‘Docs del Mes’ retoma a súa programacin o vindeiro luns con ‘El secreto del doctor Grinberg’
Retorna a cita mensual co cinema documental
Con novas proxeccins o terceiro luns de cada mes
Desde 2018 e da man da Vicerreitora do campus, Pontevedra é unha das 70 localidades de Espaa inseridas na programacin de , un ciclo de cinema documental que, co inicio do novo curso, retoma a súa programacin o vindeiro luns 19 na Casa das Camps con El secreto del doctor Grinberg. Dirixido polo director e guionista Ida Cuéllar, trtase dun documental que acumula unha decena de premios e seleccins para festivais internacionais desde a súa estrea en 2020 e que é o resultado dos sete anos que Cuéllar dedicou a investigar a desaparicin, en 1994, do doutor mexicano Jacobo Grinberg, “especialista no estudo da telepata”, segundo sinala a promotora de Docs del Mes. Con estrada libre ata completar aforo e programada para as 20.00 horas, esta proxeccin verase continuada pola exhibicin de novos documentais os terceiros luns de cada mes na Casa das Camps.
As, o 24 de outubro proxectarase na Vicerreitora o documental britnico Rebellion, no que as directoras Maia Kenworthy e Elena Snchez Bellot afondan nas orixes de Extinction Rebellion, “un grupo de accin directa contra o cambio climtico”, como destacan desde a empresa promotora deste ciclo de cinema. “O movemento ecoloxista viu como no 2018 emerxa un novo colectivo que apostaba pola accin directa e a desobediencia civil”, salientan deste movemento, cuxas orixes e evolucin amsanse por primeira vez nun documental seleccionado para unha decena de festivais e que neste 2022 protagonizou a proxeccin inaugural do festival de cine Human Rights Watch de Nova York.
Uns mes mis tarde, o 21 de novembro, poder verse en Pontevedra Querida Sara, o primeiro documental da barcelonesa Patricia Franquesa, que se presenta como “un emotivo retrato de Sara, a primeira taxista de Afganistn, unha muller poderosa que rompe as barreiras patriarcais”, vez que como “un testemuo dunha realidade que xa non existe”. Finalmente, Docs del Mes pechar a súa programacin de 2022 o 19 de decembro con Karaoke Paradise, un documental do cineasta finés Einari Paakkanen, presentado como “un percorrido por unha Finlandia escondida”, que afonda na “paixn” existente neste pas polos karaokes.
