DUVI

Diario da 鶹

Trtase de Tania Álvarez (piragüismo), Marta Domnguez (squash) e Mateo Rodrguez (orientacin)

Tres deportistas da 鶹, ante o reto de asentarse na elite mundial

Foron os primeiros seleccionados nunha nova convocatoria de axudas da institucin

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Deportes
  • Estudantado
  • Deportes
Eduardo Muiz DUVI Pontevedra 06/03/2024

Participar en competicins internacionais e loitar por medallas é a mxima aspiracin de calquera deportista, un reto que require moitas horas de traballo e tamén dun esforzo econmico. Para axudarlles nese obxectivo, a Universidade de Vigo impulsaba por primeira vez no presente curso unha convocatoria de axudas para apoiar a deportistas universitarios de elite na preparacin de competicins internacionais oficiais, no mbito federado e universitario. Como recolle a súa convocatoria, estas axudas tian por obxecto apoiar aos universitarios e universitarias que durante o 2024 opten a participar en campionatos mundiais universitarios ou en competicins europeas e mundiais no mbito do deporte federado, e que súa vez contribúen “ proxeccin internacional dos valores e obxectivos propios da 鶹”. Cunha dotacin econmica de 1500 euros para un mximo de tres seleccionados e seleccionadas, os beneficiarios desta primeira edicin son tres estudantes da Facultade de Ciencias da Educacin e do Deporte. Trtase da investigadora predoutoral e piragüista Tania Álvarez, que en 2022 se proclamaba campioa do mundo na modalidade de maratn; da xogadora de squash Marta Domnguez, quen lograba recentemente o seu segundo campionato de Espaa absoluto; e do corredor de orientacin Mateo Rodrguez, quen suma dous subcampionatos de Espaa na categora de deportistas de ata 18 anos.

Un total de 16 deportistas de alto nivel optaron a unhas axudas destinadas “a financiar os custes de asistencia a competicins mundiais, europeas ou nacionais”, como sinalan desde a Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade. Para a súa concesin, a comisin avaliadora tivo en conta tanto os logros deportivos dos candidatos e candidatas nos anos 2022 e 2023, como o seu “proxecto deportivo de preparacin, avalado pola federacin correspondente”, para este ano.

O reto de volver ser campioa do mundo

Despois de sumar un bronce e dúas pratas no Campionato de Mundo de Maratn, Tania Álvarez Yates e a súa compaeira de embarcacin, Tania Fernndez, lograban en 2022 proclamarse campioas do mundo en K2 na distancia de maratn, un percorrido 26,2 quilmetros. O pasado ano, quedaron a s 43 centésimas de repetir ese ouro mundial que é precisamente o reto co que Álvarez encara a presente tempada. “Somos conscientes de que é un obxectivo ambicioso, pero alcanzable”, sinala a investigadora, que suma xunto a Fernndez, egresada da Facultade de Fisioterapia, sete medallas en campionatos mundiais e europeos. A estas engaden súa vez outra serie de éxitos como o “ansiado” ouro que lograron en 2023 no Descenso Internacional do Sella, tras moitos anos rematando segundas.

Álvarez Yates destaca como “unha iniciativa moi positiva” esta convocatoria de axudas da 鶹, xa que “para deportistas coma min, de modalidades non olmpicas, este tipo de apoios son moi importantes”. Como deportista de alto nivel, obtén axudas da Federacin Espaola de Piragüismo e da Xunta de Galicia, anda que nestas, lamenta, existe unha “fenda moi grande entre as modalidades olmpicas e non olmpicas”, as como da Deputacin de Pontevedra. “A vida do deportista non é fcil e anda menos se queres compatibilizala coa túa vida académica”, engade a kaiakista do CMCD Breogn, que compaxina as tarefas de investigacin para a súa tese de doutoramento e as súas obrigas como profesora na facultade cos adestramentos e competicins. “Sempre digo que a clave é a organizacin”, recoece, ao tempo que admite que “hai das complicados nos que hai que dar prioridades”. 

O obxectivo de situarse entre as 50 mellores do mundo

“Compaxinar os estudos do deporte non é doado, polo que esta axuda é un recoecemento ao noso traballo diario e un empuxe para participar en competicins”, engade Marta Domnguez, que afronta a súa terceira tempada no circuto profesional de squash. “Ser xogadora profesional nun deporte minoritario require dun esforzo engadido”, recoece unha deportista que ocupa actualmente o posto 62 no rnking mundial PSA. Para iso, lembra é preciso participar en torneos “por todo o mundo” e de a a importancia que outorga o apoio econmico que recibe tanto da 鶹 como de Consejo Superior de Deportes (CSD), Xunta, Deputacin, Concello de Vigo e Plan Social de Ence. 

Tras graduarse en Ciencias da Actividade Fsica e do Deporte, Domnguez Fernndez realiza este curso o mestrado de Profesorado. Uns meses antes, convertase na primeira estudante da 鶹 en lograr unha medalla no Campionato do Mundo Universitario de Squash. De feito, entre os seus obxectivos para 2024 figura tratar de mellorar o terceiro posto acadado entn no torneo que ter lugar en Surfrica, “xa que ser a última vez que poderei participar”. Alén disto, Domnguez iniciou o ano conseguindo a primeira das metas que se fixara, ao proclamarse campioa de Espaa absoluta por segunda vez o pasado 11 de febreiro. Por diante, quedan retos como tratar de subir ao podio no campionato de Europa, despois de rematar cuarta en 2022, ou volver participar no Campionato do Mundo, as como seguir sumando puntos de cara a mellorar a súa posicin no rnking PSA, coa meta de tratar de situarse entre as 50 mellores xogadoras do mundo. 

Facerse un oco entre os mellores de Espaa 

“A orientacin é un deporte ao aire libre que consiste en realizar un percorrido cronometrado seguindo unha serie de puntos, chamados balizas ou controis, no menor tempo posible, axudado dun mapa ou comps”, explica Mateo Rodrguez dun deporte que probou por primeira vez con once anos e do que destaca a combinacin dunha compoente fsica con outra “moito mis importante”, a cognitiva. “A partir de a comecei a ir a mis carreiras para seguir aprendendo e mellorando”, engade o deportista do club Aromon, que a pasada tempada lograba proclamarse subcampin de Espaa de orientacin en categora M18, tanto en distancia longa como en sprint, ademais de acadar nesta última o décimo posto no Campionato de Europa Júnior.

Rodrguez Daz afronta 2024 co “principal obxectivo” de clasificarse para o Campionato do Mundo Júnior, as como de rematar entre os tres primeiros nas tres distancias (longa, media e sprint) do Campionato de Espaa e no rnking da liga espaola. Faino tamén sendo consciente das dificultades que implicar compaxinar adestramentos e competicins cos estudos en Ciencias da Actividade Fsica e do Deporte que iniciaba en setembro, o que lévao a incidir na necesidade de “aproveitar o tempo ao mximo”, mais tamén a recoecer que haber momentos nos que “tes que dar prioridade aos estudos, xa que é o mis importante”. De a que incida en que axudas como a que lle outorga a 鶹 contribúen a “aumentar a motivacin e compromiso”, as como a “cubrir gastos como as viaxes a competicins ou o material de adestramento”, xunto s bolsas que lle conceden Xunta, Deputacin e Concello de Vigo e s axudas da Federacin Galega de Orientacin e do seu club.