DUVI

Diario da 鶹

A Sala X acolle a exposicin ‘Mondo Trasho’, da egresada de Belas Artes Sabrina Fernndez

Unha reflexin sobre a piratera e o acceso a cultura conecta Lima, Xenebra e Pontevedra

A exposicin, inaugurada este venres, poder visitarse ata o 28 de marzo

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • Arte
  • Cultura
  • Cultura
Eduardo Muiz DUVI Pontevedra 01/03/2019

A compra por parte da artista e exalumna da Facultade de Belas Artes Sabrina Fernndez do arquivo de Mondo Trasho, un posto de venda especializado en cinema independente e de serie B emprazado no centro comercial Polvos Azules de Lima constitúe o xerme da exposicin que desde este venres pode visitarse na Sala X. Unha exposicin na que esta artista residente en Xenebra propn unha reflexin sobre o orixinal e a copia e sobre as canles de acceso aos materiais culturais. Non en van, os mis de 5000 filmes que integraban o catlogo da tenda que d nome a esta exposicin eran copias piratas, que décadas atrs serviron, explica a artista, para “ter acceso a un material de autor moi rebuscado”, un material que “os cambios tecnolxicos e a globalizacin converteron nalgo obsoleto, en lixo”, pero que por outra banda “poder ter coa súa materialidade un valor expositivo”, como o que lle confire nesta exposicin.

Ata o 28 de marzo poder visitarse na Sala X Mondo Trasho, unha mostra que contou co financiamento do municipio de Xenebra e que é a primeira exposicin individual en Galicia dunha artista que nos últimos anos exhibiu os seus traballosen Salzburgo, Bremen, Londres ou Madrid. “Este tipo de exposicins enmrcase na intencin de visibilizar a traxectoria de ex-alumnos en distintas vas da creacin contempornea”, salientaa decana de Belas Artes e coordinadora da Sala X, Silvia Garca, quen destaca a traxectoria de Fernndez Casas na “edicin alternativa de libros de artista”.

Dun centro comercial peruano Sala X

Tras visitar Polvos Azules en 2016 e coecer ao anterior propietario de Mondo Trasho, quen defenda “a ilegalidade como única forma de acceso ao coecemento”, Fernndez atopouse na rede co anuncio de que o último responsable deste posto pua a venda o seu catlogo de cine, “que xa non lle xeraba o suficiente para vivir”, e decidiu mercalo. As conversas que mantivo co propietario nese proceso previo, xunto ao vdeo que este lle enviou amosndolle este arquivo de filmes piratas exhbense de feito na parte dianteira da Sala X, que no seu espazo central reflexiona sobre as ideas de copia e orixinal a través dunha serie de pezas que fan uso desta coleccin como un material fsico. “Esta exposicin realmente fala da accesibilidade e a innaccesibilidade”, apunta a artista, quen explica que se ben o seu traballo “parte dunha experiencia persoal”, este toca tamén “temas universais”, como a idea da “copia orixinal ou o orixinal copia”. Con esa idea, presenta en Mondo Trashocomo as que reunan os materiais das tendas, co propsito de espertar dúbidas respecto de “se ser realmente o arquivo de Mondo Trasho o que est nestas bolsas”, tendo en conta ademais que se trata duns materiais que “non poden pasar fronteiras”, levando deste xeito pregunta, sinala, de “se realmente eu estou propoendo unha versin pirata dese material?”.

“Interesbame transformalo minimamente, cambiar a súa forma para que de repente se volva legal e poida desprazarse”, engade Fernndez que, na parte central da sala, presenta 12 dos 54 libros nos que agrupou, nunha segunda viaxe a Lima, as diferentes portadas que completaban o catlogo de Mondo Trasho, nalgúns casos mesmo asinadas polos propios cineastas. “Era un posto moi coecido na década de 1990, que tia acceso unha calidade de piratera moi elevadae do que se dica que os propios cineastas lles interesaba deixar as súas pelculas para que circulasen no pas”, explica Fernndez, quen nese senso explica como a exposicin promover unha reflexin “desde a condicin de usuaria” destes produtos culturais. “Son unha artista que traballa coa apropiacin, sempre é dedicado traballar con material alleo pero eu concibo o material cultural dispoible como un espazo de expresin tamén”, apunta esta artista quen completa a exposicin cunha serie de pezas que, reproducindo a estética dos subttulos dun filme, combinan por unha banda fotografas súas de Polvos Azules con frases do primeiro propietario de Mondo Trasho, para logo trasladar tamén a súa propia reflexin sobre copia e orixinal e sobre uns materiais que “poden ter coa súa materialidade un valor expositivo e cos seus contidos un valor cultural”.

Retorno facultade

Asentada en Xenebra, Sabrina Fernndez fundou en 2015 xunto ao artista arxentino Patricio Gil Flood a editorial e colectivo , que este martes centrou o coloquio que a artista mantivo na Sala X co alumnado de Belas Artes, centrado no seu traballo como creadoras de libros artista, traballos que forman parte a da de hoxe de coleccins como as da The Library of Printed Web e a MoMA Library de Nova Iork ou a da Tate Library de Londres. “Facame moita ilusin volver aqu, ver a xente que hai moito tempo que non va e compartir experiencias”, salienta esta ex-alumna, que exerceu tamén como profesora convidada na Universidade de Arte e Deseo Head de Xenebra.