DUVI

Diario da 鶹

A 鶹 uniuse este mércores celebracin do Da de Rosala de Castro

Sementes para ao futuro da lingua e a cultura galegas

Alumnado e profesorado de Educacin e Traballo Social realizou e soterrou unha cpsula do tempo

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Cultura
  • Cultura
DUVI Ourense 23/02/2022

Un ano mis, a 鶹 sumouse este mércores celebracin do Da de Rosala de Castro, conmemoracin posta en marcha pola Asociacin de Escritoras e Escritores en Lingua Galega coincidindo co aniversario do nacemento da escritora galega. O acto central tivo como escenario o campus de Ourense e nel alumnado e profesorado da Facultade de Educacin e Traballo Social elaborou e soterrou unha cpsula do tempo con materiais e pensamentos cos que quixeron vincular o pasado e o presente da lingua e a cultura galegas e lanzar unha mensaxe de futuro para elas.

Reflexin crtica e legado

O acto, que se desenvolveu na entrada da Biblioteca Rosala de Castro do campus, estivo organizado por profesorado da Facultade de Educacin e Traballo Social, concretamente por Isabel Mocio, Ana Iglesias, Xosé Constenla, Fernando Dacosta e Mercedes Gonzlez e nel colaboraron a Vicerreitora do Campus de Ourense, a Área de Normalizacin Lingüstica e a Biblioteca Rosala de Castro, ademais da propia Asociacin de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Ana Mara Torrado, directora de Área de Dinamizacin Cultural e Educativa e Integracin do campus de Ourense, salientou durante a celebracin que o Da de Rosala é unha oportunidade “para reivindicar a figura, o pensamento, a arte e a lingua” da escritora galega, destacando dela que foi “unha muller pioneira, que segue sendo tan vixente hoxe en da como o foi no seu momento e que segue sendo inspiracin para todos ns”.

Pola súa banda, Xosé Manuel Cid, decano da Facultade de Educacin e Traballo Social, subliou que “Rosala de Castro deulle a volta a este pas e un xiro coperniquiano lingua” conseguindo que o galego “pasase de ser satélite doutras linguas que dican que eran mis importantes, a ser para ns a lingua mis importante”. O decano salientou igualmente, s portas da conmemoracin do 8 de marzo, a importancia de “reivindicar o papel das mulleres na historia”, entre elas Rosala de Castro. En nome do colectivo organizador, Isabel Mocio explicou que a programacin deseada este ano “o que buscou foi sobre todo a reflexin crtica, a lectura de Rosala desde a perspectiva do presente, ollando cara o pasado pero tamén marcando o reto de mirar para o futuro”. As, apuntou, peduselle ao alumnado do centro “que lera a Rosala, o noso pasado, desde o seu presente pero pensando nas xeracins que van a vir”. A conmemoracin deste Da de Rosala, comentou a profesora da 鶹, “supn unha oportunidade para facérmonos esa reflexin crtica do que somos, de onde vimos e cara onde imos, tanto individualmente como colectivamente”. Esa reflexin, engadiu, é extensible ao alumnado do centro, “futuras e futuros mestres chamadas e chamados a transmitir o legado cultural, a educar para o futuro s novas xeracins”.

Manifesto, lecturas, música e cpsula do tempo

O acto arrancou, como xa é tradicin, coa lectura do manifesto feito para a ocasin desde a Asociacin de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e lido pola profesora Mar Fernndez. Nesta edicin, o texto foi redactado pola escritora Beatriz Maceda Abeleira e levou por ttulo Pensar[te] libre, partindo das palabras de Rosala de Castro: “eu son libre. Nada pode conter a marcha dos meus pensamentos, e eles son a lei que rexe o meu destino”. Nel, Beatriz Maceda salienta que “alimentamos a realidade do noso pas a través da nosa lingua e das palabras que envolven a nosa diversidade social e cultural. Pensrmonos na lingua de nosoutras é manter, transmitir e dignificar quen somos. E esta é a forza que atopamos en Rosala de Castro: recoecérmonos como pobo forte, unido na nosa lingua”. Non hai nada mis poderoso, recolle o manifesto que se puido or no campus de Ourense, “que as voces legadas polas nosas devanceiras, para arrodear os sentires, as emocins, a rebelda, a liberdade dese pensamento sobre o que ninguén pode mandar”.

Tras este manifesto, alumnado de Educacin e Traballo Social deu lectura a poemas da escritora galega homenaxeada e a pensamentos por elas e eles elaborados tomando como inspiracin eses poemas de Rosala de Castro. Os pensamentos propostos polo alumnado e por persoas que quixeron deixar os seus en Instagram e nunha rbore de cartn ubicada na entrada do Edificio de Ferro, foron gardados nunha cpsula do tempo chamada Sementes para ao futuro que foi enterrada no acto. Nesa cpsula tamén se gardou unha antoloxa poética de Rosala de Castro feita pola creadora Teresa Candal, un xornal do da de hoxe, un euro, unha mscara e sementes de plantas de horta e de rbores froiteiras proporcionadas polo Sequeiro de Carballo (Consellara do Medio Rural) e Mim (horta ecolxica de Meire, Allariz). Estes elementos foron escollidos artellando un discurso entre o pasado, o presente e un futuro de sostibilidade e de esperanza, tamén para a lingua e a cultura galegas. A caixa foi soterrada ao pé do camelio que hai na entrada da Biblioteca Rosala de Castro e a súa chave entregada Vicerreitora do Campus de Ourense coa idea de que sexa aberta no ano 2063, cando se cumprirn 200 anos da obra de Rosala Cantares Gallegos.

Para rematar este da grande de Rosala de Castro tivo lugar unha intervencin musical da profesora Luca Casal e alumnado de segundo curso do Grao en Educacin Primaria, acompaados polo gaiteiro Gonzalo Abelairas. A programacin continuar no campus de Ourense o 24 de febreiro, s 19.30 horas, cun concerto do seu coro universitario, da súa aula de gaita e do grupo formado pola profesora Luca Casal e alumnado de segundo curso de Educacin Primaria.