DUVI

Diario da 鶹

Por primeira vez recibe unha mencin deste tipo un posgrao de CC Humanas e Sociais

Traducin para a dzܲԾ Internacional e Biotecnoloxa Avanzada, primeiros mestrados da 鶹 con mencin de excelencia da Xunta

Esta acreditacin avala o nivel académico e a solvencia cientfico-técnica destes estudos

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Calidade
  • Institucional
D. Besado DUVI 10/09/2021

En pleno parn das vacacins de vern chegou a noticia de que a Xunta conceda a súa Mencin de Excelencia ao Mster Universitario en Traducin para a dzܲԾ Internacional e ao Mster en Biotecnoloxa Avanzada, dous dos mestrados con mis demanda da institucin académica viguesa e os dous primeiros en conseguir unha acreditacin que avala o nivel académico e a solvencia cientfico-técnica destes estudos. "A postura institucional da Universidade non pode ser outra ca de satisfaccin, xa que das tres mencins de excelencia outorgadas este ano, dúas son para msteres da Uvigo”, explica o vicerreitor de Organizacin Académica e Profesorado Manuel Ramos, quen salienta que “o mérito correspndelle ao profesorado que imparte esas titulacins e s persoas que os coordinan, que reciben un xusto recoecemento polo bo labor que realizan e o elevado nivel de calidade que acadan na imparticin destas titulacins”.

A acreditacin, que ten unha vixencia de cinco anos e supn unha axuda econmica de 20.000 euros, pon de relevo, segundo destaca a Vicerreitora de Organizacin Académica e Profesorado, que a 鶹 é un referente no mbito humanstico, xa que o Mster en Traducin para a dzܲԾ Internacional é o primeiro do mbito das Ciencias Humanas e Sociais en conseguir unha Mencin de Excelencia, “o que nos satisfai especialmente dentro da aposta que como Universidade estamos facendo por estes estudos”. Por outra banda, tamén demostra que o modelo interuniversitario do Mster en Biotecnoloxa, “polo que apostamos claramente” funciona.

Yuste: “Non todos os das se outorga a excelencia a un posgrao en humanidades”

Desde o Mster en Traducin para a dzܲԾ Internacional a consecucin da mencin foi recibida con enorme alegra. “Conseguir este selo para o perodo 2021-2026 énchenos de orgullo e satisfaccin porque non todos os das se outorga o selo de excelencia a uns estudos de posgrao en humanidades e, moito menos, na nosa rea disciplinar, traducin e interpretacin”, explica o profesor José Yuste, coordinador deste mestrado, quen fai fincapé en que se trata dunha distincin de prestixio “única e pioneira en todo o territorio universitario do Estado espaol”.

Esta titulacin púxose en marcha no curso 2013-2014 e, dende entn, pasaron polas súas aulas arredor de 200 persoas. Foi sempre un mestrado cunha alta demanda, tanto desde dentro como desde fra das nosas fronteiras, sendo habitual a matriculacin de alumnado estranxeiro, “da India, de Portugal, de Francia, de Rusia, de China ou de numerosos pases de América Latina, entre outros”, explica o profesor Óscar Ferreiro, secretario da titulacin. Desde o punto de vista do coordinador, “a principal fortaleza reside na nosa xente”, destacando as a excelencia dos recursos humanos cos que conta o mestrado. Ademais do cadro de profesores que forma parte do persoal docente e investigador da 鶹, “temos a sorte de contar cun profesorado externo de longa experiencia profesional practicada a diario no mercado laboral da traducin e a interpretacin”, salienta Yuste.

Desde o punto de vista dos seus responsables gran parte do atractivo primordial desta titulacin reside tamén “no privilexio de poder completar a formacin en Traducin de videoxogos a través do Ttulo Propio de Especialista en Traducin para a Industria do Videoxogo, único no sistema universitario espaol e impartido por profesionais de recoecido prestixio dentro do sector da industria do videoxogo. “Un detalle que o di todo é que nesta 4ª edicin cubrronse todas as prazas ofertadas en menos de 24 horas”, recalca Yuste.

Cando decidiron concorrer a esta acreditacin descoecan que o selo supua tamén unha axuda econmica, pero animronse a facelo “polo mero feito de ter un aval de calidade por parte da Administracin de todo o traballo realizado. Neste sentido, na memoria que presentamos reflectimos un plan quinquenal de actuacin que xa pensabamos levar a cabo”, explica Ferreiro. Dous exemplos destas accins son , a posta en marcha dun congreso internacional de lingua, lingüstica e tecnoloxa e, pola outra, o compromiso de inclusin no mster dun mdulo vencellado directamente cunha formacin en emprendemento e autoemprego, “xa que é unha parte fundamental do futuro profesional do alumnado de traducin e interpretacin, onde se traballa maioritariamente de xeito autnomo”.

Gallego: “Desde o iniciofixemos unha firme aposta pola calidade”

O Mster en Biotecnoloxa Avanzada, de carcter eminentemente prctico e interdisciplinar, vense impartindo ininterrompidamente nas universidades de Vigo e A Corua desde o curso 2010-2011, sempre cunha alta demanda. “A taxa de ocupacin media é do 99,6%, o que implica que se cubriron practicamente todas as prazas ofertadas desde a súa implantacin”, explica o coordinador, o catedrtico Pedro Pablo Gallego, quen salienta que neste ttulo colaboran activamente mis de 95 institucins e empresas lderes nos mbitos sanitario, agroalimentario e ambiental.

“Desde o inicio do mestrado fixemos unha firme aposta pola calidade”, salienta o coordinador, quen fai fincapé na elevada demanda, insercin laboral e niveis de satisfaccin que estn a obter. “A insercin laboral dos nosos egresados e egresadas é superior ao 80% e o nivel de satisfaccin xeral é notable, tanto no estudantado como no profesorado e colaboradores externos”, explica o docente.

Ademais da súa aposta pola calidade, entre os puntos fortes da titulacin Gallego destaca a forte imbricacin do ttulo co sector biotecnolxico e a súa proxeccin mis al da fronteira galega. “Nos últimos seis cursos tivemos mis de vinte estudantes estranxeiros procedentes de 11 pases tanto comunitarios (Alemaa, Bélxica, Italia, Portugal) como extracomunitarios (Turqua, Arxentina, Ecuador, Brasil, Perú, Venezuela e República Dominicana). A eles hai que sumar ademais 21 alumnos procedentes doutras comunidades autnomas”.

S seis mestrados do SUG contan con esta distincin

Para a consecucin do selo tivéronse en conta aspectos xerais de ambos mestrados como a taxa de ocupacin, as entidades públicas e privadas que colaboran directamente, o procedemento de seleccin do alumnado, a porcentaxe de estudantado estranxeiro ou a existencia de titorizacin e mentorizacin individuais; as como cuestins relativas aos resultados (enquisas de satisfaccin, seguimento dos egresados no mercado laboral...), a estratexia (plan de xestin, melloras previstas...), o profesorado ou as estratexias de emprendemento.

Desde a 鶹 tamén se presentara a esta convocatoria o Mster en Comercio Internacional que, finalmente, quedou fra. “Para nos é un mster de referencia que tamén mereca o selo. A nosa idea é mellorar a proposta e conseguilo na prxima convocatoria”, explica o vicerreitor de Organizacin Académica. Polo momento a listaxe de mestrados que contan con este selo complétase co ttulo de Bioinformtica para Ciencias da Saúde impartido na Universidade da Corua, que acaba de recibir tamén a mencin, e outros tres mestrados das universidades da Corua e Santiago de Compostela, que o recibiran na anterior edicin.