DUVI

Diario da 鶹

Esther F. Carrodeguas pechou este martes o Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil

A recomendacin dun libro, o mellor dos agasallos

A contacontos e actriz reflexionou co alumnado sobre a importancia da lectura

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Ourense
  • Cultura
  • Lingua Galega
  • é
Rosa Tedn DUVI Ourense 30/10/2018

Despois de contar coa participacin de Ledicia Costas, Mara Lado, Yolanda Castao e Carlos Negro, este martes a cuarta edicin do Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil chegou ao seu remate. A contacontos e actriz Esther F. Carrodeguas foi a encargada de pr o broche a esta edicin facendo reflexionar ao alumnado da Facultade de Ciencias da Educacin presente sobre como a lectura pode mudar s persoas e como o mellor dos agasallos a outra persoa pode ser a recomendacin dun libro.

O Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil, coordinado pola profesora Isabel Mocio coa colaboracin da Facultade de Ciencias da Educacin do campus, da Asociacin de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e a Xunta de Galicia, tivo como obxectivo enriquecer a formacin das e dos docentes e futuros docentes, especialmente estudantes de Educacin Infantil e Primaria, fomentando neles a paixn pola lectura. Para acadalo, a programacin contou con cinco conferencias ao longo de cada martes do mes de outubro. Como valoracin desta edicin, a súa responsable sinalou como “foi unha oportunidade excelente para aprendermos moito, achegarnos mis temtica tratada e poer en valor as potencialidades da lectura e o seu papel no fomento de sociedades mis equitativas. As convidadas e o convidado fixeron achegas moi ricas e diversas”.

Cambiar coas palabras

Para a última das sesin, comentou Isabel Mocio, escolleuse a Esther F. Carrodeguas, “unha artista polifacética moi moi interesante e cunha ampla formacin.Ten unha obra moi orixinal, na que prima o hibridismo e a busca de sobrepasar calquera fronteira entre xéneros”. O ttulo elixido pola contacontos e actriz para a súa intervencin foi Cambiar coas palabras e o seu obxectivo último foi contribur a espertar a paixn pola lectura entre as e os asistentes, tendo en conta os retos do ciclo no que se enmarcou a súa intervencin.

A relatora desenvolveu co alumnado presente “un obradoiro no que traballamos os libros que nos fascinaron ao longo da vida” empregando diferentes técnicas e xogos tanto da poesa oral como especialmente do teatro. Ao longo da sesin quixo, afirmou, facer ver s e aos participantes como “os libro cmbiannos e constrúennos”, levando a cada participante a reflexionar sobre eses libros que a ou o impactaron ao longo da súa vida. Tendo en conta este “poder” dos libros, Esther F. Carrodeguas salientou como “a recomendacin dun libro que nos marcou pode ser o mellor dos agasallos para outra persoa”. Ao longo da súa intervencin na Facultade de Ciencias da Educacin, esta “apaixonada da lectura desde pequena” tamén recalcou como “o que nos interesa nos fai interesantes como persoas” e como as lecturas importantes para unha persoa poden ser nexo de unin con outras.

Tres recomendacins de Esther F. Carrodeguas

No marco da sesin, Esther F. Carrodeguas explicou s e aos asistentes tres libros diversos que tiveron impacto nela. O primeiro deles foi Esa beleza, un libro de John Berger e do fotgrafo Marc Trivier sobre o escultor Alberto Giacometti. “Este libro fala moito dos meus intereses e do que eu intento facer”, comentou a artista. O segundo dos libros escollidos por Carrodeguas foi No enxame, de Byung-Chul Han, que est a ler actualmente e no que o filsofo “reflexiona sobre a contemporaneidade” e cuestins como a hipervixilacin da sociedade ou o uso das redes de comunicacin. “Este libro fala de cousas moi interesantes do presente”, sinalou. Se as dúas primeiras lecturas eran de “autores internacionais e homes”, o último dos tres libros que a relatora quixo compartir co público asistente foi “dunha muller e galega”. Trtase do ensaio de Teresa Moure Politicamente incorrecta “porque aborda moitos puntos de vista sobre temas de actualidade e faite pensar neles e posicionarte”.