A exposicin ‘La esencia caliente’ reúne na Sala X as obras de catro artistas de diferentes pases
Tralas pegadas do realismo sucio na arte contempornea
A mostra insrese na investigacin que Manuel Mata realizou para a súa tese de doutoramento
A ausencia do heroe, a irreverencia, a cotiandade, a autobiografa e a sinxeleza poden considerarse trazos definitorios do realismo sucio, un movemento literario xurdido na primeira metade do pasado século nos Estados Unidos e que tia entre os seus referentes a autores como Raymond Carver ou Charles Bukowski. Eses mesmos trazos definitorios caracterizan a producin artstica do estadounidense Dan Mathews, a chilena Lupe Pinar e os galegos José Batalln e Manolo Martnez, cuxas obras conforman La esencia caliente, a exposicin inaugurada este martes na Sala X. Comisariada polo estudante de doutoramento da Facultade de Belas Artes Manuel Mata, esta mostra colectiva constitúe un dos resultados da investigacin que desenvolveu para a súa tese e que centrou na busca de “referentes contemporneos do realismo sucio” na arte. Referentes como os catro artistas novosque seleccionou para esta exposicin, nacidos en 1992, ao igual que o propio comisario, que “pese a ofrecer discursos formalmente diversos presentan unha serie de trazos comúns que responden con coherencia aos marcados polo realismo sucio”.
Dirixida pola profesora Almudena Fernndez Faria, a tese La esencia caliente. Una interpretacin de los fundamentos del realismo sucio en el arte contemporneo busca “ofrecer unha revisin actualizada e razoada” deste movemento literario, “ademais de amosar que existen unha serie de preocupacins comúns, a nivel internacional, nos autores contemporneos”, explica o investigador. As, o obxectivo da mostraque poder visitarse na sala de exposicins do campus ata o 14 de febreiro é “dar corpo a teora desenvolvida durante os últimos catro anos”, a través dunha serie de obras que son tamén “exemplos prcticos” desta investigacin. Conformada por obras en moitos casos non expostas previamente, na inauguracin desta mostra Mata estivo acompaado polo decano de Belas Artes, Xosé Manuel Buxn, que salientou na importancia “darlle vida sala” con proxectos avalados “por todo o rigor dunha tese”; e polo director da Área de Infraestruturas do campus, José Mara Cancela, quen subliou “a aposta da Universidade polos novos valores”.
Textos, obxectos e imaxes
Caracterizadas pola presenza de elementos autobiogrficos ou a sinxeleza técnica, o conxunto de obras que integran esta exposicin permiten ver, como explica Mata, esas pegadas do realismo sucio en diferentes campos da arte contempornea, desde o traballo con obxectos de Batalln, s fotografas de Martnez ou o uso do texto nas creacins de Mathews e Pinar, cuxas obras preséntanse por primeira vez en Espaa. As, La esencia caliente reúne 52 obras textuais deMathews, un artista plstico “cuxas principais preocupacins son a narracin breve, a irreverencia, o desencanto e a utilizacin de elementos da cultura popular desde unha perspectiva marxinal en mundana”, explica Mata. O texto é tamén o piar de Ecuaciones narrativas, de Lupe Pinar, unha creacin nacida como libro de artista e que propn a “na desarticulacin dunha linguaxe matemtica”co obxectivo de “representar escenas cotis a través dunha estética tradicionalmente definida pola súa frialdade e obxectividade”, como seran as frmulas matemticas. Na exposicin preséntase tamén a serie Reza por m, integrada por 89 fotografas instantneas do pontevedrés Manolo Martnez, xunto coas instalacins de José Batalln, un artista galego que, como apunta Mata, “distnguese polo carcter ilegal implcito nas súas obras e a utilizacin de obxectos cotis como eixo do seu discurso”, como seran neste caso as culleres e chaves roubadas que emprega para dúas das súas creacins.
Investigacin e creacin
“Son admirador tanto dos artistas como dos escritores do movemento e quera dedicar a mia tese a algo que realmente me gustara”, recoece Mata que este venres defender na facultade unha investigacin que, explica, "recolle os fundamentos” deste movemento literario, “ofrecendo ademais un manual prctico para trasladalos a outros campos da arte contempornea". O investigador tratou para a súa tese de “atopar aos representantes contemporneos do realismo sucio”, intentando abarcar “todos os campos artsticos”, de tal xeito que os catro artistas que cederon a súa obra para esta exposicin remataron por converterse tamén nos “catro piares” desta investigacin.
De feito, nas entrevistas realizadas para a tese, os catro sinalaron a escritores encadrados neste movemento como influencias, aspecto no que coinciden co propio comisario, cuxa producin, tanto artstica como literaria, recoece, “parte dos mesmos principios”. Nese senso, Matacombinou nos últimos anos as facetas como investigador e artista coa producin literaria, recoecida o pasado ano co XIX Premio Gloria Fuertes de Poesa Joven polo seu libro El buen salvaje, publicado por Ediciones Torremozas. Xa no presente ano, Mata lograba nas últimas semanas o III Premio de Poesa Irreconciliables por Toda hora, que viu a luz este mes de mans de Editorial Cntico, e publicou tamén o libro de relatos El abecedario de una rosa (Editorial Dieciséis).
