DUVI

Diario da 鶹

O estudo contou coa colaboracin de 43 especialistas de Europa e EE UU

Unha tese realizada no seo do Laboratorio de Enfermidades Raras caracteriza as mutacins xenéticas causantes da hipertensin arterial pulmonar

O diagnstico é lento e, a da de hoxe, a curacin pasa polo dobre transplante de pulmns-corazn

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • پܱ
  • ú
  • Աپ
D. Besado DUVI 09/09/2022

“A hipertensin arterial pulmonar (HAP) é unha doenza cardiovascular rara na que as células das arterias precapilares pulmonares proliferan de forma anormal, o que provoca que aumente a resistencia vascular pulmonar, xerando estrés sobre o corazn e, en consecuencia, que o ventrculo dereito se agrande (hipertrofia cardaca dereita). Todo este proceso pode derivar, a medio-longo prazo, fallo cardaco dereito, que é a causa da morte na maior parte dos casos”. As describe o investigador Mauro Lago a HAP, doenza na que centrou a súa tese de doutoramento, un estudo realizado no seo do Laboratorio de Enfermidades Raras do Centro de Աپs Biomédicas, Cinbio, baixo a direccin da profesora Diana Valverde, directora do laboratorio, e na que contou coa colaboracin de 43 investigadoras e investigadores de Europa e Estados Unidos.

Con este estudo logrouse, por unha banda, coecer mellor a xenética desta enfermidade, ata o punto de chegar a caracterizar diferentes mutacins xenéticas como principal causa da doenza e, da outra, acadronse, a través do emprego de microARNs como biomarcadores, novos avances que facilitan a diagnose temper, un importante avance xa que, debido a que os sntomas iniciais son difusos e compartidos con enfermidades moito mis comúns, tarda de media dous anos en acadarse.

Con base xenética complexa, a doenza afecta maiormente a mulleres

A HAP ten en Espaa unha prevalencia de 1,5 casos por cada 100.000 persoas. Afecta maiormente a mulleres nunha ratio de 1,7:1 fronte aos homes. “Ten unha base xenética complexa, con mis de 16 xenes implicados con distintos niveis de evidencia, sendo o BMPR2 o mis importante”, sublia o investigador, ao que engade que a demora no diagnstico “repercute en que os doentes comezan a tratarse tarde e teen un peor prognstico (e calidade de vida)”, recalca Lago.

A da de hoxe a curacin pasa, “única e exclusivamente”, polo dobre transplante de pulmns e corazn, algo ao que non todos os doentes poden aspirar. No resto dos casos trtanse soamente os sntomas, “polo que, por norma xeral, a enfermidade segue progresando”. Malia a dificultade do tratamento, a esperanza de vida incrementouse bastante, pasando dos tres-cinco anos dende o comezo dos sntomas a mis de sete na actualidade, “polo que podemos dicir que a investigacin est a dar os seus froitos”, recalca o autor da investigacin.

Mutacins no xene TBX4, 2º causa mis común de HAP peditrica

Entre as conclusins mis relevantes do estudo destaca a caracterizacin das mutacins en TBX4, “a segunda causa mis común de HAP peditrica”. Atopouse que as mutacins neste xene poden producir a perda de funcin completa da protena ou unha ganancia de funcin. “Ademais, ao recrutar a maior cohorte de doentes con estas mutacins, puidemos, por primeira vez, facer correlacins xenotipo-fenotipo, o que nos permitiu analizar a supervivencia en funcin da localizacin das mutacins e da súa funcin”, explica Lago, resaltando que isto pode ter derivadas no posible tratamento dos pacientes, xa que, en funcin da localizacin da mutacin, o equipo médico poder coecer mellor a prognose e adecuar os tratamentos.

Por outra banda, a investigacin permitiu confirmar que a perda de funcin é o mecanismo principal das mutacins en TBX4, pero tamén se atoparon mutacins de ganancia, que era algo que non se agardaba e que abre novas vas para tratar os doentes con mutacins neste xene, “xa que agora sbese cales son os defectos a corrixir”. Ademais, analizaron tamén cales son as zonas crticas do xene e, de xeito pioneiro, contaron para facelo cunha cohorte de doentes grande abondo para poder comparar a súa supervivencia coa de doentes con mutacins noutros xenes, as como para ver cales son as caractersticas clnicas mis comúns nestes pacientes. “Desta forma describimos como as mutacins nas distintas rexins da protena producen HAP en idades mis tempers ou mis avanzadas, e como as mutacins na rexin de unin ao ADN teen unha peor supervivencia”, recalca o investigador, quen pon en valor o labor de Matina Prapa, que foi a médica encargada de recompilar toda a informacin clnica cos datos da funcionalidade.

De Vigo a Stanford pasando por Cambridge

Graduado en Bioloxa, Mster en Biotecnoloxa Avanzada e doutor en Bioloxa pola 鶹, Mauro Lago arrancou este estudo no Cinbio e conseguiu os primeiros avances significativos no laboratorio de Nick Morrell da Universidade de Cambridge, onde realizou unha das súas primeiras estadas internacionais como investigador. Agora, convertido xa en doutor, acaba de incorporarse ao laboratorio de Marlene Rabinovitch, na Universidade de Stanford, en Estados Unidos. Trtase dun equipo multidisciplinar e al o seu traballo centrarase en estudar os mecanismos moleculares da HAP. “Sigo traballando con TBX4 para descifrar o efecto que teen as mutacins na arquitectura do ADN, para o que, maiormente, combino transcritmica e epixenmica ”, explica o investigador, ao que engade que tamén colaborar noutros proxectos do laboratorio como a resposta ao fluxo turbulento en modelos de arterias impresos en 3D.

A idea inicial é realizar en Stanford unha estada de cando menos dous anos, pero é consciente de que, o mis probable, é que se prolongue. “Se todo vai ben espero ser capaz de volver a Galicia directamente ou, cando menos, a Europa”, onde agarda poder chegar a liderar o seu propio grupo de investigacin, anda que admite que nunca se sabe como pode derivar a traxectoria profesional, sobre todo nunha zona con empresas innovadoras potentes como é a baa de San Francisco. “Ao contrario ca en Espaa aqu as empresas compiten polos persoas que acaban de doutorarse e polas que estamos a facer o posdoutoramento ofrecendo salarios moi competitivos”, recalca o investigador.