Entre eles destacan os irmns vigueses Maximino e Claudio Garca
Un seminario recupera a figura de varios editores galegos que tiveron un papel clave en Uruguai
A cita ser este xoves na biblioteca da EMAO, onde estn parte dos libros doados por Maximino Garca
“Son figuras representativas da emigracin galega en América Latina; pioneiros no pas de acollida pero tamén parte importante da historia desa Galicia que masivamente tivo que emigrar”. As describe a profesora e investigadora da Facultade de Filoloxa e Traducin Carmén Luna Sellés por que é importante recuperar a figura de persoas como Antonio Barreiro y Ramos (1851-1916), natural de Laracha (A Corua) , ou os irmns vigueses Claudio (1879-1949) e Maximino Garca (1882-1962), emigrantes galegos que foron pioneiros da edicin en Uruguai.
Para dalos a coecer este xoves vaise celebrar un seminario no que tres especialistas afondarn na súa figura. Ser na biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, “onde podemos atopar parte dos libros doados por Maximino, algúns dos cales estarn expostos, grazas amabilidade da direccin da escola e da súa bibliotecaria”, explica Carmen Luna, que ser unha das tres especialistas que vai participar nesta actividade xunto cos investigadores uruguaios Leonardo Guedes e Alejandra Torres, da Universidad de La República de Montevideo. Estes tres investigadores forman parte dun grupo de investigacin que traballa na historia da edicin en Uruguai. “Este grupo xurdiu coa nosa colaboracin no proxecto EDI-RED: Editores y editoriales Iberoamericanos (Siglo XIX-XXI) no que escribimos diferentes perfs de editores e editoriais uruguaias”, salienta Luna, ao que engade que a raz dese traballo pensaron na necesidade de colaborar para realizar unha investigacin conxunta sobre a historia da edicin en Uruguai e escribir o libro Una aproximacin a la historia de la edicin en Uruguay, equipo do que tamén formou parte Néstor Gutiérrez. “Alejandra e Leonardo decidiron realizar unha estada en Galicia para completar a súa investigacin posto que varios dos editores que estudamos son de orixe galega como é o caso destes tres editores”, recalca Luna.
O seminario est aberto a todo o público en xeral pero est pensado, sobre todo, para o alumnado do programa de doutoramento en Estudos Literarios da 鶹 e nel, ademais das figuras de Barreiro y Ramos e dos irmns Garca falarase tamén doutro editor galego, neste caso ferroln, emigrado a Montevideo: Francisco Vzquez Cores (1848-1914).
Xeracins de uruguaios empregaron os manuais de Vzquez Cores
Organizado polo grupo de investigacin Elicn (Departamento de Literatura Espaola e Teora da Literatura) e o Programa de doutoramento interuniversitario de Estudos Literarios, o seminario encadrar a figura destes emigrantes galegos no Uruguai de entre séculos, cando se produciu a transicin da publicacin en imprentas aparicin dos primeiros selos editoriais.
Neste contexto, destacarn o labor pioneiro en materia editorial de Antonio Barreiro y Ramos, fundador en 1871 da Librera Nacional e Francisco Vzquez Cores (1848-1914), nacido en Ferrol, creador en 1883 da Librera Universal. “Ambos inicialmente dedicronse venda de libros para dar paso despois edicin, impulsados, nun primeiro momento, pola demanda de libros do sector educativo que supuxo a reforma educativa de José Pedro Varela (1845-1979), que mudou o sistema educativo uruguaio, pasando de ser maiormente privado con formacin relixiosa, a transformarse nun sistema público, gratuto e laico, xestionado polo Estado”, explica Luna. Pola súa banda, Vzquez Cores, colaborador da reforma vareliana e tras anos no exercicio da docencia, detectou a necesidade e demanda de libros didcticos para o maxisterio, o que o impulsou a crear o selo editorial Librera Vzquez Cores, “que publicou fundamentalmente manuais escolares e cadernos de caligrafa que leron e usaron varias xeracins de uruguaios”.
O caso dos vigueses irmns Garca
No caso de Claudio Garca foi editor e libreiro, responsable do selo editorial que tamén deu nome s súas libreras, La Bolsa de los Libros. “Emigrou a Montevideo en 1894 con apenas quince anos, dedicndose nunha primeira etapa venda de libros novos e usados, fundando a partir de 1914 o selo editorial La Bolsa de los Libros: edicins de baixo custo para o mercado interno, buscando deste xeito incrementar o público lector”, explica a investigadora viguesa, ao que engade que a comezos dos anos trinta creou a emblemtica coleccin Biblioteca Rod, dedicada exclusivamente publicacin de autores uruguaios, en tanto que na Coleccin Cultura editbanse autores estranxeiros, clsicos e actuais.
Desde a organizacin do seminario explican que Maximino reuniuse co seu irm pouco despois e foi nesa primeira etapa cando o traballo de Claudio como conserxe da universidade os puxo en contacto directo co ambiente universitario e os libros. Anda que ambos irmns comezaron xuntos como libreiros a finais da primeira década do século XX, Maximino abriu na Cidade Vella a librera e papelera La Facultad, especializada en textos escolares e universitarios e na realizacin de traballos tipogrficos e litogrficos. “Posiblemente o feito de que Maximino abrise el so unha librera, independizndose do seu irmn, nesa data obedece oportunidade percibida ante o aumento da poboacin estudantil e a súa consecuente demanda de libros”, apunta Luna, quen engade que a finais da segunda década abrir outra sucursal baixo o nome de Librera Del Correo e o selo editorial Maximino Garca, editor, nalgunhas ocasins denominado Editorial La Facultad, destacando o seu labor de edicin das vangardas literarias uruguaias.
