DUVI

Diario da Âé¶¹¹û¶³

O campus acolleu unha mesa redonda con este obxectivo

Seis mulleres para visibilizar o talento feminino no sector aeroespacial

Organizada pola Escola de Enxeara Aeronutica e do Espazo e a asociacin Ellas Vuelan Alto

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Igualdade
  • TIC
  • ´¡³¦²¹»åé³¾¾±³¦²¹
DUVI Ourense 13/06/2025

A Escola de Enxeara Aeronutica e do Espazo do campus de Ourense e a delegacin en Galicia da asociacin Ellas Vuelan Alto organizaron este xoves pola tarde a mesa redonda Quen son as mulleres que fan voar Galicia? O seu obxectivo foi dar visibilidade ao papel da muller no sector aeronutico e aeroespacial en Galicia, pr en valor o talento feminino na industria aeroespacial, fomentar o intercambio de ideas e xerar referentes que inspiren s novas xeracins. 

O evento estivo presentado por Nieves Lorenzo, directora da Escola de Enxeara Aeronutica e do Espazo da Âé¶¹¹û¶³, e moderado por Silvia Vela, directora de Expansin da asociacin Ellas Vuelan Alto. Contou coa participacin de Margarita Ardao, directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial da Xunta de Galicia; Vanesa Argibay, responsable de Mrketing e Estratexia en UARX Space; Eunate Baales, analista programadora en Telespazio Ibérica; Mara de la Luz Gil, profesora da Universidade de Santiago de Compostela, e Lidia Gmez, xefa de Proxecto en Centum. 

Ellas Vuelan Alto é unha asociacin de profesionais fundada en 2018 por mulleres vinculadas ao sector da industria aeroespacial e o transporte aéreo co obxectivo de visibilizar o labor das mulleres no sector aeroespacial en Espaa, as como fomentar a igualdade en todos os mbitos. A súa misin é actuar en beneficio da visibilidade e consolidacin da muller no sector aeroespacial en Espaa, abarcando o mbito poltico, universitario, empresarial e a administracin, e tomando como base a visin de igualdade da Carta Magna das Nacins Unidas. Conta cun equipo de socias colaboradoras en distintos puntos de Espaa, entre eles Galicia, que traballan nesa misin de visibilizar o talento feminino no sector aeroespacial.