecto PID2022-136346NB-I00 do plan nacional, dirixido dende a 鶹.
