DUVI

Diario da 鶹

Nun informe presentado este luns na Facultade de Direccin e Xestin Pública

A Rede Localis define os dez retos que debern afrontar os concellos nos prximos catro anos

Entre eles, a loita contra o despoboamento e a necesidade dunha reforma fiscal

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Pontevedra
  • پܱ
  • Աپ
  • Աپ
DUVI Pontevedra 20/11/2023

Tras eleccins municipais de maio, as entidades locais inician unha nova etapa de catro anos nas que as e os seus responsables debern “afrontar os retos que derivan do momento de evolucin e transformacin que vive non s a administracin pública, senn a sociedade no seu conxunto”, como sinalan desde a , coordinada polo grupo GEN (Governance and Economics Research Network) da 鶹. Co obxectivo de que poida servir como “folla de ruta” para as administracins locais, os codirectores desta rede, Alberto Vaquero e Concepcin Campos, presentaron este luns na Facultade de Direccin e Xestin Pública o seu informe , nun acto no que estiveron acompaados polo decano, Enrique Varela. Neste documento establecen un declogo de medidas e mbitos de actuacin, entre as que figuran a necesidade de acometer “unha verdadeira reforma fiscal a nivel local”, a loita contra o despoboamento ou unha "decidida aposta pola transicin ecolxica”.

Trtase, como lembraron nesta presentacin, do terceiro informe elaborado pla rede tras unhas eleccins municipais, no que se recollen un conxunto de retos “en gran medida coincidentes, cos xa identificados" en estudos previos, o que amosa que se trata de “actuacins de carcter estrutural inherentes propia natureza do mundo local”, como recolle o documento.

Da reforma fiscal un “novo modelo de gobernanza”

Neste declogo, destaca a necesidade dun “cambio na fiscalidade municipal”, no que se exploren vas como “gravar a renda individual e a actividade econmica”, alén que esta siga pivotando sobre os bens inmobles. Neste punto, o documento recolle propostas como  “unha maior participacin dos concellos na actualizacin dos valores catastrais”, no referido ao imposto sobre bens inmobles (IBI), un “novo deseo” do imposto sobre actividades econmicas (IAE), ou converter nun “imposto verde” o que grava os vehculos de traccin mecnica (IVTM). Tamén no referido ao mbito fiscal, outro dos puntos do informe incide no papel que poden xogar as administracins locais no fomento do emprendemento, lembrando unha serie de medidas recollidas nun protocolo asinado en 2017 pola Xunta de Galicia e a Federacin Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), como bonificacins de ata o 95% en impostos como o IBI ou IAE.

Outro dos puntos pon o foco na necesidade de solucins para o problema do despoboamento que, lembran, “xa non s afecta aos municipios rurais, senn que se estende a vilas e pequenas cidades”. Neste mbito sinalan que é imprescindible “a cooperacin municipal” e o impulso de “servizos compartidos e actividades conxuntas”. No declogo figuran as mesmo a adaptacin do mundo local aos avances tecnolxicos, garantindo que a “transformacin dixital non supoa unha maior fenda para a cidadana” ; a profesionalizacin da xestin pública; o cumprimento da Axenda 2030 dende o mbito local e a unha “decidida aposta pola transicin ecolxica”, que as administracins locais poden “contribur significativamente”, tanto a través da contratacin pública, como do “redeseo do territorio e a mobilidade”.

Por último, o documento fai énfase na necesidade de definir o papel das deputacin provinciais, mellorar o funcionamento das mancomunidades e dispor “dun novo modelo de gobernanza local”, pondo o foco na "necesidade de incrementar o tamao da planta local”, a través de medidas como a fusin dos concellos, ou o desenvolvemento de entidades supramunicipais.