DUVI

Diario da 鶹

Con varios obradoiros nos que participaron medio cento de nenas e nenos vigueses

Suma e segue das actividades de Enxeara de Telecomunicacin para visibilizar as mulleres nas TIC

As alumnas representan o 20% do total da matrcula do centro e o obxectivo é incrementar esta cifra

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Vigo
  • Igualdade
  • Visitas
D. Besado DUVI 21/02/2025

Algo mis de medio cento de nenas e nenos vigueses visitaron este venres o campus para celebrar na Escola de Enxeara de Telecomunicacin o Da Internacional da Muller e a Nena nas TIC, unha iniciativa de sensibilizacin impulsada pola Unin Internacional de Telecomunicacins (UIT) destinada a fomentar as vocacins tecnolxicas nas nenas e mozas e a reducir a fenda dixital de xénero. A cita, que na 鶹 se celebra baixo o lema acostuma a celebrarse o último xoves de abril, pero por motivos de calendario dos colexios e da propia escola nesta ocasin adiantouse a este venres.

Coordinados pola profesora Soledad Torres, enlace de Igualdade da escola, e patrocinados pola Ctedra Indra-Uvigo en enxeara e tecnoloxa,  as nenas e nenos de 5º e 6º de primaria do colexio Javier Sensat asistiron a dous talleres de programacin e robtica dirixidos por alumnas e alumnos da escola, unha oportunidade para aprender a programar e para achegarse robtica e, ao mesmo tempo, e sobre todo, tomar conciencia, desde ben pequenas e pequenos, de que a tecnoloxa non entende de xénero, que todas e todos poden chegar a desenvolver con éxito unha carreira no sector das TIC.

De impartir os talleres encargronse un grupo de voluntarias e voluntarios da escola, con Laura Pardo cabeza, estudante de último curso. “Estou encantada de poder colaborar con Soledad e coa directora da escola, Rebeca Daz, na organizacin de todo este tipo de actividades”, explica a alumna. “No meu caso sempre tiven claro que quera estudar enxeara, na mia familia xa era unha titulacin coecida, ben Telecomunicacin,  ben ciclos superiores relacionados, polo que non tiven dúbidas”, salienta, ao tempo que engade que, pese a que “elas” son minora nas aulas nunca se sentiu en desvantaxe, “sempre tiven un apoio incondicional, tanto das mias compaeiras como dos meus compaeiros”.

‘Elas’ son o 20% do alumnado da escola, o 25% en primeiro

Na actualidade as alumnas representan o 20% do total de alumnado da Escola de Enxeara de Telecomunicacin, unha cifra que est en sintona coas diferentes estatsticas que amosan o baixo interese das mulleres para optar por titulacins universitarias relacionadas coas TIC e, en consecuencia, tamén no mundo laboral.

Desde a escola viguesa levan anos loitando contra esta realidade, organizando múltiples actividades de sensibilizacin, abrindo as súas portas ao alumnado de ensino primario e secundario e facéndolles ver que Elas Fan TIC, lema da xornada deste venres,  ou que Elas Fan CienTec, ttulo das celebradas o pasado da 11, por citar dous exemplos.

O traballo de sensibilizacin “empeza a dar os seus froitos”

Pinga a pinga, as cousas parecen que van cambiando, e este curso a porcentaxe de mulleres matriculadas en primeiro ascende ao 25% -37 de 143, inclundo a titulacin en espaol e en inglés-. Son catro puntos mis que o curso anterior – no 2023/2024 representaban o 21%- e cinco mis ca no curso previo -19% no curso 2022/2023-.

“Hai que seguir traballando, pondo en marcha accins de promocin da nosa titulacin con perspectiva de xénero, isto é, enfocadas a visibilizar o papel das mulleres nas TIC e a que as mozas se interesen por este mbito”, explica Soledad Torres, ao que engade que todos estes anos facendo promocin con perspectiva de xénero, aproveitando as datas sinaladas, parece que “empeza a dar os seus froitos”.