DUVI

Diario da Âé¶¹¹û¶³

A XIII Miteu abriuse coa representacin de ‘A casa da forza’ por parte da aula da USC

O teatro universitario levanta de novo o pano en Pontevedra doce anos despois

As seguintes sesins sern protagonizadas polos grupos dos tres campus da Âé¶¹¹û¶³

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Cultura
  • Estudantado
  • Teatro
  • Cultura
DUVI Pontevedra 21/04/2022

Unha obra que propua unha reflexin sobre o feminismo e sobre a situacin da muller no século XXI abriu na noite deste mércores no Pazo da Cultura a XIII Mostra Internacional de Teatro Universitario (Miteu) de Pontevedra, que recuperaba a súa actividade tras doce anos de interrupcin. A Aula de Teatro da USC, unha das mis lonxevas de Galicia, foi a encargada de inaugurar este ciclo teatral promovido pola Vicerreitora do campus coa colaboracin do Concello. Fxoo coa súa montaxe A casa da forza, unha obra dirixida por Roberto Salgueiro e baseada nun fragmento do libro La casa de la fuerza, da dramaturga Angélica Liddell, que foi interpretada, nesta primeira sesin da Miteu, por un elenco conformado por Marta Casais, Inma Fernndez, Manuel Fernndez, Anta Gonzlez e Irene Penela.

Conformada por catro sesins, programadas todas elas para as 21.00 horas e con entrada gratuta, a Miteu continúa na noite deste xoves coa primeira das tres obras que tern como protagonistas aos e s integrantes das aulas dos diferentes campus da Âé¶¹¹û¶³. Hoxe mércores poder verse no Pazo da Cultura O parke do crepúsculo, do grupo Maricastaa, nivel 3 da Aula de Teatro do campus de Ourense. Con dramaturxia e direccin de Fernando Dacosta e inspirada nun libro de Paul Auster, trtase dunha obra que aborda a temtica da ocupacin a través das historias dun grupo diverso de persoas que convive nunha casa abandonada.

A actividade continuar a vindeira semana coa representacin, o mércores 27 de Emigrados, a cargo da aula do campus vigués. Dirixida por Casilda Alfaro e Sonia Rúa, trtase dunha obra construda a partir dunha serie de textos de diferentes autores, que teen como punto de unin unha reflexin sobre a emigracin. Por último, o xoves 28, este ciclo pecharase coa estrea en Pontevedra da primeira montaxe da Aula de Teatro do campus, Nosa seora das nubes. 13 dos e das participantes na actividade que no presente curso puxeron en marcha a Vicerreitora e a Concellara de Promocin Econmica e que tivo fronte ao responsable de Teatro de Ningures, Salvador del Ro, levarn a escena esta obra do autor arxentino Arstides Vargas, que reflexiona sobre a memoria e o exilio.