DUVI

Diario da 鶹

Créase un equipo co apoio da Asociacin Universitaria de Ciencias da Educacin

O ‘quidditch’ de Harry Potter xa se pode practicar no campus

Est aberto participacin das persoas interesadas

Etiquetas
  • Estudantes
  • Medios
  • PAS
  • PDI
  • Público externo
  • Ourense
  • Asociacins de Estudantes
  • Deportes
  • Estudantes
DUVI Ourense 03/10/2019

O quidditch, xogo ou deporte inspirado nas novelas de Harry Potter, xa se pode practicar na cidade de Ourense. Co apoio da Asociacin Universitaria de Ciencias da Educacin (AUCE), creouse recentemente un equipo que todos os xoves, s 17.00 horas, se reúne no pavilln de estudantes do campus de Ourense. Desde a entidade animan s persoas interesadas a achegarse a coecer esta iniciativa e a unirse ao equipo, que ten como obxectivo participar na liga galega de quidditch, formada na actualidade por cinco equipos.

Este deporte ou xogo inventado como adaptacin do que se reflicte nas novelas de J. K. Rowling, explican desde AUCE, xgase nun terreo con forma elptica e cada un dos campos est dotado de tres aros situados a distinto nivel de altura. Para o xogo, detallan, utilzanse tres tipos de bolas distintas: unha quaffle, dúas bludger e unha snitch dourada. O xogo enfronta a dous equipos (obrigatoriamente mixto) de sete xogadores e xogadoras cada un, distribudos de acordo co seu obxectivo: un gardin, dous golpeadores, tres cazadores e un buscador. “O gardin é o gardameta que se encarga de evitar que o equipo contrario introduza a quaffle nos aros do seu respectivo equipo. Os golpeadores son os encargados de repeler as bludgers para protexer ao seu equipo delas. Os cazadores son os encargados de procurar introducir a quaffle a través dos aros contrarios”, indican. Para rematar, o buscador ou buscadora é o encargado de estar atento durante todo o xogo para poder atrapar a snitch antes que o equipo contrario. Ao atrapar a snitch o xogo finaliza. O equipo que a atrapa suma 150 puntos pero anda que un equipo atrape a snitch, gaa o que acumule mis puntos. Para coecer mis caractersticas deste xogo e sobre todo para divertirse practicndoo, desde AUCE animan a achegarse a algunha das súas sesins semanais.