DUVI

Diario da 鶹

Nunha xornada celebrada este venres na Facultade de Ciencias Xurdicas e do Traballo

Representantes do mundo académico, empresarial e sindical analizan o auxe das TIC e os seus efectos no eido laboral

Segundo o presidente do clúster en Galicia, neste sector non existe desemprego

Etiquetas
  • Estudantes
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • Congresos e xornadas
  • TIC
  • Universidade e empresa
  • Transferencia
M. Del Ro DUVI 18/06/2021

Automatizacin de procesos, dixitalizacin, virtualidade, teletraballo... o tecido produtivo, e consecuentemente o mercado laboral, est a mudar polo impacto que nel teen as TIC, unha sucesins de transformacins que semellan van conflur nun cambio de paradigma. Para analizar o impacto deste procesono eido laboral, a Facultade de Ciencias Xurdicas e do Traballo acolleu este venres unhas xornadas organizada polas profesoras Emma Rodrguez e Belén Fernndez, da Área de Dereito do Traballo e da Seguridade Social. O evento contou coa participacin de representantes da empresa privada,dos sindicados, da administracin e do mundo académico, reunidosen varias mesas redondas ao longo do da.

A todas e todos eles déronlles as grazas as organizadoras e o decano da facultade, Francisco Torres, que remarcaba no acto inaugural que este tipo de xornadas poen en valor a transferencia do coecemento universitario e serven para que “nos fagades chegar as vosas necesidades”, xerando “nun verdadeiro foro de debate para atopar solucins a algo tan candente como son as TIC e o seu impacto na contorna laboral”. Torres tamén quixo poer en valor o traballo do grupo de investigacin de Dereito Laboral, unha “referencia sempre vangarda” e agradeceulles a organizacin deste tipo de xornadas.

Pola súa banda, as organizadoras sinalaban a necesidade de abordar esta temtica, xa que “o cambio de ciclo propiciado pola pandemia, xunto co recoecemento xeral das eivas das reformas laborais recentes, propicia que dende instancias diferentes se estean lanzando propostas estruturadas de reforma do mercado de traballo”. O que teen en común todas elas, destaca, é que poen de manifesto a importancia da intelixencia artificial e as TIC no eido das relacin laborais. En concreto, Emma Rodrguez referiuse ao Programa de Europa Dixital, que pretende acelerar a transformacin dixital da economa, a industria e a sociedade europeas.A docente puxo o foco en aspectos como “o crecemento intelixente con calidade, competitividade e ciberseguridade” e na fenda de xénero dixital, consecuencia do afastamento constante e crecente das nenas respecto dos estudos tecnolxicos ou STEM, que se traduce en “segregacin profesional, menores salarios e pobreza feminina”. Tamén puxo sobre a mesa o dereito ao descanso ou desconexin e o dereito informacin sobre intelixencia artificial.

Un sector en constante crecemento

A primeira mesa redonda da xornada abordou a situacin do sector TIC en Galicia. Moderada pola profesora Belén Fernndez Docampo, contou coa participacin de Javier Martnez Torres, profesor do Departamento de Matemtica Aplicada da EE de Telecomunicacin da 鶹; Antonio Rodrguez del Corral, presidente do clúster TIC Galicia e representantes de UXT, CIG e CCOO.

Rodrguez del Corral foi o encargado ofrecer unha panormica do sector, “un dos de maior crecemento, moi por riba da media do PIB de todos os pases”. Esta é unha tendencia “alta e constante” consecuencia dun “cambio da maneira de traballar en todo o mundo, onde a maquinaria tradicional est perdendo importancia en todos os segmentos, dende automocin a hostalara, e as infraestruturas fsicas estn sendo gobernadas polo software e os algoritmos”. Neste contexto, o sector TIC est sometido a unha tensin de demanda de produtos e traballadores “enorme e global”. Como consecuencia, explicaba Rodrguez del Corral, neste sector non existe desemprego, polo que dende o punto de vista do empregado, este “é o mellor momento para ser profesional das TIC, xa que podes elixir para que empresa traballar, o proxecto que queres facer ou a tecnoloxa na que queres formarte”. De feito, segundo a enquisa de emprego anual que realiza o clúster, hai entre 800 e 1000 vacantes en Galicia no sector. Pola contra, o principal problema ao que se enfrontan os empresarios son as escasas marxes, “anda traballando a tope, por iso é imprescindible buscar algo que diferencia a túa empresa e defenda a túa marxe e a túa produtividade”.

As persoas, detrs dos algoritmos

Na primeira parte da xornada interveu tamén o docente da EE de Telecomunicacin Javier Martnez Torres, que se centrou en contextualizar o mbito TIC e a enxeara artificial. Remarcou que os algoritmos “non deixan de ser sentencias lxicas que facemos todos, todos os das, para resolver un problema”. Pero puntualizou que detrs dos algoritmos hai, e sempre haber, persoas. “Os algoritmos estn programados por alguén; toman unhas decisins lxicas implementadas por alguén” e, se ben teen capacidade de aprendizaxe, fano en funcin “duns datos de adestramento que lle proporciona alguén”. Hai moita tecnoloxa detrs, recoeca, pero “o ordenador é absolutamente estúpido e s fai o que o ser humano lle manda”. Partindo desta base, Martnez Torres explicou que o impacto das TIC no mundo laboral chegou para quedarse e est xa consolidado, por exemplo, nos procesos de seleccin de persoal ou na anlise do desempeo profesional.

A segunda mesa redonda da xornada centrouse na presenza das TIC e a súa influencia nos distintos sectores produtivos, coa participacin de André Castelo, do clúster TIC Galicia; Alberto Vaquero, profesor do Departamento de Economa Aplicada e Ana Pouso, xefa da Unidade Especializada de Seguridade Social da Inspeccin Provincial de Traballo e Seguridade Social de Pontevedra. Xa pola tarde celebrarase unha terceira mesa de debate sobre o teletraballo e os novos modelos de organizacin, moderada por Emma Rodrguez. A sesin contar coas achegas de José Ángel Veiga, membro do comité de direccin do clúster TIC Galicia, representantes das organizacins sindicais e Vernica Martnez, directora xeral de Traballo do Ministerio de Traballo e Economa Social, que ser tamén a encargada de clausurar as xornadas.