DUVI

Diario da 鶹

O investigador Fernando Ramallo localizouna en Salamanca e promoveu a súa restauracin 

Recuperada, logo de mis de medio século de esquecemento, a novela inédita de Méndez Ferrn 'Os corvos, a figueira e a fouce de ouro' 

Por esta obra o autor foi encarcerado en 1969, acusado dun delito de propaganda ilegal

Etiquetas
  • Entidades Colaboradoras
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Vigo
  • Cultura
  • Lingua Galega
  • Investigar
Mª del Carmen Echevarra DUVI 22/04/2020

Tres libros de Mao-Tse-Tung; dúas revistas sobre Cuba; un libro sobre Hô-Chi- Minh; o poemario Os nenos do Vietnam de Farruco, pero sobre todo tres  exemplares da súa novela inédita de corenta e unha pxinas e asinada co seudnimo de Lan Feixo, Os corvos, a figueira e a fouce de ouro, custronlle a Xosé Luis Méndez Ferrn ser detido, xulgado e encarcerado, durante case dous anos, por un suposto delito de propaganda ilegal. Corra o ano 1969 nunha Espaa na que se decretara o estado de excepcin, e anda que o autor, na súa primeira declaracin no mes de xaneiro na comisara de Vigo, no proceso iniciado polo Tribunal de Orden Público, manifestou que se trataba dunha ficcin alegrica, baseada en feitos reais, e que nunca pensara en publicar, a sentenza, que inclúe un detallado repertorio de fragmentos tirados da novela, condenou ao escritor por un delito de propaganda ilegal. Cumpridas as penas de prisin s que Ferrn foi condenado, primeiro no centro penitenciario de dilixencias de Vigo e posteriormente na colonia penitenciaria de El Dueso en Santoa, os tres exemplares, as como a traducin encargada a Francisco Fernndez del Riego polo xuz instrutor do Tribunal de Orden Público, de Os corvos, a figueira e a fouce de ouro, caeron no esquecemento.

Transcorreron, dende entn, mis de 50 anos, ata que o docente e investigador da Universidade Vigo Fernando Ramallo, logo dunha conversa co propio Méndez Ferrn en marzo de 2018, inicia un proceso que culmina a finais de 2019 coa localizacin, primeiro, e a restauracin, posteriormente, da obra inédita do escritor ourensn. “Pasados mis de cincuenta anos, a novela que serviu como proba para a acusacin e que levou a Xosé Luis Méndez Ferrn a prisin permanece inédita e durante todo ese tempo, formou parte da documentacin relacionada co caso nos fondos do que actualmente se coece como Centro Documental da Memoria Histrica,  dependente da 𳦰ٲ de Estado de Cultura con sede en Salamanca”, detalla Ramallo, que a finais de 2018 recibiu a confirmacin de que a novela fora localizada. Non obstante, as noticias non eran de todo boas: co paso dos anos, a obra quedara convertida nun bloque compacto por efecto da humidade, o que tamén derivara na presenza de microorganismos diversos como fungos ou insectos, razns polas que o equipo de restauracin do Archivo Provincial de Salamanca desaconsellaba por completo a súa manipulacin.

Restauracin e unha estabilizacin posible por unha “extraordinaria casualidade”

Dedicada a “O Piloto, derradeiro guerrilleiro e Galicia, abatido a tiros en Belesar (Lugo) no ano 1954. Na memoria de Foucellas, Ponte, Raul, Bailarn, Curuxs e tdolos xefes guerrilleiros que defenderon o honor, a liberdade, a democracia da NACIÓN GALEGA e morreron”, da novela Os corvos, a figueira e a fouce de ouro unicamente transcenderan ata entn os fragmentos recollidos na sentenza contra Ferrn e nos que se suceden as referencias explcitas ao antifascismo, democracia, revolucin, aos maquis galegos asasinados, Falanxe, ao republicanismo, relixin ou ao nacionalismo galego.  Unha vez localizada en Salamanca  e confirmado o deterioro que sufran as copias e a traducin da obra, o seguinte paso estaba claro.

“Informusenos de que o proceso de restauracin tera que ser tramitado perante o Arquivo Histrico Nacional, e que, de aceptarse supora un logo perodo de tempo. A nosa resposta foi insistir na opcin de restaurar o manuscrito mis al da demora temporal que iso puidese carrexar e para achegar mis consistencia solicitude, informamos da relevancia da obra literaria de Xosé Luis Méndez Ferrn, cunha explcita referencia a súa candidatura ao Premio Nobel de Literatura en numerosas convocatorias”, detalla, o tamén director da Área de Normalizacin Lingüstica da 鶹, Fernando Ramallo. Tras a confirmacin, en xuo de 2018, de que a obra fora finalmente enviada ao Laboratorio de Restauracin del Archivo Histrico Nacional, o proceso de recuperacin dilatouse ata mediados de setembro de 2019, e dous meses despois “recibimos as imaxes dixitais solicitadas, includa a totalidade das relacionadas coas dúas copias da novela e unha copia da traducin, o que nos permitiu o labor de estabilizacin do manuscrito, isto é a súa edicin”, explica Ramallo.

O “rigor e exhaustividade” do traballo de restauracin do Archivo Histrico Nacional, non puido, non obstante, impedir que partes das dúas copias da novela fosen irrecuperables. A pesar desta circunstancia, “decatmonos dunha extraordinaria casualidade, sen a cal, o noso traballo de estabilizacin tera sido moito mis feble. Os dous exemplares estaban danados en partes prximas, especialmente na metade superior de cada unha das follas, mais en lugares diferentes. Esta ‘complementariedade’ dos fragmentos irrecuperables permitiunos unha edicin sobre a que apenas tivemos que deixar partes en branco, por seren ilexibles nos dous textos”, detalla Ramallo. Pero por se esta “complementariedade” das copias non fose “un feito extraordinario en si mesmo” asegura o docente e investigador, na meirande parte dos fragmentos nos que era imposible a recuperacin a partir dos manuscritos, puido recorrerse traducin de Del Riego, que apenas se viu afectada polos microorganismos, que si danaran as follas nas que Méndez Ferrn mecanografara a súa novela.

Con apenas unha poucas palabras que non foi posible clarexar, a novela transcribiuse completamente, acordndose ademais co autor facer unha transcricin literal, respectando integramente os fragmentos perfectamente lexibles nos manuscritos, estivesen ou non de acordo coa normativa actual e marcando con cores diversas as partes construdas, includas as tomadas da traducin. 

“Animamos ao seu autor que a faga pública”

Rematado este traballo, do que Fernando Ramallo d conta exhaustivamente no artigo De arquivos, memoria e literatura poltica: a recuperacin da novela Os corvos, a figueira e a fouce de ouro de Xosé Luis Méndez Ferrn, que se publicar en A Trabe de Ouro, o investigador anima ao seu autor a que faga pública a novela. “Na nosa opinin, o texto, alén do seu innegbel valor literario, ten un valor histrico de primeira magnitude, polo que animamos ao seu autor a que a faga pública. Confiamos que as sexa, porque a súa publicacin ser o punto final da restauracin e, asemade, Galicia quedar agradecida”, asegura Ramallo. 

O docente tamén agradece e recoece o traballo desenvolvido polos arquivos, “polo seu labor central na preservacin, coidado e mantemento de todo tipo de documentacin”, e para os que pide que non se escatimen esforzos públicos no seu fortalecemento.