Nun concerto que se celebrou na sede do RC Celta
Salustiano Mato pon fin súa etapa fronte da 鶹 arroupado polas cantigas do Pergamio Vindel
Coa participacin entre outros de Uxa, Roi Casal, Abe Rbade ou Yolanda Castao
“Hai quen di que a gratitude en silencio carece de valor real”. Por este motivo, o reitor en funcins, Salustiano Mato, despediuse este martes do cargo cun concerto dedicado s cantigas de Martin Codax para expresar o seu “agradecemento por ternos acompaado ao longo dos últimos oito anos”. A algo mis dunha semana da toma de posesin de Pachi Reigosa como reitor, que se celebrar o da 8 de xuo, Mato decidiu recorrer ao Pergamio Vindel, un dos principais fitos do seu segundo mandato, para dicir adeus ao cargo de reitor, que exerceu dende 2010. Nomes destacados da música galega como Uxa, Roi Casal, Abe Rbade, Eladio Santos ou Yolanda Castao foron os encargados de poer voz s sete cantigas de Martin Codax que compoen o pergamio, nun concerto que tivo lugar na nova sede do RC Celta de Vigo na rúa Prncipe.
Esta actuacin “é unha mostra do agradecemento do equipo de goberno” e recolle a colaboracin desinteresada de destacados artistas “que permite que a xoia do Vindel chegue non s a verse a través dos artistas ou a lerse a través dos poetas, senn tamén a escoitarse a través dos músicos”, sinalaba Mato. O reitor en funcins quixo agradecer o apoio “da comunidade universitaria, do resto do equipo de goberno e todos e todas os que fixeron posible que sexamos o que somos agora” e tivo palabras tamén para “todos os que nos acompaastes de distintas institucins, empresas, asociacins culturais e veciais e amigos e amigas”. Referiuse con especial agarimo ao RC Celta, lembrando “o grito Campus do Mar Xa! en Balados en 2010 con 20.000 voces falando ao mesmo tempo”.
Sete voces e sete estilos para cantar o Pergamio Vindel
Dende a lrica medieval ata o pop ou o rock, artistas como Uxa, Roi Casal, Abe Rbade ou Eladio Santos interpretaron as súas propias versins das sete cantigas, que se recollen un Cd que acompaa a un número especial da revistas Gallegos sobre o Pergamio Vindel. A cantiga primeira, Ondas do Mar de Vigo, correu a cargo de Roi Casal abrindo o recital. Tras el, Uxa subiuse o escenario para dar vida segunda cantiga, Mandad’hei comigo, e Eladio Santos para a terceira, Mia irmana fermosa, treides comigo. O grupo Martin Codax musicou a cuarta cantiga, Ai Deus! se sab’ora meu amigo, mentres que a quinta, Quantas sabedes amar amigo, correu a cargo de Alejo Amoedo e Susana de Lorenzo. Para as dúas últimas pezas os artistas convidados foron a poeta Yolanda Castao, que recitou Eno sagrado, en Vigo e Abe Rbade, que tocou ao piano a derradeira cantiga, Ai ondas que eu vin ver. Todos eles puxeron o punto final ao concerto volvendo a interpretar, pero de forma conxunta e unindo diferentes estilos e maneiras de entender a música, Mia irmana fermosa.
Ao concerto asistiron destacados persoeiros da vida poltica, econmica, social e cultural de Galicia, como o presidente o Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices; a voceira nacional do BNG, Ana Pontn; a delegada do Estado na Zona Franca, Teresa Pedrosa; o delegado da Xunta en Vigo, Ignacio Lpez-Chaves; o deputado provincial de Cultura, Xosé Leal ou o vicepresidente do RC Celta, Pedro Posada. Algúns deles tiveron palabras de valoracin sobre o fito da presencia do Vindel en Vigo e sobre a etapa que remata de Mato ao fronte da Universidade de Vigo. O pintor Antn Lamazares, que participou no número da revista Gallegos, amosouse “moi contento” de ter colaborado coa Universidade, “todo o que sexa axudar cultura est ben e o Pergamio Vindel e a súa exposicin en Vigo era algo necesario” para poer en valor o mundo medieval. Miguel Ángel Santalices, presidente do Parlamento galego, tamén fixo fincapé na estada do Pergamio en Vigo, “que marcar un antes e un despois para Galicia”. Quixo tamén reivindicar “como ourensn que son” o Campus da Auga, “unha mostra da aposta deste equipo de goberno polo campus de Ourense e pola provincia”. Teresa Pedrosa, delegada do Goberno na Zona Franca, foi outra das convidadas a este concerto, e valorou tamén moi positivamente “os seis anos nos que coincidn con Salustiano Mato, a Zona Franca non podera ter abordado a maiora dos proxectos vinculados innovacin e transferencia sen o apoio decidido da Universidade, unha alianza estratéxica que espero que continúe co novo equipo”.
