Nunha conferencia das profesoras da 鶹 Almudena Otero e Marta Estévez
Relacins Internacionais afonda nas orixes do 8M a través das figuras de Clara Zetkin e Rosa Luxemburg
Alumnado do centro tamén realizou unha intervencin reivindicativa
A Facultade de Relacins Internacionais do campus de Ourense e o seu alumnado sumronse este luns aos actos organizados estes das co gallo do 8M, Da Internacional da Muller. As, o centro celebrou a conferencia Unha ollada s orixes do 8M: Clara Zetkin e Rosa Luxemburg, ofrecida por Almudena Otero e Marta Estévez, da Área de Filoloxa Alem da 鶹.
Antes da celebracin do acto, que estivo organizado pola enlace de Igualdade da Facultade de Relacins Internacionais, a catedrtica Mara Lameiras, na entrada do edificio Xurdico-Empresarial, alumnado desta facultade realizou ademais unha intervencin reivindicativa sobre a igualdade. Nela, entre outras accins, a alumna Ainhoa Garca tocou ao violonchelo fragmentos de cancins destacadas no eido feminista, concretamente La puerta violeta, de Rozalén; I will survive, de Gloria Gaynor, e Flowers, de Miley Cyrus.
Igualmente, a súa compaeira Carme Tomé leu un manifesto co que “desde a Facultade de Relacins Internacionais queremos unirnos ao esforzo colectivo en favor da igualdade efectiva e real para todas as nenas e mulleres do mundo. Hoxe e sempre”. No manifesto destacouse que “a desigualdade entre homes e mulleres é o maior desafo do noso tempo, nun momento no que afrontamos ameazas que criamos superadas e ataques desde novas frontes. Superalos é o maior reto que enfrontamos xa que o futuro común a nivel global depende da igualdade, depende do empoderamento de todas as nenas e mulleres”.
Facendo memoria
Tras a intervencin, a actividade continuou coa conferencia de Almudena Otero e Marta Estévez, que son tamén profesoras na Facultade de Relacins Internacionais. Sobre as figuras elixidas para a conferencia, destacaron que “Clara Zetkin e Rosa Luxemburg foron dúas das figuras mis sobranceiras do movemento obreiro alemn a principios do século XX. As dúas foron, ademais, amigas e autoras dun abondoso intercambio epistolar”.
Sobre Clara Zetkin, comentaron que “estivo moi implicada no movemento das mulleres“. As, detallaron, loitou pola igualdade de dereitos e o sufraxio feminino e entre 1891 e 1917 editou o xornal Die Gleichheit (A Igualdade), no que tamén colaborou Rosa Luxemburg. “Foi ela quen en 1910 presentou na Conferencia Internacional das Mulleres a proposta de establecer un Da da Muller Traballadora, que en marzo do ano seguinte comezou a celebrarse en Alemaa, Suza, Austria e Dinamarca”, afirmaron.
Pola súa banda, Rosa Luxemburg, militante como Clara Zetkin do Partido Socialista de Alemaa, foi autora dunha extensa obra terica no mbito do marxismo. Nada en Polonia, sinalaron as relatoras, opúxose a que os deputados do Partido Socialista votaran no parlamento alemn a favor dos créditos para financiar a Primeira Guerra Mundial. Formou parte xunto con outros militantes crticos (entre os que se atopaba tamén Clara Zetkin) do chamado Grupo Espartaquista, que mis tarde constituira o Partido Comunista de Alemaa. “A súa postura pacifista fixo que tivese que cumprir longas penas de prisin durante a guerra. Foi asasinada en Berln durante o chamado levantamento espartaquista, en xaneiro de 1919”, apuntaron as profesoras da 鶹.
