DUVI

Diario da 鶹

A mostra ‘Arredor da casa’ amosa obras de 15 creadoras

Unha seleccin de fondos da Sala Alterarte exponse no Festival de Fotografa da Corua

Estar na Fundacin Luis Seoane ata o 8 de decembro

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Arte
  • Cultura
  • Cultura
DUVI Ourense 15/11/2019

Baixo o ttulo Arredor da casa. Miradas de mulleres na Coleccin Alterarte, unha seleccin de fondos da Sala Alterarte, o espazo expositivo do campus de Ourense, exponse desde este venres no Festival de Fotografa da Corua (Ffoco). A mostra, que est na Fundacin Luis Seoane ata o 8 de decembro, amosa a obra de 15 artistas que nalgún momento expuxeron na sala ourens e que doaron a ela algunha das súas pezas.

A exposicin, que se inaugura este venres s 20.00 h, celébrase no marco da terceira edicin de Ffoco, un festival que, indican desde a organizacin da mostra, “tenta seguir ampliando as perspectivas sobre o medio fotogrfico”. Neste contexto, Arredor da casa. Miradas de mulleres na Coleccin Alterarte, explica Enrique Lista, comisario da exposicin, recolle diversas miradas de autoras representadas na coleccin construda a partir da actividade da Sala Alterarte, dedicado a amosar propostas de artistas emerxentes, moitas delas tituladas na Facultade de Belas Artes do campus de Pontevedra.

Concretamente, a mostra conta con obras de Lidia Alonso, Mara Covadonga Barreiro, Mara Blanco, Mnica Cabo, Mar Caldas, Marta Cervio, Olaia Fernndez, Julia Ferrads, Melania Freire, Maya Kapouski, Anna Katarina Martin, Sheila Pazos, Ana Pérez-Quiroga, Mara Prada e Sara Sapetti. O criterio de seleccin de obras fotogrficas dentro desta coleccin, indica o seu comisario, “non precisou ser forzado para favorecer a representatividade feminina, pois feminina é tamén a autora da maiora desas obras, e tampouco resultou forzada a definicin dun eixo temtico, pois tamén a maiora desas imaxes xiran en torno aos espazos domésticos, aos obxectos cotins e s vidas privadas”. “Lonxe de supoer isto un pregamento ao marco dos roles femininos socialmente asignados, brese un terreo de propostas que poen en cuestin eses mesmos roles”, afirma Enrique Lista.