Nun ciclo sobre cine que se celebra este luns e martes no centro
Relacins Internacionais pon o foco na violencia sexual contra nenas e mulleres
A actividade conta con conferencias e obradoiros
A Facultade de Relacins Internacionais do campus de Ourense celebra este luns e martes o I Ciclo de cine. A igualdade no foco. A violencia contra nenas e mulleres. A cita, organizada co apoio da Unidade de Igualdade da 鶹, conta con conferencias e obradoiros arredor desta problemtica e nas que se fala de diferentes producins audiovisuais. O seu obxectivo é contribur a “visibilizar e promover a reflexin critica e o debate sobre as formas nas que os dereitos das mulleres son conculcados, poendo o foco nas violencias sexuais contra nenas e mulleres”.
“A violencia contra as nenas e mulleres representa un grave problema que se est agravando coa introducin das novas tecnoloxas”, sinalan desde a organizacin da actividade. Neste contexto, engaden, o cine constitúe unha ferramenta útil para abordar esta problemtica e traballar na súa prevencin e concienciacin. A actividade foi inaugurada por Laura Carballo, decana da Facultade de Relacins Internacionais; Yolanda Rodrguez, directora da Unidade de Igualdade da 鶹, e Mara Lameiras, enlace de Igualdade da Facultade de Relacins Internacionais e organizadora das xornadas. Nas súas intervencins destacaron a importancia de pr o foco na grave e delicada problemtica da violencia, moi especialmente a violencia sexual, contra nenas e mulleres, de visibilizala e analizala e de concienciar e formar ao alumnado universitario neste eido para contrubur súa prevencin e erradicacin.
A sesin arrancou cunha conferencia titulada O eloxio do baleiro, do cineasta Simone Saibene e na que se falou de pelculas como Anora (do director Sean Baker, do ano 2024). Xa pola tarde ter lugar o obradoiro Violencia sexual facilitada pola tecnoloxa: acoso e abuso sexual baseado en imaxes. Nel traballarase cos vdeos divulgativos Acoso e abuso sexual facilitado polas tecnoloxas, unha producin con idea orixinal e contidos de Mara Lameiras e Yolanda Rodrguez e imaxe, animacin e son de Marta Delas. Ademais intervir a investigadora da 鶹 Laura Sampedro.
O martes a programacin contar cunha conferencia sobre violencia sexual e de xénero e o cine como linguaxe, a cargo de Auxiliadora Daz, maxistrada, experta en violencia contra as mulleres e membro do Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero do Consello Xeral do Poder Xudicial. Na actividade participa tanto alumnado da Facultades de Relacins Internacionais como da Facultade de Educacin e Traballo Social.
